Feijóo erixe o Museo do Viño no "grande escaparate" da cultura vitícola galega

O presidente da Xunta di que será a "casa común dos viños de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/07/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o Museo do Viño de Galicia, situado no municipio ourensán de Ribadavia, será "o grande escaparate" da cultura vitícola galega e a "casa común dos viños de Galicia".

Manuel Baltar e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, no edificio que albergará o museo do viño de Galicia.
Manuel Baltar e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, no edificio que albergará o museo do viño de Galicia.

O museo recupera e pon en valor unha parte importante do legado de Galicia a través desta actividade milenaria, mostra a historia e a paisaxe relacionada co viño e visibiliza o traballo de homes e mulleres do sector.

En concreto, o espazo monográfico estará dividido en sete ámbitos: os territorios vitícolas e a humanización da paisaxe agraria modificado por este cultivo desde a Idade Media, as actividades da viticultura, as denominacións de orixe, as variedades, a comarca do Ribeiro, a produción en mosteiros, granxas e priorados; e un último ámbito centrado no traballo das adegas.

Durante a inauguración, o presidente do Goberno galego destacou que a Xunta destinou máis de 1,1 millóns de euros a rehabilitar a Reitoral de Santo André de Campo Redondo, onde se empraza o centro; e máis de 700.000 euros para a instalación do proxecto expositivo e actuacións de museografía.

Do mesmo xeito, agradeceu a colaboración de todos os axentes implicados, como a Diócese de Ourense, que cedeu o edificio, o cinco denominacións de orixe e aos profesionais do Museo Etnológico de Ribadavia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta