A rehabilitación da A-52 entre Zamora e Ourense causará restricións ao tráfico

Por E.P. | ZAMORA | 16/07/2019 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A rehabilitación do firme da A-52 no tramo entre Requejo (Zamora) e A Canda poderá causar restricións ao tráfico ao longo das próximas semanas, tal e como informou o Ministerio de Fomento a través dun comunicado.

Os traballos que levarán a cabo desde este martes suporán a rehabilitación do firme mediante fresado e reposición de bituminoso, principalmente no carril dereito en sentido Galicia.

Unha vez concluída esta actuación, procederase a repor a pintura das bandas de separación entre carrís, bordos laterais e marcas transversais. As obras efectuaranse por tramos, nos que se procederá ao corte dun ou os dous carrís da calzada. Ao comezo e ao final do tramo en obra instalaranse desvíos sinalizados cara á outra calzada, polo que os vehículos transitarán en dobre sentido da circulación.

Ademais, durante algunha das etapas, non se poderá acceder desde as ligazóns da A-52 a determinadas localidades. Nestes casos, indicaranse os itinerarios alternativos a través do corredor paralelo da estrada N-525.

Tramo da A-52.
Tramo da A-52.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta