Boicot a Carod-Rovira pola súa postura pro-israelí

BDS-Galiza realizará unha protesta diante do Centro Social A Esmorga de Ourense.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/03/2012 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O ex líder de ERC estará na cidade das Burgas este xoves para falar sobre o proceso de construcción nacional de Catalunya. Sen embargo, o colectivo BDS-Galiza acudirá alí non para escoitalo, senon para amosar o seu rexeitamento ás posturas “pro-israelís” do dirixente independentista.

None

 

“BDS-Galiza desenvolve no nosso país a campanha global de Boicote, Desinvestimentos e Sançons a Israel e, como parte substancial do seu lavor, promove o boicote às actividades culturais em que participam persoas que defendem publicamente a ocupaçom de Palestina, justificam a violência que o estado sionista exerce contra o seu povo e se oponhem a qualquer iniciativa solidária que vise pôr fim ao processo de limpeza étnica iniciado polo exército sionista em 1948”, apunta este grupo.

 

Por eso, denuncian a postura de Carod-Rovira ao que acusan de “conspícuo valedor das políticas racistas de Israel” e solicitaron ao colectivo  A Esmorga que cancelara o convite a este dirixente.  Ao non producirse acudirán ao acto para amosar in situ ao seu rexeitamento o dirixente catalanista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

4 Neo

Chámanlle boicot a una dictadura. Queren impedir que Carod Rovira se exprese libremente, ainda que esté equivocado. Dictadura dos que son incacapaces de argumentar. Din que existe limpeza étnica, pero seran bárbaros! Se a poboación palestina medra cada ano. So teñen que consultar os datos. Tampouco fuxen ou emigran comoa nos. Israel é un exemplo de sociedade multirracial, un pobo ilustrado, un pobo que recupera a súa patria e soberanía. Un país disposto a dar terreo a cambio de paz para que os palestinos tamén teñan patria, cousa que non fan os paises 'irmáns' árabes. Israel ten dereito a existir en paz sin ameazas de exterminio.

3 Cansado

Reventar unha charla porque non che gusta ten un nome. Que esta xentiña, ainda por riba, vaia de defensores dos dereitos humanos, enganará a quen non os coñeza. A marxinalidade enxebre, intentando polas malas acadar a atención que non consegue polas bóas.

2 Nito

País...

1 alucinado

Pois resulta que nas mesmas xornadas - organizadas polo colectivo "A Esmorga" - fala X. Manuel Beiras o dia 30...Non sei ao final se decantará pola denuncia do xenocidio ao pobo palestino, ou se "templará gaitas" para non discrepar moito do que presuntamente vai falar o sr. Carod hoxe. En todo caso, aí temos ao Beiras en estado puro, pondo en prática o seu novo "proxecto común" onde, como se pode ver, se pode manter unha posición e a contraria; sen que ninguén rechiste....PAIS!!!!