O PPdeG celebrará o Día de Galicia aos pés da escultura de Balbino, o protagonista da obra de Neira Vilas

O partido homenaxeará "ao rural galego", personificado na figura do neno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2019 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O PPdeG anunciou a celebración do "tradicional acto" que conmemora o Día de Galicia e que este ano homenaxeará "ao rural galego" nun encontro no concello de Lalín o próximo 23 de xullo.

Este venres, en rolda de prensa, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, precisou que os populares farán unha ofrenda floral aos pés da estatua de 'Balbino', no municipio lalinense, onde está emprazada esta escultura na honra ao protagonista do libro 'Memorias dun neno labrego', do escritor Xosé Neira Vilas.

Neste sentido, a efixie de Balbino "personifica á Galicia rural" e, ao mesmo tempo, tamén se homenaxea a Xosé Neira Vilas, un dos "escritores clave deste século" e do "pasado" da Comunidade, segundo explicou Tellado.

Desta maneira, o Partido Popular porá fin ao curso político con este acto do próximo martes.

Miguel Tellado en rolda de prensa. PP GALICIA
Miguel Tellado en rolda de prensa. PP GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Siiiii señoooor! Homenaxe a un comunista procastrista! O PP tamén ten dereito á evolución. A próxima: defender o chavismo. ;-D