As autonomías non son culpables

Nas diversas tertulias políticas, con suma frecuencia, aproveitando o argumento da crise económica actual, aparecen voces que, ao falar de recortes en servizos públicos dunha forma aberta, culpán do endebedamento do Estado ás comunidades autónomas.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 15/03/2012

Comparte esta noticia

Xeralmente son os que añoran o Estado centralizado do franquismo e que, guiados polos impulsos e lembranzas do pasado, non se percatan de  que, o proceso autonómico en España, foi sumamente positivo,  pois  modernizou un país anclado nunhas estructruras territoriais   obsoletas e que había que actualizar conforme aos tempos. Se ven é verdade que, aínda quedan pendentes reformas estructurais  importantes por facer. 

 A crítica política baseada no  cabreo do momento, pode  levar a ver, a traverso do cristal, como dicía Valle Inclán en Luces de Bohemia, unha realidade social, territorial e política un tanto deformada e polo tanto errada. Pois, si ben o proceso autonómico naceu para solucionar  as reivindicacións de tres nacionalidades históricas que tiñan aprobado un estatuto na segunda república a saber: Euskadi, Catalunya e Galicia, foi  coa ampliación do proceso autonómico a todo o conxunto, algo así como  café para todos, un reparto para calmar a unha  dereita española que  sempre foi contraria ao recoñecemento político das tres comunidades cunhas características e reivindicacións propias dentro  do  territorio español. 

Mais, como a día de hoxe soio se busca onde poder reducir os gastos,  seguindo os ditados da Sr. Merquel, sería necesario ver se cumplen a función certas institucións públicas que aínda están vixentes. Pensemos en moitos ministerios sin case competencias.  Ademais está o tema  das Deputacións Provinciais deseñadas coas provincias no reinado de Isabél II  e que  hoxe son totalmente innecesarias pois duplícanse coa labor das consellerías. Estes    gobernos baseados nunhas estructuras territoriais hoxe superadas, son pequenos parlamentos onde os caciques se reparten as prebendas e favores que  sirven para manter un poder provincial  endogámico e clientelar. Exemplos moi cercanos temos na nosa terra. Pero, seguindo a estela do aforro nas administracións, cabería preguntarse se concellos de menos de 3.000 habitantes deben de seguir existindo ou, se pola contra, se deben incentivar fusións  entre os mesmos, para crear administración máis operativas e económiamente máis eficaces.  E que dicir do Senado, cámara  de segunda lectura, inútil onde as houbera. Cuestión  denunciada por persoas  que formaron parte dela.
 
É posible que haxa que racionalizar o gasto en moitas administración públicas, incluso en comunidades autónomas; é posible que moitas comunidades deban sopesar se aceptan competencias que son moi complexas  e caras para xestionar. É posible e verdadeiro que hai comunidades, gobernadas pola dereita, que  dilapidaron cartos en obras faraónicas, algunhas inútiles. Lembremos circuítos de portivos, aeroportos e mil barbaridades.  Pero, a día de hoxe, culpar ás comunidades da débeda do Estado é unha inxustiza. Pois as comunidades adminsitran as compentencias que lle son propias e que foron cedidas polo mesmo Estado central, sin que iste eliminara as duplicidades administrativas que mantén de adorno. Ademais, pensando na nos aterra,  alguén será tan osado como para afirmar que a autonomía non mellorou o nivel de vida dos galegos dende a súa posta en funcionamento?  A caso non nos lembramos  do Estado Central e de como  estaba esta terra nos anos sesenta e setenta?
 
Agora que nos países europeos se crean entidades que superan as tradicionais provincias; agora que cedemos soberanía en grandes temas a Europa, alguén esta creando un estado de opinión para culpar ás autonomías do déficit con intencións propias da extrema dereita. Pero achegar o poder aos cidadáns, fomentar o autogoberno  acaso non é progreso? Penso que sí.
 
Moito coidado cos cantos de serea que, co tema do aforro, ocultan outros obxectivos  e ideolóxias que somentes pretenden que desaparezamos como entidades con persoalidade propia; que  desapareza a nosa cultura e o noso idioma para xustificar, logo mediante argumentos bácuos e mentireiros, desfacer o  noso autogoberno. E crear  así  un  solar ibérico onde   todo sexa uniforme e gris como o foi durante a ditadura.

Comparte esta noticia
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com