Temas: XUNTA XOGO

Anpas galegas piden o fin da publicidade do xogo e celebran que as salas se sitúen a 300 metros dos colexios

Lamentan a problemática competencial, que fai que a Xunta non poida regular de forma uniforme todo o territorio galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2019 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación Anpas Galegas, Fernando Lacaci, reuniuse co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para falar das alegacións que esta asociación presentou ao anteproxecto de Lei do Xogo e Apostas de Galicia, polo que pediu, entre outras cousas, que non haxa publicidade do xogo, e celebrou que as salas se sitúen a 300 metros dos centros escolares.

Casino / Elaine Smith en Flickr. Casino / Elaine Smith en Flickr.
Casino / Elaine Smith en Flickr. Casino / Elaine Smith en Flickr.

"Para nós, o xogo é un problema que afecta de forma especial á adolescencia. Xogar diñeiro é unha actividade adulta que necesita dun coñecemento serio e responsable do que se está facendo", destacou a confederación.

Neste sentido, presentaron unha serie de alegacións ao anteproxecto entre as que se atopa que a nova lei introduza a realidade da prevención dentro do seu articulado, ao que a Xunta respondeu que "así sería".

Ademais, pediron "que non haxa publicidade do xogo". "Así será no que se refire ao xogo controlado pola Xunta", é dicir, nos medios audiovisuais galegos e que a posible publicidade na prensa escrita estaría limitada á información de localización de espazos e horarios.

XOGO EN LIÑA

"É certo que o xogo máis perigoso neste momento é o xogo en liña, que é o máis utilizado xunto co que depende de Lotarías do Estado ou da Once, e eses formatos non son competencias autonómicas. Pero aí exporemos a mesma necesidade ao Estado, e a Xunta está disposta a facer valer igualmente a experiencia galega de non publicidade como unha reivindicación para toda España", destacaron.

Entre outras noticias, aplaudiron que as salas de xogo terán que estar a un mínimo de 300 metros dos centros escolares, no canto da as 150 iniciais, e ademais a medición da distancia farase de forma radial. "Para nós esta é unha das moi boas noticias que recibimos", subliñaron.

"Lamentablemente hai cousas que quedan fóra e ás que non renunciamos: fundamentalmente está a problemática competencial, que fai que a Xunta non poida regular de forma uniforme todo o territorio galego, e impide que podamos avanzar realmente na visualización do xogo como unha experiencia negativa", indicaron as Anpas, tras o que engadiron que "botaron en falta a presenza da Consellería de Educación" xa que entre as súas demandas se atopa a presenza nos centros de estratexias de formación nas adiccións, xa que é "un dos problemas de maior crecemento nos mozos".

Temas: XUNTA XOGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta