Boicot a Carod-Rovira pola súa postura pro-israelí

BDS-Galiza realizará unha protesta diante do Centro Social A Esmorga de Ourense.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/03/2012 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O ex líder de ERC estará na cidade das Burgas este xoves para falar sobre o proceso de construcción nacional de Catalunya. Sen embargo, o colectivo BDS-Galiza acudirá alí non para escoitalo, senon para amosar o seu rexeitamento ás posturas “pro-israelís” do dirixente independentista.

None

 

“BDS-Galiza desenvolve no nosso país a campanha global de Boicote, Desinvestimentos e Sançons a Israel e, como parte substancial do seu lavor, promove o boicote às actividades culturais em que participam persoas que defendem publicamente a ocupaçom de Palestina, justificam a violência que o estado sionista exerce contra o seu povo e se oponhem a qualquer iniciativa solidária que vise pôr fim ao processo de limpeza étnica iniciado polo exército sionista em 1948”, apunta este grupo.

 

Por eso, denuncian a postura de Carod-Rovira ao que acusan de “conspícuo valedor das políticas racistas de Israel” e solicitaron ao colectivo  A Esmorga que cancelara o convite a este dirixente.  Ao non producirse acudirán ao acto para amosar in situ ao seu rexeitamento o dirixente catalanista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

9 Artus

Moi ben! hai que desenmascarar a toda esta pseudoesquerda imperialista-sionista, de invasións humanitarias a cargo da OTAN. Hai que decir non a un país racista, sionista de Wall-Street que se cree cun deber divino, o pobo elexido por deus para levar o mundo ó apocalipse final. Se os pixos pseudoesquerdistas coidan que Israel, un país inzado de bombas atómicas, que se cree no dereito a expandirse ocupando terras de outros pobos, ten dereito a sua razón de ser, que o leven a carón das suas casas.

1 Neo

Meno mal que non estamos na idade media. Sr. Quemada.

8 Shin Chan

Nota: o censor automático é un pouco p-a-r-v-o.

7 Shin Chan

Carod-Rovira debería poder explicar as súas posicións con tranquilidade e Israel debería ser trasladado a Baviera, porque foi a Alemaña de Hitler a responsable do holocausto e non os árabes de Palestina. Trasladaron alí a xudeus que non naceran alí, nen alí naceran os seus pais, nen os seus avós, nen os seus bisavós, para acabar expulsando á poboación árabe que estaba pacificamente na súa terra.

6 Breogám

5 Breogám

E quem som esses iluminados que prentendem impor a sua particularíssima opiniom acerca de um pressumível processo de Limpeza Étnica (!!) em Palestina desde 1948??? Por que nom boicotam os árabes polo processo de limpeza étnica que operarom contra os judeus desde 1948, umha guerra que eles mesmos começarom, ademais.