Boicot a Carod-Rovira pola súa postura pro-israelí

BDS-Galiza realizará unha protesta diante do Centro Social A Esmorga de Ourense.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/03/2012 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O ex líder de ERC estará na cidade das Burgas este xoves para falar sobre o proceso de construcción nacional de Catalunya. Sen embargo, o colectivo BDS-Galiza acudirá alí non para escoitalo, senon para amosar o seu rexeitamento ás posturas “pro-israelís” do dirixente independentista.

None

 

“BDS-Galiza desenvolve no nosso país a campanha global de Boicote, Desinvestimentos e Sançons a Israel e, como parte substancial do seu lavor, promove o boicote às actividades culturais em que participam persoas que defendem publicamente a ocupaçom de Palestina, justificam a violência que o estado sionista exerce contra o seu povo e se oponhem a qualquer iniciativa solidária que vise pôr fim ao processo de limpeza étnica iniciado polo exército sionista em 1948”, apunta este grupo.

 

Por eso, denuncian a postura de Carod-Rovira ao que acusan de “conspícuo valedor das políticas racistas de Israel” e solicitaron ao colectivo  A Esmorga que cancelara o convite a este dirixente.  Ao non producirse acudirán ao acto para amosar in situ ao seu rexeitamento o dirixente catalanista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

24 Xanti

Eu por unha banda si considero o sionismo un xeito de terrorismo de estado, pero por outra banda que Carod apoie o que el queira, faltaría mais.

1 Breogám

Se dis que o sionismo é "terrorismo de estado" suponho que também dirás que o galeguismo será "terrorismo em mal estado"... Enfim... viva a tolerância, isso sim.

23 galegoexiliado

Mañan de mañanciña, con vento fresco de Levante, argallaremos unha Frotiña Liberdade dende a presa de Velle hata a Chavasqueira, logo de tomar uns ribeiros iremos de manifa a apoiar a Jafed al Assad que está a ser masacrado polo imperialismo xudeojalegomasónico.

22 Antón

Alguén se pregunta polo actual estado-deriva da esquerda? O "nini" occidental está amplamente representado en determinada esquerda que prima valores apolíticos (par´reconómicos) como xenero, racismo, gais, demagoxicos (antimilitarismo abstracto) e puramente retóricos coma "dereitos humanos" "democracia" etc. liberando o capitalismo-imperialismo de calquer crítica estructural.

1 FumR

Mimadrinha, tremendo exemplo de fascismo "de esquerdas" que nos acabas de dar Antón.

2 Falso

Tí sí que estás á deriva. O que leva aportado algo á esquerda é a loita de xénero, o ecoloxismo, o anti-racismo, etc; Todo iso é crítica e análise de causas estruturais, radicalidade e alternativa. Tras a pose fantoche hai burócratas corruptos e vividores do sistema capitalista. Tes un par de casos nos medios estes días. O teu sí que é relativismo, empezas con algo, e ó final todo depende de como se mire e para qué conveña (a un mesmo). Si te queres reafirmar pensando que tes a iluminación e que os máis somos hippies, new age, da caravana do orgullo gai, fans de ZP, etc..., que che dure, pero mintes e terxiversas (ou o que é pior, creste o que dís)

3 Antón

si colegha, pero non pode quedarse só en eso, nunha postura pixo progre. A esquerda ten que ie mais ala, ten que denunciar e loitar contra o imperialismo-sionista capitalista de Wall-Street, e o seu brazo armado, o estado de Israel. Ten que apoiar o dereito de todolos pobos a decidir seu futuro. Algúns se vós esquece, que o actual estado sionista practica o racismo, non só contra outros pobos árabes,m senon contra os seus mesmos cibdadans xúdeos de pel escura. Olla se os xúdeos de orixe etiope teñen os mesmos dereitos cos outros.

4 falso

Eu nin son filo-sionista, nin defendo a política do estado israelí, que é unha política terrorista. Tí mesmo estás a te contradicir, posto que fas fincapé no racismo de estado israelí, cando antes considerabas o anti-racismo como un "valor apolítico demagóxico". Non queiramos mesturar e confundir a pose progre tipo psoe con loitas de esquerda lexítimas, que ó fin e ó cabo son as que están a aportar claridade e alternativas.

5 Antón+

estás terxiversando outra vez. Eu non critico esas posturas, critico a que queden só en eso, nunha mera pose ou postura detrás de consignas cunha pancarta. De ren val que critiques o racismo, senon criticas a ideoloxia dominante que o xera. Poses cara a galeria que ignoran co imperialismo é a fase superior desa ideoloxia, e a que fai sobrevivir cando está a esmorecer,

21 Sionista Sempre

Tamén é curioso que se fale de "xenocidio dende 1948". 64 anos para eliminar a menos de 5 millóns de personas. Dende logo estes israelíes deberon aprender o curso de xenocidios de Paco Clavel...

1 Racionalista a horas

Contundente argumento. A população palestiniana cresce muito mais que a israelita. A taxa de mortandade é também menor entre ela. Nos mais de 60 anos de conflitos morreram da ordem de 40.000 palestinianos em lutas contra Israel, mas morreram mais de 41.000 em lutas com outros árabes. Para quando o boicote a Jordânia, Tunes ou o Líbano?

2 fewwf

Impecábel, racionalista. E dos progromos e matanzas de xudeus nativos de palestina durante a ocupación británica, a mans de palestinos musulmásn aliados dos nazis, tampouco din nada

20 Sionista Sempre

Por unha vez na vida que o mañico Rovira vai facer algo decente, teñen que ir os catro Restitutos Mendes de turno a rebentarlle o acto. Qué país! En fin, como non lles saia algo mellor que o día de Idan Rachel, téñena clara