O TSXG anula a extinción de contratos de Hermanos Carrajo e obriga a pagarlles aos traballadores os salarios desde xaneiro

O recurso presentado pola CIG e anula o auto do 8 de xaneiro polo que se extinguían as relacións laborais de todos os empregados, ao entender que os empregados non puideron exercer o seu dereito a defensa no trámite de audiencia previa ao ERE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2019 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou o auto de extinción dos contratos dos 22 traballadores da construtora ourensá Hermanos Carrajo, á vez que obriga a pagar os salarios posteriores a esa resolución de xaneiro.

Deste xeito, a Sala do Social estima o recurso presentado pola CIG e anula o auto do 8 de xaneiro deste ano do xulgado do mercantil de Ourense polo que se extinguían as relacións laborais de todos os traballadores, ao entender que os empregados non puideron exercer o seu dereito a defensa no trámite de audiencia previa ao ERE de extinción. Contra este fallo, con data de 5 de xullo, cabe interpor recurso de casación.

Deste xeito, deberase abonar aos traballadores os seus salarios desde o mes de xaneiro e ata que se produza un novo auto de extinción, iso si, a condición de que teña lugar o correspondente trámite legal de audiencia do ERE.

Nun comunicado, a CIG ve "positiva" esta decisión e avanza que se porá en contacto co administrador concursal de Construcións Irmáns Carrajo para solicitar os salarios debidos, así como para tentar abrir unha negociación que "non existiu no seu día e que deu lugar a esta resolución xudicial".

CIG  PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
CIG PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta