Caídas de árbores na estrada e treboadas de sarabia provocan incidentes en Galicia

As catro provincias galegas víronse afectadas este sábado pola caída de árbores nas estradas e unha treboada de sarabia que afectou ao Túnel de Pedrafita (Lugo), o que causou incidentes sen ter que lamentar ningún dano persoal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2019 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O 112 de Galicia tamén rexistrou tres inundacións en vivendas, dúas en baixos comerciais e outras en rúas e diversos viarios. Debido á granizada das 17,00 horas, varios turismos refuxiáronse no interior do Túnel de Pedrafita (Lugo), o que activou a megafonía para que os coches despexasen a zona e continuasen a marcha.

Tamén en Allariz (Ourense), a un coche que ía circulando caeulle encima un pedazo de formigón da galería dunha vivenda sen que ninguén resultase ferido. Por provincias, a de Ourense foi a que máis se deixou notar con 19 incidentes, seguida da de Lugo (16), A Coruña (tres) e outro tres para a provincia de Pontevedra.

En canto aos concellos máis afectados, o 112 Galicia destacou na provincia de Ourense a súa capital con oito incidentes, Manzaneda con tres e Barbadás con dous. Na provincia de Lugo, Monforte de Lemos, Chantada e Quiroga foron os municipios que sufriron danos.

Pola súa banda, na Coruña, os concellos de Cabana de Bergantiños, Carral e O Pino víronse prexudicados por un suceso. Por último, Vilagarcía de Arousa, A Estrada e Lalín son as localidades afectadas da provincia pontevedresa.

Todo isto nun sábado no que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa por treboadas nas provincias de Lugo (Montaña e Sur) e Ourense (Sur, Montaña e Valdeorras) e un aviso amarelo noutras zonas de Galicia.

Tormenta de saraiba en Boborás (Ourense)
Tormenta de saraiba en Boborás (Ourense)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta