O Instituto de Arte Contemporánea critica o recorte de prazas do Grao en Belas Artes para destinalas ao de Deseño

Considera que sería un "erro estratéxico fundamental".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/07/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O Instituto de Arte Contemporánea (IAC) advertiu de que sería un "erro estratéxico fundamental" reducir a oferta educativa e os recursos do Grao en Belas Artes que imparte a Universidade de Vigo (UVigo) en Pontevedra para destinalas á titulación de Deseño e Creación.

Facultade de Belas Artes en Pontevedra.
Facultade de Belas Artes en Pontevedra.

O IAC argumenta que a implantación da creación desta facultade no espazo da de Belas Artes levaría á "deterioración da oferta humana e material" da escola artística, que vería reducido o seu persoal e os seus espazos.

Nesta liña, defendeu que o Grao de Belas Artes se labrou unha "reputación" a nivel estatal e que non viu reducida a súa demanda nestes anos, dado que a súa "capacitación técnica" e as súas aptitudes se axustan a distintos contextos laborais.

Deste xeito, o IAC advertiu de que a descentralización da oferta artística non achegará calidade profesional e, ademais, restrinxirá "perspectivas e competencias".

En concreto, a semana pasada suspendeuse temporalmente a aprobación da creación da Facultade de Deseño e Creación ante a falta de consenso do claustro da universidade viguesa. Nese contexto, o reitor, Manuel Reigosa, advertira de que, se non se alcanzaba un acordo, continuaríase co inicio do expediente de cara á creación da facultade durante esta semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta