Temas: MORTE A CORUñA

Falece un home tras caer nas rochas fronte ao Millennium da Coruña

O home foi sacado da auga por un pescador.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Un home duns 40 anos resultou falecido na tarde deste sábado tras caer nunha zona rochosa na área do Millennium da Coruña, segundo informaron fontes de emerxencias.

Elevador panorámico e Millenium na Coruña
Elevador panorámico e Millenium na Coruña | Fonte: Carlos de Paz en Wikipedia.

Foi un viandante o que chamou ao 112-Galicia na tarde deste sábado, indicando que había un home na auga, golpeándose contra as rochas.

Ata a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil, Salvamento Marítimo e Policía Local, aínda que finalmente o home foi sacado da auga por un pescador.

O persoal sanitario do 061 e os servizos de socorrismo da praia non puideron facer nada por salvar a vida da vítima, que tiña un forte golpe na cabeza.

Temas: MORTE A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta