Como será a terra que lle deixemos en herdanza aos nosos fillos e netos. Como estará gobernada e se perderá a súa persoalidade propia e a súa cultura. Vivimos tempos de incertidume e inquedanza; vivimos tempos difíciles pois os problemas que temos seguen sen ter unha resposta clara que lle dean solución a curto e medio prazo. Vivimos nunha sociedade envellecida que pasou de estar sustentada polos sectores primarios a ser, básicamente unha sociedade que vive dos servizos e na que hai unha cativa industrialización con raíces na terra.
Polo tanto na nosa sociedade, paseniñamente, desaparece o rural e os sectores industriais que a caracterizaron anos atrás están en franco retroceso. Referírome ao sector industrial que ten un bo exponente na industria naval. Igualmente ao sector pesqueiro, etc. E no seu conxunto é Galicia a que morre caladamente.
Manuel H. Iglesias
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Sres. do PNG, +Galiza, BNG, Converxentos do 21 e Diverxentes dos Irmandiños , calaña do PP, arribistas e trepas do PSOE, demagogos e saltimabanquis da EU , repulsivos de UPD e demáis experimentos vangardistas que tentan levar o temón da democracia e xurdidos para gobernar e vivir do povo , deixádenos en paz , ide trabalhar ao mar ao monte ou as leiras ou ao que sepades facer , si é que sabedes facer algo de proveito para o común da xente que no sexa chucharnos o sangue na compaña dos empresarios e os banqueiros. Deixádenos vivir, lonxe das vósas leis, acordos, contratos e decretos. En Asturias só os fixeron caso a metade do censo, a pouco, só os lexitimaredes para representarnos cun 10%. Ide cascala.
Sres. do PNG, +Galiza, BNG, Converxentos do 21 e Diverxentes dos Irmandiños , calaña do PP, arribistas e trepas do PSOE, demagogos e saltimabanquis da EU , repulsivos de UPD e demáis experimentos vangardistas que tentar levar o timón da democracia e xurdidos para gobernar e vivir do povo , deixádenos en paz , ide trabalhar ao mar ao monte ou as leiras ou ao que sepades facer , si é que sabedes facer algo de proveito para o común da xente que no sexa chucharllanos o sangue na compaña dos empresarios e os banqueiros. Deixádenos vivir, lonxe das vósas leis, acordos, contratos e decretos. En Asturias só os fixeron caso a metade do censo, a pouco, só os lexitimaredes para representarnos cun 10%. Ide cascala.
Se asumes o discurso da dereita españolista, e proclamas que a actual plutocracia postfranquista é unha democracia, para logo soltar que quén mais xenuinamente encarnou o nacionalismo defensor do noso, son radicais estéris e amigos de ditaduras que non representan según ti nada no mundo (frase que che retrata) entra dentro do normal ca maioría do pobo, vote continuismo.
Por Antón: Decía Castelao que non existen países pequenos, dí que hai países e seres humanos de almas cativas. Según ti, vivimos no millor dos mundos posibles, pero que faise necesario cambialo. Dende cando foi unha prioridade pras burguesías, a cultura e a defensa do tecido nacional? se son os impulsores da actual globalización. Éles gostan de masas incultas e alienadas, decidiron que temos que ser competitivos, tan competitivos coma os países do 3º mundo,e eso faise a base de precariedade, e suficiente baixa autoestima pra que aceptes o que che ofrezan.
Ou sexa. que temos que ceder mais? O problema polo que se desprende de Herminio, é que somos moi radicais. Pois eu coido que un dos causantes do actual estado das cousas, de que o pobo non se identifique cos postulados que defenden esquerda e nacionalismo, son os Herminios, os Xan das Bolas, que teñen que guialo pobo. Culpables por asumir todalas teses da dereita e a burguesia españolista, como certas. De pensar que con conciliacións e masedumes se pode chegar a algo. De acadar un posato i esquecerse da loita, para esperar co devir dos tempos mudaran as cousas. Poño un exemplo: no imaxinario colectivo existe unha convición asumidas polas esquerdas, de que as dereitas son mais aforradoas e menos gastadoras que as esquerdas. Gran mentira, as dereitas saen moito mais custosas, porque a sua prioridade é saciar a unhas burguesías insaciables.
Por xan soares: O de Xan das Bolas, non sei se vai por min pero en todo caso aclararei que eu non estou en contra de que exista un partido de esquerda nacionalista en Galicia e se queres un partido independentista radical. Estou a favor de que exista todo o espectro de partidos galeguistas. Saúdos.
Por Artús: Non,vai por ti Xan, que non teño o gosto. Está polos sumisos, polos que aceptan a situación como inevitable, como realista, no beneficio de quén a fai. Cando a realidade é que é o menos realista posible, e feita así a posta. Como se pode suscitar o interes da maioría do pobo por un proxecto (neste caso a defensa de todo o noso, nosa cultura i economía), cunha mensaxe tan derrotista? tan catastrofista? O pobo quere, necesita que o ilusionen.
Por Artús: A critica constructiva sempre e boa. Pero as veces nos confundimos de inimigo. Non se pode ser tan derrotistas con quén asoballa a nosa Terra, para logo ser tan esixentes cos que se implican na defensa da Terra dende outras posicións.
pois efectivamente, é o momento de organizar unha gran alternativa de centro nacionalista. Converxencia XXI xa está niso, moito ánimo.
Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting