Villares relaciona o fracaso das negociacións en 2016 entre Podemos e PSOE coa vitoria de Feijóo

O portavoz de En Marea afirma que "foi un dos factores que fixo que non houbese cambio en Galicia" porque "o electorado se desmovilizou".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2019 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O portavoz do partido En Marea, Luís Villares, relacionou o fracaso das negociacións para a formación de goberno no Estado no ano 2016 entre Podemos e PSOE coa vitoria do PP de Alberto Núñez Feijóo meses despois nas eleccións galegas celebradas en setembro dese mesmo ano.

Nunha rolda de prensa na que presentaron os actos de En Marea con motivo do 25 de Xullo, Villares apuntou que "os dous mesmos actores" que hoxe poderían formar goberno, en referencia a Podemos e o Partido Socialista, deixaron unha "sensación amarga" entre o electorado despois de que, fai tres anos, non alcanzasen un acordo para a conformación dunha alternativa ao PP para a que "daban os números".

E este feito, para Villares, foi "un dos factores que fixeron que non houbese cambio en Galicia" nas eleccións autonómicas celebradas en setembro de 2016, nas que o PPdeG de Núñez Feijóo revalidou por terceira vez a súa maioría absoluta. "O electorado progresista se desmovilizó e se desencantó ante a falta de alternativas de cambio", apostilou.

"Cada día que perden Pedro Sánchez e Pablo Iglesias en non formar goberno é un día que seguen vixentes a 'Lei Mordaza', a reforma laboral, a penalización da eutanasia ou a brecha salarial", aseverou o portavoz orgánico de En Marea, que reclama aos líderes de PSOE e Podemos que leven a cabo "unha reflexión" para alcanzar un acordo.

O portavoz e a viceportavoz de En Marea, Ana Seijas e Luís Villares.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
O portavoz e a viceportavoz de En Marea, Ana Seijas e Luís Villares.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gaiker

O melenas sabe moito de fracasos.

1 Melenas

Villares, supéralo. Nada de lo que hagas servirá para salgas del pozo en el que te has metido tú solito. Alégrate que al menos tengas un trabajo al cual volver.