Pouco importa que unha familia remate na ruína. Pouco importa que este ano non poidan pagar a matricula da universidade da filla, por si lle fan falta os cartos para cubrir os gastos do avogado do usurpador, en caso – nin tan improbable – que as leis deste decadente e desnortado país lle neguen a razón e teñan que cargar con tódolos custos xudiciais. Pouco importa que para abrir unha pequena empresa familiar haxa que pasar moitas necesidades namentres se aforra para o investimento inicial. Pouco importan tódolos esforzos e sacrificios do pequeno empresario, nesta nosa decadente sociedade a víctima sempre é o empregado. Sen máis análise. Sen máis consideracións.
Xoán Vázquez
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Resposta: Cómo se pode explicar que o país co maior número de desempregados de Europa tamén sexa o primeiro en absentismo laboral, imposible. Agachar iso detrás dos desfalcos bancarios é caer na gaiola de pensar que con dous tortos podemos facer un dereito. Pois non, máis ben todo o contrario: se roubamos porque outros rouban e outros rouban porque roubamos, en fin, está claro a onde leva iso. É aí a onde queremos chegar? Ese 6% de absentismo está a definir ao outro 94%, inconcibible. E por que? Porque aínda cando é completamente impresentable que o país co maior número de desempregados tamén sexa o primeiro en absentismo, moito máis impresentable é que aínda haxa que defenda ese nefasto comportamento. Ese é o punto. Esa tolerancia, case xustificación daqueles comportamentos que a todos nos degradan. Esa é a gran diferencia entre nós e a maioría dos europeos, esa absurdeza de crer que eses irresponsables son os auténticos heroes do século 21.
Por Delirante: Si ho estamos sufrindo a peor crise en décadas polos desfalcos bancarios, a gran diferenza co norte de Europa é que o réxime español é na práctica un paraíso fiscal para os ricos e a culpa é... de que un 6% de funcionarios chegan tarde ao traballo!
Por Xoán Vázquez: Non nos obsesionemos cos funcionarios. Os funcionarios veñen da mesma masa social cós demais. Entre nós hai un defensivismo enfermizo no tema dos funcionarios, tanto que francamente xa repugna. O problema do absentismo está xeneralizado, endémico, sen diferenzas notables entre o sector público ou privado. Exemplo: a fábrica de Ford en Valencia ten tido ata 8 veces máis absentismo cás de Mazda no Xapon. A diferenza, dúas culturas laborais moi diferentes. Ese e o punto. Se queremos saír da esterqueira na que estamos metidos temos que proxectar unha imaxe de xente seria e productiva, ou o investimento pode sufrir, e moito.
Por Certo certo: Que si home que si que todos xuntos os que chegan tarde ao mellor rouban un 1% do que rouban os banqueiros. Falemos do que de verdade importa. Absentistas malos! BNG malo!
Por estatua da libertade: Douche toda a razón Xoan, ahora como ti mesmo dis no fondo é unha custión de valores sociais. E a sociedade sabe certamente que moitísimos funcionarios entran de compadreo e que os banqueiros, aparte de terriblemente endogámicos, son esencialmente incompetentes e corruptos. De ahí, ese apático absentismo. Non quero nin falar do desaxuste do Reino de España, coa sua camarilla, co proceso de xestación política dos EEUU de Europa. En España vivimos nun feudalismo financiero e funcionarial.
É evidente que os parásitos non son os banqueiros que fixeron desaparecer miles de millóns e aínda piden máis. Os parásitos son os funcionarios, claro que si, que nin polo traballo pasan como sabe todo o mundo que encendese alguha vez Intereconomía. No albo, si señor.
Por S.A.B: onde di que é culpa dos funcionarios?
Por Máis ou menos: Funcionarios, traballadores que teñen o vicio de ir moito ao médico e coller moitas baixas, a culpa é de todos nos, que somos moi vagos. Menos dos especuladores e dos banqueiros, a culpa da crise provocada pola especulación banqueira é de todos.
O exposto moi ben, máis cabería preguntarse, por qué tanto relato contra o autoodio ou odio simplemente ao pequenoburgués, pequenoempresario de lombo esmagado, e a incomprensión das clases traballadoras. O de "clases traballadoras" con retranca. Cabería preguntarse que pensa o autor do INMENSO FRAUDE FISCAL das grandes e pequenas sociedades mercantís. Tanta vale para un como para outro. Non lle parece que tan reprobábel é que moitos asalariados larguen de boquilla o seu noxo polo empresariado e ao mesmo tempo lle dean o goberno en Catalunya a CiU e no Reino ao PP?
Por Bruar: Vostede equivócase, sinceiramente, pasa por algo os últimos 35 anos. Eses anos nos cales a cidadanía quixo coller o mellor da socialdemocracia (véxase todos os anos que gobernou F.Glez.) e ao mesmo tempo non perder o peor aspecto dos 40 anos de longa noite de pedra da dictatura, por non ir máis atrás e falar de facer as Américas (si me permite a licencia como no seu caso). Pouco despois da chegada dos Austrias e xa, dende logo, todo o reinado ta tontemia dos Borbóns, pensábase que para mellorar chegaba con facer as Américas. Iso acabouse fai moito tempo ainda que inconsciente colectivo ainda non teña asumido no 2012.
Por Bruar: Califica e ao mesmo tempo insulta aos sindicatos (de clase), ben é sabido que o camiño dos sindicatos leva errado unha ducia de anos, e máis agora. Non cabe éxito dos sindicatos de clase cando a clase obreira está confundida e ignora o que representan. Os sindicatos antes dun lustro serán ferramentas sectoriais e non de carácter xeral, iso é evidente, pero para iso ainda faltan uns meses ou anos. Quizáis eu estou equivocado, pero por iso vostede cita como carácter intrínseco ao "sindicato" o de "mafioso". Non hai outra saida, fágame caso. O problema é do proletariado pero esa maré proletaria ainda non é consciente. Para ir rematando, isto non é un problema de conceptualidade da sociedade, que cos seus moitos erros non é un ente antiempresarios, é que tanto aos proletarios como aos empresarios lles falta vivir o que estamos vivindo
Por Bruar: A masa, termo erróneo, a cidadanía, ten capacidade para reaccionar e iso verémolo cando o pior da crise sexa rebasado na UE. Actualmente ainda non estamos nese estadío. Non é nin de lonxe que a cidadanía mereza ser salvada, a cidadanía terá que escoller o seu camiño e ese camiño non virá da man do liberalismo que trascende no seu artigo. A cidadanía terá nas súas mans e nos seus votos escoller o que quere ser, agora mesmo xa sabemos o que profesa: odio ao sindicalismo de clase e ao burguesismo que previrte o sistema social coa defraudación de impostos. O camiño é simple: para sair adiante ESTADO DO BENESTAR, ou o que é o mesmo, chega xa de escusas, os que máis teñen terán que pagar impostos dacordo ás suas rendas e os que o necesitan recibir o necesario para levar unha vida con dignidade.
Un cidadán calquera co sentido común en activo, asume como propio o contido do teu artigo, tanto pola súa argumentación expositiva como pola súa contundencia crítica. O que ocorre, é que esqueces que coa reprobación do complexo modelo de país , tan só quédache o corpo a gusto por despacharche ás túas anchas, pero fóra diso, a validez é nula, pois estas deixando mal parada á maioría social (non esquezas que os vagos e maleantes gáñannos en número), e nunha democracia, por prefabricada que sexa, imponse a maioría, é dicir , eles....... Hai un formato alternativo para cambiar a situación, esperar que chegue outubro que é o mes por excelencia para facer a revolución, pero pola miña banda penso que deben ser outros quen vaian ás trincheiras. Seguro que os da UPG apúntanse de camiño
Vou facer un acto despreciable, opinar sen leer, e bastante favor che fago, non te lee nin dios, por algo sera
Por Aristóteles: O desprezable es ti. O autor comete algún pequeno erro de mezclar churras con merinas e sacar algunha conclusión errada, pero tampouco vai moi errado nalgunha cousas que seria longo comentar aquí. Se non queres ler estas cousas cala, pero non sexa necio, nen maleducado, Capicci.
Por 5vyf: O autor non aporta nada, a non ser dar unha visión online dunha sociedade na que non convive, imaxina dende o seu exilio no corazón da gran mentira democracia-ocidental, feitos dos que non tén nin idea, e poñome a súa altura, ao valorar o seu artigo sin leelo porque e o que el faí, opina de oidas, intenta intuír a realidade estando a anos luz dos que viven isa realidade, por outra banda, non gastes moitos esforzos chamándome desprezable, xa me autoinsulteí eu antes, agora si así te sintes mellor...dalle Aristó ( o de non poñer o "teles" é por isa horrible moda de minimizalo todo, A Coru, O Pe, El Glam, o xoú..ala chao
Nado en 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son. Con 17 anos emigra aos EE.UU. Estuda informática na Kean University. Actualmente exerce de informático en New Jersey. O seu blog: http://xoangvazquez.blogspot.com/
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting