Arquivada a denuncia do PP contra o líder dos socialistas galegos

A Xunta Electoral Provincial lembra que as eleccións xa se celebraron e considera que a denuncia e o recurso por supostas irregularidades relacionadas coa propaganda electoral son "manifestamente extemporáneos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral Provincial ratificou o arquivo dunha denuncia do PP que pedía sancionar o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, por publicidade electoral por comparecer nunha rolda de prensa na sede da súa formación diante dun cartel no que se podía ler 'Vota PSdeG-PSOE'.

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero | Fonte: EP.

Nun auto con data do 16 de xullo, a Xunta Electoral Provincial desestima o recurso presentado polos populares contra unha decisión da Xunta Electoral de Zona de Santiago. En concreto, a Xunta Electoral de Zona desestimou esta denuncia presentada polo PP o 8 de xullo por considerar que non existe infracción algunha. Ademais, lembraba que non existe ningún proceso electoral en marcha.

Na mesma liña, outro fallo, nesta ocasión da Xunta Electoral Provincial, dá a razón ao PSdeG e subliña que non se pode apreciar "vulneración algunha das prohibicións" establecidas na Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (Loreg) e incide en que o acto denunciado "non pode ter incidencia algunha no libre exercicio do dereito de voto dos electorais".

Así, o organismo provincial lembra que os cidadáns xa exerceran o seu dereito ao voto e apunta que o feito denunciado foi realizado unha vez pasados os comicios, polo que conclúe que "a denuncia e o recurso presentado son manifestamente extemporáneos"

Na súa denuncia, o PP censuraba que xa transcorrera máis dun mes desde a data das eleccións locais, tempo "máis que suficiente" para que o PSOE suprimise calquera cartel". Con todo, os organismos electorais inciden en que a rolda de prensa denunciada "non constitúe acto prohibido de difusión de propaganda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta