Temas: XUNTA XOGO

A Xunta busca o "máximo consenso" para a Lei do Xogo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, mantiveron este venres unha reunión de traballo co presidente da Confederación de Anpas galegas, Fernando Lacaci, co obxectivo de "seguir escoitando a todos os colectivos involucrados e conseguir así un total consenso" na redacción final do texto da Lei do Xogo en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2019 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, mantiveron este venres unha reunión de traballo co presidente da Confederación de Anpas galegas, Fernando Lacaci, co obxectivo de "seguir escoitando a todos os colectivos involucrados e conseguir así un total consenso" na redacción final do texto da Lei do Xogo en Galicia.

Á dereita, Alfonso Rueda durante a reunión deste venres.. XUNTA DE GALICIA
Á dereita, Alfonso Rueda durante a reunión deste venres.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Segundo a Xunta, neste encontro abordaron e analizaron os distintos aspectos do borrador da lei, que se está tramitando actualmente, para así "conseguir de forma directa as opinións das asociacións de pais e nais".

Neste sentido, o Goberno galego destacou que "se avanzou" nas medidas para reforzar a protección dos colectivos "máis vulnerables", entre os que se atopan os menores de idade.

"A Xunta está actualmente estudando todas as alegacións presentadas e seguirá mantendo conversas e reunións con todos os sectores implicados para actualizar a anterior lei (aprobada en 1985), coa premisa de adaptala aos tempos actuais e aos novos modelos de xogo", explicou.

O borrador da lei estivo en exposición pública na web de Transparencia da Xunta para que colectivos, interesados e cidadanía en xeral puidesen enviar alegacións e suxestións antes da aprobación definitiva da norma.

"O obxectivo principal desta lei é adaptarse ás novas realidades e regular un xogo responsable, por iso é polo que inclúa novidades como o reforzo dos controis ou as limitacións no número de establecementos e unha maior protección dos menores, incluíndo a obrigatoriedade de que todos os establecementos de xogo deberán ter control de acceso para evitar a entrada de menores", explicou o Executivo autonómico.

Temas: XUNTA XOGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta