Spanish Eyes

“I'll cross the world for green and gold But it's those Spanish eyes That get me home...home again” (U2)

Por Xurxo Ayán | | 28/03/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Cando estudaba Historia en Compostela matriculárame nunha asignatura de título suxerente: “Investigacións recentes en Historia Contemporánea”, impartida polo excelente profesor Xosé Manuel Núñez Seixas. A materia dividíase en dous grandes blocos temáticos, “Emigración e Nacionalismo “. Como traballo de curso decidín abordar o movemento nacionalista irlandés, dende o século XVIII até a a independencia. Na investigación topei con cousas curiosísimas, dende o xurdimento do movemento patriótico irlandés no Ulster da man da minoría irlandesa protestante, até a reacción dos académicos británicos diante da Grande Fame, xustificada coma un natural reaxuste demográfico. Este xenocidio inducido reforzou as teses emancipatorias de O’Connell e consolidou o parnellismo posterior no Parlamento da Súa Maxestade. Tamén din con referencias ao folklore irlandés, como a expresión popular ¡SpanishEyes”, título dunha afamada canción oitenteira de U2. Seica o naufraxio de buques da Armada Invencible nas costas de Irlanda fixo que parte da tripulación chantase raigames na Illa, casando con mulleres gaélicas. A mistura deu lugar a crianzas con ollos mouros, auténticos “latinlovers”.
Así e todo, o meu interés polo tema viña dado pola tremenda influencia que o modelo gaélico tivo no galeguismo político nas décadas de 1920 e 1930, sobre todo da súa vertente máis tradicionalista. Continuas referencias aos irmáns celtas inzan o pensamento político risquián, os artigos de Otero Pedrayo en “El Pueblo Gallego” e “Vida Gallega”, ou múltiples colaboraciónsna Revista Nós. Dende esta óptica, raza, terra e espírito celta xunguían ambas as dúas nacionalidades irmás. Esta irmandade trasatlántica contra o poder opresor alóctono (ingleses e casteláns) consolidárase ao longo do tempo, servindo mesmo Galicia como segundo fogar da nobreza gaélica exilada trala guerra dos nove anos a comezos do século XVII. Este discurso lexitimador veusea baixo coa guerra civil española. Miles de irlandeses católicos presentáronse como voluntarios para loitar a prol da Santa Cruzada contra o comunismo. Pola contra, foron bastantes menos os que se apuntaron nas Brigadas Internacionais.

O noso colega Pedro Maguire documentou no Arquivo Militar de Ávila unha curiosa petición cursada ao Xeneralísimo; unha banda de música irlandesa demandaba a súa inclusión como forza de choque no bando nacional. A petición foi rexeitada alegando que no Glorioso Exército non existían unidades de choque musicais, con gaitas e todo iso, que en todo caso podían acoplarse á Banda da Lexión. Anécdotas aparte,  este apoio ao tradicionalismo católico español non lle fixera nada de gracia a Castelao e Suárez Picallo, quen dende Nova Galiza. Boletín quincenal dos escritores antifeixistas asinaran en 1937 un manifesto destinado aos patriotas irlandeses: “Queremos que chegue a vós a queixa doorida dos fillos de Breogán…”. Esta queixa dirixida aos imáns irlandeses baseábase nunha reivindicación do pasado na que se misturaba mito e historia. Mentres os galeguistas de preguerra empregaron o mito de Breogán, o clan O’Sullivan de Munster facía o mesmo a comezos do século XVII utilizando no seu beneficio una filoxenia inventada. Neste caso, estes exilados gaélicos gañaron prebendas e privilexios de Filipe III non só polac onxuntura política (Contrarreforma e loita contra a pérfida Albión) senón tamén por presentárense coma os descendentes dos seguidores de Milesio, os primeiros colonizadores celtas de Irlanda, que emigraran no seu día dende Galicia, conquerindo os seus antigos poboadores, osTuatha De Danann, isto é, os mouros na versión galega.

O Colexio dos Irlandeses en Compostela, patrocinado pola Coroa española, recorda este vencello trasatlántico e dá luz sobre o proceso colonial. Mentres en Eirin a maioría da nobreza pacta ou se rende ao Poder británico, unha minoría repoluda, fachendosa e digna prefire o exilio. Na Irlanda do século XVII tamén se deu esa dicotomía entre o posibilismo piñeirista e o combativo exilio republicano, por falar en termos contemporáneos. Os nobres de Munster que acabaron en Galicia eran firmes defensores da tradición, a lingua e cultura do seu país, e non lles acaía ben a sumisión a autoridades alleas. Neste contexto, consérvase a correspondencia entre Donal O’Sullivan e Patrick Sinnott, mestre de Gramática da Universidade de Santiago,na que se fai fincapé na falla de disciplina e rectitude dos colexiais irlandeses que destacaban, sobre todo en tres actividades: troula, guitarra e esgrima. O 26 de abril de 1613 o Colexio San Patricio de Irlandeses foi traspasado aos Xesuitas o que conlevou a marcha de doce estudantes gaélicos que se negaron a facer o xuramento de obediencia. Os filllos, netos e bisnetos da nobreza irlandesa fuxida xa mais voltaron á Terra e nunha curiosa reviravolta da Historia voltaron coller as maletas cando a expulsión dos xesuitas en 1769. Os tempos mudaran… ou non tanto, porque nesa nova época, Compostela seguía recibindo aos emigrados católicos de Europa. Ramón Otero Pedrayo elixiu como data final do século XVIII en Galicia a misa solemne que tivo lugar na Catedral de Santiago en 1793, oficiada na honra do decapitado Lois XVI pola comunidade católica de La Rochelle refuxiada en Compostela.

No Colexio dos Irlandeses, na Rúa Nova, presentaremos Manuel Gago e quen isto escribe o libro Herdeiros pola forza. Patrimonio Cultural, Poder e Sociedadena Galicia do século XXI (2.0 Editora), este venresás 20:30. Estades todos convidados.
 

Xurxo Ayán




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
3

Xaime

Estaría ben saber de onde saca o dato de que foron máis os irlandeses que loitaron do lado franquista que do republicano. O dos ollos escuros éche unha leria sen fundamento que non só se repite en Irlanda senón en toda a G, Bretaña. Se facemos caso do que din os tópicos e non os científicos, podemos contruir bonitas lendas urbanas. Isto é o propio dos desmitificadores profisionais como o Sr. Ayan. Por certo supoño que lle daría as grazas a Santi Rey por desmitificarnosa todos desde o suplemento de "Cultura" de La Voz de Galicia na pasada fin de semana.

1 resposta
1

Por Xaime: E cando digo tópico, refirome ao conto dos "fillos" da armada invencible, pois en base a iso para os que temos andado polas illas, poderiamos asegurar hoxe que Felipe II tivo un certo suceso. Conquistar non conquistarían os dominios de Elizabeth Tudor pero chingar deberon chingar coma condenados.


2

malpensado

O teu interes polo tema dos irlandeses esta moi claro, é que a xente vai a presentacion do teu libro. Montas todo o artigo con esa finalidade. NON TES VERGOÑA!. Xa hai moita xente que empeza a saber de que pe coxeas.

5 respostas
1

Por medio anonimo: pero si o libro e un compendio do que leva escrito no blog de arqueoneixon!!!!! ti vaite o acto pero non vaias...esto e. aproveitate de el como el se aproveita segundo ti , para facer autobombo dende estas paxinas e date unha volta polo edificio onde se fara a presentacion que dubido moito de que teñamos outra posibilidade ou oportunidade de volver a velo por dentro e deixate de lerias. Si nen siquera tes que mercalo libro , que o baixas ou o lees da rede ademais daran licor cafe. moitos faremos esto e masi incluso llo podemos decir na cara ali mesmo, bueno esto cicais e excesivo... non sei se me entendes? pero bueno, vemonos alo

2

Por Corvo: E de que pé coxea??

3

Por o outro medio anonimo: malpensado non te vin por aii... o que me sorprendiu foi que para ser un falabarato non vexas a cantidade de xente que consegui reunir, increible como nos deixamos tomalo pelo e embaucarnos , por certo eu non o vin coxear que che andaba ben rufo. a todo esto tanto no anterior coma neste post tento ser ironico.

4

Por Xaime: Home, se un ten a proxección mediática dunha estrela de rock, como ben lle dixo ao Ayán a apresentadora de Voz TV, o normal é que teña xente. Se a iso lle xuntas unha oportunidade única de ver o colexio por dentro, pois xa está. Eu non tiven a oportunidade, pero que non perda coidado o tal Ayán que calquera día atopa "opinións discrepantes" nalgún dos seus actos.

5

Por ante todo moita calma: home e en lugar de facerlle eso, adandarlle a reventar os actos, non seria millor preparar unha tesis ou un estudio co que desmontarlle as suas opinions ou afirmacions ??, quero decir: o señor ayan cando di que tralo dia non ven a noite erra porque... e ahi aplicarlle os datos cientificos que nos temos recollido para refutarlle a sua tese e demostrar que esta errado, o resto son ganas de marear ou de andar chinchando , case en plan un pouco rabechada infantil ou envexa pola sua salida nos medios e a man que ten para elo e que anos non nos fan nin caso? digo eu


1

Ismael

Solo por curiosidad: El naufragio no fue de unos buques espanoles de la epoca de Napoleon? Gracias anticipadas por tu respuesta a mi duda.

4 respostas
1

Por Ismael: Mezclo naufragios verdad?

2

Por Francisco XGV: Os naufraxios da "Armada Invencible" española ós que se refire o autor sucederon no s XVI. Tí coido que te estás a referir ó intento (fallido) de desembarco das tropas da Francia napoleónica na axuda dos insurxentes de 1798. Sobre este epiosodio desgraciado para os irlandeses é moi pródiga a literatura popular, que terás mesmo escoitado en cancións tradicionais recuperadas por artistas contemporáneos como Donal Lunny, etc;

3

Por Ismael: Muchas gracias.

4

Por anonimo: por certo tamen se conta problabemente como lenda que ali tamen foi onde descubriron as patacas , as cales tanta importancia terian na historia da illa


Xurxo Ayán

Xurxo M. Ayán Vila (Lugo, 1976) é arqueólogo e investigador do CSIC.