"Os violentos son os empresarios que presionan contra a folga"

Que facer no caso de recibir presións para non ir a folga? Por que os sindicatos non son quen de manifestarse todos xuntos? O secretario de Comunicación de CC.OO. en Galicia, Juan Martínez, responde a esta e outras cuestións nesta entrevista con GC na véspera da primeira folga xeral da era Rajoy.

Por Walter Burns | Santiago | 28/03/2012 | Actualizada ás 08:00

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Que expectativas ten Comisións Obreiras para esta folga?
O próximo 29 de marzo vaise a producir a maior mobilización social que se lembra, en contra dos peores ataques aos dereitos laborais e en repulsa á orientación ultraconservadora de aproveitar a crise para debilitar o estado social —que fomos construíndo ao longo destes últimos anos— para favorecer os intereses dos especuladores financeiros.

GC e os propios sindicatos comezaron a dar a coñecer casos de empresas que meten presión aos seus traballadores para que non vaian á folga. Se un traballador recibe estas presións, que lle recomendaría facer?
Ten que dirixirse a CCOO e expornos a situación para que podamos intervir en defensa dos seus dereitos. Estes son os casos de violencia que debesen alarmar a sociedade, e é evidente que interesa ocultalos. Os 'piquetes violentos' son os empresarios e empresarias que actúan así, e non son unha excepción.

Hai medo a perder o traballo por secundar o paro xeral?
Seguro, e é lóxico. Seica non se están empregando a fondo desde o goberno, as patronais, algúns medios de comunicación, para conseguir ese obxectivo? Se cadra se debese pór máis atención sobre esta situación, pola que un dereito fundamental recollido na Constitución, o da folga, se vulnera con toda normalidade, a pesar de que se emprega en defensa dos principais valores dunha sociedade avanzada e de progreso.

Haberá de novo manifestacións e de novo sen unión sindical, coa CIG nunha protesta e vostedes e UXT noutra. Tan diferentes son as ideoloxías das centrais para non seren capaces de chegar a un acordo de mínimos nunha data tan importante?
Contra a reforma laboral non caben nin estraños tacticismos nin cómodos maximalismos. Para CCOO, o importante é botar atrás a reforma laboral coa maior mobilización posible, e nesa tarefa estamos a coincidir coa inmensísima maioría  de organizacións sindicais, en especial con UGT, e coa inmensísima maioría da sociedade civil organizada. Estamos a falar dunha mobilización tan importante que ninguén debería pretender instrumentalizala con fins propios nin para resolver posibles problemas internos da súa organización.

O Goberno de Mariano Rajoy xa deixou claro que non modificará a Reforma Laboral suceda o que suceda na folga. De que vale entón secundar o paro?
A clase traballadora é o suficientemente madura e responsable como para entender que só se conseguirá evitar a aplicación da reforma laboral coa maior mobilización social e cidadá posible. Non vai haber outra maneira, e, aínda que o for, non será o 30 de marzo cando se consiga que o goberno cambie a reforma laboral.

Se efectimanente o Goberno de España non recúa, haberá  máis folgas xerais?

Despois do 29 de marzo debemos seguir en mobilización permanente e sostida ata conseguir o obxectivo

Hai novidades sobre os recursos dos servizos mínimos fixados pola Xunta?
Hai, si. O día 28 de marzo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia convocounos a CCOO e UGT a unha unha vista para resolver a nosa solicitude de suspensión cautelar dos servizos mínimos impostos pola Xunta de Galicia, algo que nunca antes se conseguiu. Agardamos que as numerosas sentenzas contrarias aos servizos mínimos que se impuxeron noutras folgas fagan que o Tribunal os declare abusivos e obrigue o Goberno galego a que sente de novo negocialos.

 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

31 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 7

    Lubre

    Non foi precisamente CCOO a primeira en desprenderse do brando “útero amarelo” no que tan ben se sente. Tiveron que ser outros sindicatos os que desen a voz de alarma. Agora, en vista da traizón que ía significar a súa ausencia, CCOO fai “súa” a folga e advirte, iso si, en ton moi paternal, que “estamos a falar dunha mobilización tan importante que ninguén debería pretender instrumentalizala con fins propios nin para resolver posibles problemas internos da súa organización.” A quen se dirixe o señor Martínez con esta larvada insinuación? Cre que todos son tan raposeiros como a cúpula da súa organización ? Mesmo en situacións nas que os pillaron co paso cambiado, non depoñen a súa fachenda. Con todo, meus parabéns pola vosa incorporación á loita necesaria.


    6

    Raquel

    O empresario (negrero) Xesúa Alonso, o dono de Jealsa, obriga aos seus empregados a limpar a fábrica, despois do seu horario de traballo, e sen pagarlles esa hora mais. Esté atropello dos dereitos e digninidade dos traballadores é unha conscuencia máis da reforma laboral de Mariano. os empregados de Jesús Alonos está ameazados para quenon fagan folga.

    5 respostas
    1

    Por El PPresidente: ¡Ay, don Jesús! Uno de los grandes. Uno de los nuestros.

    2

    Por Manolo2: Si claro este no es como esa maravila vuestra llamada Dorribo, modelo de empresario galego y presunto financiador del BNG.

    3

    Por El PPresidente: ¡Un respeto para don Jorge!, que es cliente del IGAPE de mi amigo Javi el Camisetas.

    4

    Por Manolo2: Bueno, pero primero lo era del upegallo conselleiro Fernando Blanco y tiene por brazo de derecho al ex-jefe bloqueiro de gabinete de la Conselleria de Industria. El fiel Bazarra. Todavía hay categorías y un conselleiro es mucho más que el jefe de un chiringuito de la Xunta.

    5

    Por El PPresidente: En algunos casos es lo mismo, querido amigo. Verás: Javi el Camisetas es uno de mis más prestigiosos consejeros, a la vez que presidente de ese chiringuito de cuyo presupuesto han desaparecido 45 kilitos como por arte de magia. Si es que lo que no haga Javi...


    5

    Historia dunha PEME galega

    Había unha vez un pequeno comerciante, deses que se denominan “emprendedores”. Era un cidadán decente e normal, “como Dios manda”, que diría o rexistrador Mariano. O negociete íalle vento en popa, dáballe para vivir bastante ben e ata tiña contratado un empregado por media xornada –é dicir, doce horas ao día– e 700 euros ao mes. Andaba o noso emprendedor entusiasmado coa reconquista iniciada por Feijóo e culminada por Rajoy. Como todo liberal de pro, detestaba os impostos, os atrancos burocráticos e a negociación colectiva; en cambio, aplaudía a reforma laboral pepeira e avogaba polo despedimento libre, a moderación salarial e por que lles desen caña aos larcháns dos funcionarios. Iso si, non renunciaba a subvención ningunha, por moi cativa que fose. Liberal si, mais non parvo. (Continúa máis abaixo)

    8 respostas
    1

    Por Historia dunha PEME galega: O conto foi que de repente, e sen saber como, a clientela do seu chiringo empezou a escasear. Moitos dos que perderan o seu emprego non tiñan un peso que dixarlle na súa caixa, outros bastante tiñan con afrontaren a hipoteca e darlles de comer aos fillos; e os que ían algo máis desafogados preferían as grandes superficies, onde aparcar é doado, hai unha gran variedade de produtos e non che rosman se queres devolver algo que acabas de mercar. Ai, as grandes superficies! Esas si que o facían adoecer. Bueno, non tanto, que lle fastidiasen parte do seu negocio fodíao bastante, pero logo era amigo de mercar nelas coma os demais, en lugar de facelo noutros pequenos establecementos coma o seu, porque iso da solidariedade évos cousa dos herexes marxistas desviados sexuais da esquerda. (Sigue)

    2

    Por Historia dunha PEME galega: O comercio ía a menos e cada vez tiña que ir metendo máis xénero polo traseiro ao final de mes. Así ata que non lle quedou máis remedio que baixar a reixa e meter a tenda enteira. Daquela pediulle axuda ao alcalde da súa vila, que cando era candidato pepeiro, se achegara onda el para pedirlle o voto e prometerlle prosperidade a varrer. Pero o alcalde non tiña agora tempo que perder , pois só recibía a quen lle puidese pagar a seguinte campaña e agora andaba a ver se podía rañar os últimos euros co negocio duns amigos ladrilleiros. (E remata)

    3

    Por Historia dunha PEME galega: O noso amigo ultraliberal estaba a piques de se xubilar, pero como cotizara o mínimo, que non era cousa de encherlle o peto á Seguridade Social para que despois lle estivese pagando a boa vida aos mortos de fame que non querían traballar, íalle quedar unha pensión de merda. Ademais a ilusión de que o comercio quedase en mans do seu fillo (que non fora quen de rematar o bacharelato, pero que segundo o pai, era listo coma un allo e por riba herdara o seu instinto para os negocios ) marchara polo váter abaixo. O rapaz non encontraba traballo, pero o pai por fin conseguira falar co alcalde durante unha visita que este fixera ao barrio durante as festas. Pediulle a ver se o podía colocar no concello, no que fose, valía calquera cousa con tal de non estar no paro. Pero ai!, son tempos de austeridade e non hai convocatoria nin para unha triste praza de policía local ou de conserxe.

    4

    Por Ismael: Pagarle al empleado media jornada por 12 horas ya lo hacia antes de la reforma de Rajoy, ou non? Cotizar el minimo fue su decision, peor es quien no cotiza y cobra la no contributiva que es casi como la minima de los autonomos. Y seguro que estamos de acuerdo en que la crisis es buena para no meter enchufados en el ayuntamiento,no?

    5

    Por Otero: E posiblemente esteamos de acordo en que é moi típico o caso do titular dun pequeno negocio que non quere axustarse aos convenios colectivos nin ter que pagarlles indemnizacións aos traballadores que despide, porque el é moi liberal, como ben di o autor da historia, pero que cando un xigante como Carrefour, Ikea ou quen sexa lle monta un centro comercial que leva o seu negocio por diante, daquela esixe que as administracións veñan en plan paternalista a protexelo ou que esas grandes superficies non poidan abrir os domingos. Liberalismo si, pero só cando lles convén.

    6

    Por Ismael: Totalmente de acuerdo.

    7

    Por Sanctius: Eu tamén estou de acordo. Creo que aos empresarios lles convén reparar en que, cando rematamos a nosa xornada, os traballadores pasamos a ser consumidores e somos os que lles enchemos o seu petiño. Algún empresario intelixente estaría a favor de que a súa clientela, real ou potencial, fose cada vez máis pobre? Parece que en España hai moitos que si o están.

    8

    Por Escéptico: Unhas reflexións moi interesantes. En foros coma este é moi típico poñer a parir ás administracións, aos partidos políticos, aos sindicatos, aos medios de comunicación, aos empregados públicos..., pero que clase de empresariado temos no país? Se pensamos niso, posiblemente atopemos boa parte das causas de que esteamos como estamos.


    4

    Inaudito

    Polo visto CCOO no canto de lideres sindicais ten a fronte da súa organización a axitadores de masas, algún que outro exaltado que non repara en definir como “piquetes violentos” aos empresarios e empresarias da nosa comunidade. É obvio que a este individuo se lle desaxustan as neuronas cando nega os fundamentos do estado de dereito…………….Mire Vostede!.. Idéntico dereito ten a súa central en chamar á folga, como os empresarios facer o contrario……………...Pois a responsabilidade no problema da maioria dos pequenos empresarios - autónomos, chámase risco e emprego. O desastre, é cousa doutros, de quen por exemplo, dedicáronse e ao exceso continuo financiándose a través de subvencións multimillonarias das arcas públicas e o engadido de miles liberados………..sóalle familiar esta parte?......Pois faga o favor de aplicarse o caso, e aos empresarios dedíquelles o merecido respecto.

    3 respostas
    1

    Por Mongolo3: Si tratasemos aos empresarios co mesmo respeto (non respecto) que nos tratan a nos,na mayoría dos casos teríamos que cuspirlles aos ollos, por outra banda soen en moitas ocasións soen pedir respeto (e non respecto)os menos indicados.

    2

    Por Carlos Pimentel (Vlagarcía): Mongolo 3: As corrección gramaticais veñen ben, pero tamén sería bo que aportaras teu parecer (respecto) da subvencións multimillonarias e os liberados....Non serás un deles? .......se asi fora, o (repeto) has imaxinalo.

    3

    Por Mongolo3: Aclaroche que estou afiliado a Cig xa che hai ben anos, e estou totalmente en contra das subvencións os sindicatos, creo que a Cig,coa que tamén son moi critico, vive ou presume de poder manterse das cuotas dos afiliados. En canto os CoCos e Ugt xa sabemos o que son, sindicatos do sistema, amigos de quen goberne e dos patróns, e tiveron que adxuntarse a Folga porque as súas bases os empuxaron. Ah, non estou liberado, traballo na privada e hoxe libreí, tí tamén libraches hoxe ou traballas de tarde? porque non me diras que estas currando e furando no GC a un tempo?


    3

    Manolo2

    Unas cosillas en respuesta a las palabras del sindicalista posiblemente profesional, o sea, de los llamados liberados: 1.Si este señor conoce algún caso concreto de empresario de ese tipo, denuncielo. En caso contrario es un difamador o cómplice. 2. Mañana yo voy a trabajar. Si algún matón me lo intenta impedir tomaré las medidas oportunas para proteger mis derechos. 3. Si a lo largo del día observo alguna actitud vandálica o amenazante por algún piquete, tomaré las fotos correspondiente para ponerlas a disposición de la autoridad competente. Saludos cordiales.

    3 respostas
    1

    Por Galicia Confidencial: Varios comentarios foron eliminados deste fío por conter insultos cruzados. Animamos aos autores a comentar con sentidiño ou mudarse a outros foros. Gracias aos que contribuídes ao debate dende o punto de vista que seña, pero con educación.

    2

    Por Manolo2: Me parece bien. Ojalá estuvierais siempre tan atentos.

    3

    Por Mongolo2-2ª parte: Visto o subceptibeis que estan os do GC co dos insultos diremolo logo dun xeito máis fino: Si pensas que por ser o chivato ou o "palanganeiro" da empresa,a reforma laboral non vai contigo, vas apañado, calquer día has levar a patada como calquer outro. Si eres funcionario e te crees intocable, e maña vas traballar, vai de oito a quince horas, como deberías facer todos os días, e por certo, non fures no GC en horas de traballo, pois iste comentario fixecholo a media maña, en horario de traballo,...saude esquirol, recemos para que isto non lle pareza moi forte o das tixeiras de GC.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button