Por tal motivo, Mariano Rajoy, sabedor que estamos no tempo da reconciliación, como lle chaman os cregos, lanza a pintoresaca e inxusta idea de propoñer un perdón fiscal para todos os defraudadores, especuladores, mafiosos de negocios pouco claros, que estiveron roubando ao fisco, e darlle a posibilidade de que legalizen ou blanqueen os cartos en negro que teñen agochados, como dicía o Sr. Oubiña, na vija.
Manuel H. Iglesias
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Cicais se fósemos como debiamos ser (cidadáns) non teríamos tanto tempo para as lerias de salón e xa estaríamos a organizarnos coma Sociedade Civil a prol da Desobediencia Civil! Supoño que ao Tribunal Europeo gustaríalles ter coñecemento destas AMNISTÍAS á carta... e mentres a Deus rogando e co mazo dando: poderíamos reclarmarlle a Montoro as devolucións correspondentes ao exercicio fiscal 2011 (todo o que temos que facer é RESISTIR e ORZANIZARNOS á marxe dos partidos políticos que miran cara aos seus intereses, coma sempre!) Polo menos deixaríamos de ser "colaboracionistas"! http://galiciaconfidencial.com/nova...
Seguimos cos canticos populistas que non levan a ningures. Saúdades de canto de cisne ó estado de benestar que nunca mais voltará. O inxusto é o sistema, non velo así e percurar alternativas a este sistema esgotado, só afonda na demagoxia. A amnistia fiscal prós defraudadores oligarcas, antes foi proposta polo SOE. Nun mundo globalizado, dentro da zoa euro, o que non che da capacidade de intervención sobre a moeda, nun mundo de paradisos fiscais por doquier, non tes moita marxe de maniobra. A medida vai mais contra a fuga de capitais, ante unha próxima intervención da nosa economía, que nunha captación do diñeiro negro. Hai que lembrar cos magnates gregos teñen tan só na banca suiza 400.000 millóns de euros, suficientes pra pagar varias veces a debeda grega.
Por Gamela: Non sei se os gregos teñen ese diñeiro na Suiza, pero o que sí sei é que o lobby do ladrillo aínda non "perdeu o seu capital" e pola súa culpa estamos a "rescatar bancos" cando deberamos estar a facer expropiacións forzosas das súas propiedades devaluadas! Se o Goberno PP quere poñer o contador a cero... por qué non comeza valorando as propiedades no seu xusto prezo de mercado? (xa que aman tanto o libre mercado, ben podían comezar por eles mesmos... e non facer xusto o contrario: amnistías fiscais para o diñeiro negro que se moveu en España durante os anos de "bonanza económica" (case mellor deixalo en Bonanza e a súa Ponderosa particular). O sistema somos TODOS, e senon facemos algo CONCRETO seguiremos pagando as facturas durante moitos anos máis! Saúdos.
Por Antón: Gamela, se o goberno racha as reglas dos mercados, e pon precos fixos, eso sería socialismo, non capitalismo. As expropiacións forzosas, dentro do actual sistema, provocaría a desvandada e fuga de capitais. Pra facer as debidas expropiacións de sectores extratexicos, terías que avanzar cara outro marco diferente do actual, empezando por abandoar o euro.
Por Antón: Gamela, se o goberno racha as reglas dos mercados, e pon precos fixos, eso sería socialismo, non capitalismo. As expropiacións forzosas, dentro do actual sistema, provocaría a desvandada e fuga de capitais. Pra facer as debidas expropiacións de sectores extratexicos, terías que avanzar cara outro marco diferente do actual, empezando por abandoar o euro.
Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting