Recentemente as principais cabeceiras españolas en papel, EL PAÍS e EL MUNDO, publicaron editoriais a conta da reforma política no estado español. Dous son os eixos sobre os que pivotan: a monarquía e o estado das autonomías. Na primeira, para defender a súa continuidade despois de Juan Carlos I e na segunda para reclamar unha ofensiva neocentralizadora, abordando Euskal Herria e Catalunya dun xeito específico.
A crise económica na que vivemos inmersos está a transformarse en crise política. E aquí o poder español de sempre, aponta á saída política de sempre: valores reaccionarios e ofensiva españolista.
O recente debate sobre o estado da Autonomía galega tivo que ser desolador para os autonomistas. O debate deixou unha sensación de decadencia. As caixas liquidadas, cos servizos públicos en proceso de desmantelamento, un sector industrial en esmorecemento... En definitiva, un proceso de vaciamento de poder político e financeiro do estatuto de autonomía hoxe vixente.
Obviamente, para a esquerda soberanista e independentista foi unha nova mostra da incapacidade do poder autonómico para resolver os principais problemas da maioría social. Volveu traer a palestra para milleiros de nacionalistas a necesidade de artellar unha alternativa política encravada na esquerda e na autodeterminación nacional.
Clarificar o proxecto político
Estamos nun momento político iluisonante, esperanzador. Un momento que debe de ser aproveitado para o avanzo do proxecto nacional galego no seu conxunto. Nisto temos que ter responsabilidade colectiva: que este novo tempo político sexa para o avanzo de Galiza.
Neste sentido, debemos abrir o debate para clarificar o proxecto político que precisa a maioría social galega. A cada vez, parece interiorizado por máis sectores o fracaso do estatutismo. Cuestión esta última, muito máis clarificada en determinados sectores do BNG que en outras organizacións políticas que xa están fora.
Aquí é onde situamos o salto nesta etapa: construir unha estratexia rumada á conquista da soberanía nacional. Para isto precisamos ferramentas amplas, plurais e democráticas.
Soberanía Nacional
Sabémolo. Partimos de posicións de minorización política. Mais cremos que non hai atallos para construir un marco democrático que respeite os nosos direitos nacionais e sociais: só construindo un polo soberanista e rupturista que estableza un contrapoder con España e que posibilite a creba democrática en favor dos intereses da maioría social galega.
Para esta tarefa hai millares de galegos e galegas dispostas. Precisamos de audacia e organización para a nova fase política.
As condicións obxectivas están dadas. O factor chave somos nós: o factor subxectivo. A construcción dunha ferramenta eficaz que permita á esquerda soberanista e independentista situarse en posicións de avanzo político: a organización e compactación do bloque sociopolítico que quere construir un Estado galego.
O 25 de Marzo, na Facultade de Xornalismo, Causa Galiza abordará o debate sobre o camiño a andar. As portas fican abertas para seguir contribuindo á construcción da esquerda soberanista e independentista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Ides tropezar de novo cos da posguerra provinciana. Síntoo moito pero témome que sí. Ogalha me equivoque.
O que estás a facer é condicionar o vindeiro debate, falando en nome de Causa Galiza, e facendo creer que tua postura é a maioritaria e a mais aconsellable. O que non é mais que unha burda manipulación. A tua opinión non é a maioritaria en Causa Galiza, NOS-UP xa se desmarcou do proxecto. OLN xa comunicou que non está polas tuas teses. FPG non sabe, non contesta. Estás facendo estoupar o polo soberanista.
Por Antonciño: Antón, vendo o lío que tes na cabeza e a desinformación que tes ou transmites, o último que che debe preocupar a ti é o polo soberanista
Por Umha: A OLN esta a tope com isto, nom e? Ou ja ha umha nova cissom?
Por Antón: A OLN nun comunicado dí que rexeitaa facer alianzas coas "cisóns dereitistas do Bloque" e que aposta pola alianza dos independentistas. Ó comunicado me remito.
Por polasombra: http://frentepopular.gl/?p=1197
Por Dioni: Que carallo é OLN??? A Fronte Popular de Xudea? A Fronte Xudaica Popular?? DISIDENTES!!
Por Um Pesco: Que interese amosam alguns em Causa Galiza.Até o Domingo!!!!
Por Olino: aqui o comunicado da OLN: http://www.olngaliza.org/?p=157 para que nom se fale de segundas...
Amigo Aurelio. Resulta difícil de creer para aqueles que considerastedes a Beiras e a todo o que había no Bloque un grupo de autonomistas e de dereitistas, o voso cambio de parecer. E resulta máis difícil cando pretendes exercer unha influencia sobre o proceso aparecendo publicamente con artigos de seguido. Algúns tedes máis un perfil de oportunistas que de políticos honestos. As cousas fanse na base, en silencio, con moito esforzo e non tratando de aparecer como un líder do soberanismo ou o xefe dunha tribu que non pase de 30 persoas. O que pretendedes con esas xuntanzas privadas é tratar de chegar ás xuntanzas abertas cos votos atados e bien atados para tratar de gañar, como fixo toda a vida a UPG. Non se vos pasa pola cabeza chegar ás asembleas sen pactar nada antes?
Por ningun: Amossas desconhecemento total de quem e do que falas , ala ti...
Por un que vai o 25: Pois vente o domingo e condicionamos o voto en.... en onde... a ti vaiseche....
Aurélio Lopes Ramom (Vigo, 1987). É militante independentista tamén da plataforma Causa Galiza.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting