As festas e verbenas populares: Como recuperar a vida do rural de Galicia no verán

“Cando che gusta onde vives e queres facer cousas pola túa vila, paga a pena ser da comisión de festas”. Así de rotundos se amosan os membros da Comisión de festas de Castroverde. Neste concello, a verbena estaba "de capa caída", pero un grupo de rapaces novos xuntáronse por segundo ano para "mellorar" a troula e a vila. De feito, a xeración dos máis vellos deu paso a unha xeración moza que quere conservar as tradicións que vellen de vello para que o rural siga vivindo, cando menos, no verán. Esta é a historia desa xente que loita e traballa de balde para manter vivas as festas dos pobos galegos.

Por Silvia López | Castroverde | 16/07/2019 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia