Técnicos de emerxencias sanitarias denuncian o incremento de agresións e responsabilizan a Xunta

Reclaman a necesidade de activar protocolos "claros e consensuados", avogan por que se considere a este colectivo como Autoridade Pública e instan a denunciar estas agresións.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 16/07/2019 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A Asociación Profesional de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia denunciou o incremento de agresións a este colectivo e apuntou que a Xunta podería ser responsable desta situación debido a que non puxo en marcha ningún mecanismo de "control" sobre elas.

Nun comunicado, asegurou que un técnico desta categoría foi agredido na porta do Hospital Povisa de Vigo o pasado 1 de xullo e que este sábado outros dous profesionais de Pontevedra foron atacados durante a prestación dun servizo en Ponte Caldelas, así como que non recibiron axuda das forzas da orde pública.

Ante esta situación, remarcou a necesidade de activar protocolos "claros e consensuados" entre os responsables da Administración, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (FPUS-061) e as forzas da orde pública da comunidade.

Tamén avogou por que se considere a este colectivo como Autoridade Pública e instou aos traballadores a denunciar estas agresións. Ademais, a asociación avanzou que trasladará de novo esta problemática aos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia.

Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.
Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta