Manifestacións masivas en Santiago pola folga

Ducias de miles de persoas secundan as protestas de CIG por un lado e Comisións e UXT por outro. Imaxes e vídeo no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 29/03/2012 | Actualizada ás 14:27

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A poucos metros unha de outra, as dúas principais manifestacións do 29M xuntaron a ducias de miles de santiagueses este mediodía. Na historia recente da capital de Galicia, nunca unha folga xeral sacara tanta xente á rúa.

As protestas dos nacionalistas da CIG (na que tamén participaron, polo menos, os nacionalistas da CUT e os anarquistas da CNT) por un lado e as dos colectivos estatais (Comisións e UXT) por outro transcorreron sen incidentes importantes e nun ambiente festivo. A maioría dos comercios do centro de Compostela -pódese estimar que ao redor dun 80%- tiñan as reixas baixadas. Nas aforas da cidade o seguimento no comercio polo miúdo era menor, pero en todo caso maioritario.

UXT e Comisións tiveron que comezar a dar os seus discursos na Praza de Praterías cando a penas un 25% dos cidadáns que secundaron a súa convocatoria estaban nesa praza. O resto agardaba escapando da forte sol polos carreiros da zona vella. Velaquí o intre no que comezaron os discursos:

A CIG acabou a protesta na Praza da Quintana, que estaba medio chea cando a organización comentou que quedaba xente a centos de metros, na Praza de Galicia. Posteriormente a Praza encheuse, como proban as imaxes de Jorge M. de la Calle. GC, dado a súa escaseza de medios, non puido quedarse até o final da protesta para tomar a foto da Quintana repleta.

A asistencia ás protestas foi tal que a CIG, que saíu medio hora despois, tivo que ir moi amodo para non se cruzar coa outra. Os cidadáns dunha e doutra mobilización observaron a división sindical a poucos metros uns dos outros. A división das centrais é a única mala noticia para os traballadores que foron hoxe ao paro en Compostela.

Pola súa banda, a central USO logrou xuntar a penas un cento de asalariados diante da sede da Xunta en San Caetano.

As dúas grandes protestas foron vixiadas por un cento de axentes da Unidade de Intervención Policial. Os 'antidisturbios' acompañaron as cabeceiras das protestas co seu armamento listo, pero non houbo incidentes máis alá dunhas poucas bengalas que marcaron os escasos comercios que non baixaron as reixas.

En definitiva, un éxito dun nivel sen precedentes próximos no tempo dunha folga xeral en Compostela.

Imaxes das dúas manifestacións en Santiago aquí. Imaxes de Jorge M. de la Calle sobre a manifestación da CIG aquí.

Noutras cidades

No resto de cidades do país as manifestacións tamén foron importantes. Os sindicatos de ámbeto estatal cifran en 85.000 os asistentes en Vigo. Uns 25.000 en Pontevedra segundo as centrais. Na Coruña unhas mil persoas uníronse ás protestas de CUT e CGT.

Os líderes de UXT e Comisións José Antonio Gómez ey José Manuel Sánchez Aguión paraticiparon na de Vigo. O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, tamén acudiu á capital olívica, onde participou o alcalde Abel Caballero. O líder do BNG Guillerme Vázquez participou na protesta da CIG en Vigo.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

21 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 8

    anton

    medio chea a quintana?????????? ou eu estaba noutro sitio ou noutra manifa, a quintana estaba cheaaaaaaaaaa

    1 resposta
    1

    Por Lector crítico: Antón, mira que es... Estaba medio chea non porque non houbese xente, senón porque, como ben di a crónica, a xente escondíase baixo os soportais da zona vella e agolpábase en certas zonas da Quintana fuxindo doutras... A ver se aprendemos a ler e somos MENOS PARANOICOS.


    7

    Coruñés

    A CIG acabou a protesta na Praza da Quintana, que estaba medio chea cando a organización comentou que quedaba xente a centos de metros, na Praza de Galicia. UXT e Comisións tiveron que comezar a dar os seus discursos na Praza de Praterías cando a penas un 25% dos cidadáns que secundaron a súa convocatoria estaban nesa praza. O resto agardaba escapando da forte sol polos carreiros da zona vella. Velaquí o intre no que comezaron os discursos: Estractos do que refire o xornalista. Rigor xornalistico nulo...ou tendencioso.

    2 respostas
    1

    Por Coruñés: Sobre a unidade sindical eu particularente con sindicatos pactistas que nos venden a diario...non obrigado. Por certo señor xornalista mollose e diga canta xente iba en cada manifestación que non pasa nada por ser mais ou menos nun lado ou no outro, ou é que a determinada xente doille que CCOO e UGT non tivesen a iniciativa. A folga convocarona CIG CUT CNT e CGT os outros adherironse (benvidos por outro lado)

    2

    Por Coruñés: Sobre a unidade sindical eu particularente con sindicatos pactistas que nos venden a diario...non obrigado. Por certo señor xornalista mollose e diga canta xente iba en cada manifestación que non pasa nada por ser mais ou menos nun lado ou no outro, ou é que a determinada xente doille que CCOO e UGT non tivesen a iniciativa. A folga convocarona CIG CUT CNT e CGT os outros adherironse (benvidos por outro lado)


    6

    SantiBurrínguez

    Tamén en Vigo a folga foi seguida masivamente. A xente di que xa está ben de políticas neoliberales y, bueno, por exemplo o BNG dirixido por min en o concello finalmente conseguiu que fosen aprobados unhos orzamentos adecuados para a nosa cidade. Eu creo que en as próximas eleccións o BNG vai a ter unhos resultados brillantes porque despois de esta folga y estas manifestacións con todos estos miles y miles de manifestantes, a cousa está caralluda. Todavía en estos momentos Vigo se mantén paralizado y casi ningún comercio ou cafetería abre, y todo gracias ao BNG y a min, que como vedes manteño ben alta a bandeira da normalización lingüística do galego con acento de Chamberí. jajajajaaj


    5

    LUA

    GRANDE A MANIFESTACIÓN!!!!!!!!!! EU ESTIVEN ALÍ, DENDE A PRAZA ROXA ATA A QUINTANA, MOITISIMAS PERSOAS!!!!!!! GRANDE!!!

    6 respostas
    1

    Por Xoelho: Lúa, vou traducir ao castelán o que ti dixeches: GRAN MANIFESTACIÓN!!!!!!!! YO ESTUVE ALLÍ, DESDE LA PLAZA PELIRROJA A LA QUINTANA, MUCHÍSIMAS PERSONAS!!!!!! GRANDE!!!!

    2

    Por LUA: porque o traduces??

    3

    Por Xoelho: Tradúzoo porque é un_a vergonha que a estas alturas esa praza continúe a chamarse "Praza ROXA". Chamáronlhe así porque as mentes deses políticos locais, incluíndo os "nacionalistas" pensan en castelán e querendo dicir "Plaza Roja" non souberon pór "Praza Vermelha" en galego, ignorando que "roxo" en galego é outra cousa, mais o peor de todo é que a estas alturas aínda non rectificaron, e logo moito falan de "normalización lingüística".

    4

    Por eutrio: É cuestión de tempos: primeiro paremos o golpe de estado da patronal e despois revolucionemos o imaxinario compostelán ;) Foi un éxito dxs traballadorxs e non nos vén nada mal para afrontar os tempos duros que aínda han vir peores coa dereita subida na parra.

    5

    Por ,,,: é "ROXA" porque é "comunista" de toda a vida, Xoelho, listo, langrán... está tomado da Rusia soviética, ten uns antecedentes históricos...

    6

    Por Xoelho: A ver, burrinho, colhe un diccionario e mira cal é a traducción de "rojo" ao galego. Dá igual se falamos de política ou de artes plásticas. "Rojo" é VERMELHO ou, se queres, VERMELLO. Nunca "roxo", que iso significa outra cousa, entre elas "pelirrojo". En portugués pasa exactamente o mesmo. Chamar "roxo" ao que é vermelho é pura e simplemente un castelanismo.


    4

    galegoexiliado

    Bueno, ahora hai que comenzar a folga de verdade. A folga contra esos pequenos empresarios e autónomos, tendeiros e taberneiros, sempre insolidarios coa clase obreira, que se negan a pechar os seus negocios pois creense grandes empresarios, e á chusma obreira so a queren como clientes. Non hai que obrigalos a pechar, non, hai que tomar nota e non gastar os nosos cartos nos seus negocios. O inimigo da clase obreira non só está na Moncloa, está tamén ao teu carón.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button