Rafa Cuíña marcha do PP

Por Galicia Confidencial | Lalín | 14/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O comentarista politico e empresario Rafael Cuiña abandonou a mililtancia no PPdeG. "Deixádeme que utilice as redes sociais para comunicar a miña modesta baixa de militancia no Partido Popular", escribiu esta mañá no seu Twitter.

GC adiantou en exclusiva que Cuíña, colaborador deste medio e doutras cabeceiras, era un dos persoeiros en diálogo para crear Acción Galega. Nesta plataforma de galeguistas tamén hai destacados ex-altos cargos do Bloque como Teresa Táboas (ex-conselleira) e Xosé Manuel Pérez Bouza (ex-deputado). Acción Galega recolle así a unha parte dos ex-militantes da fronte  máis próximos ao centro no espectro político.

O anuncio de Cuíña confirma a posibilidade de que Acción Galega, na que tamén participa o comentarista político e avogado Pérez Lema, se converta nunha forza política de seu. GC informou en primicia tamén que xa houbo conversas entre esta plataforma e os irmandiños de Xosé Manuel Beiras, que traballa no "Novo Proxecto Común", proxecto que pretende reorganizar ao galeguismo que marchou ou que xa estaba fóra do Bloque.

Na súa labor como comentarista Cuíña foi crítico tanto cos conservadores, por exemplo pola súa desprotección do idioma propio, como co BNG, por exemplo pola suposta radicalización ideolóxica impulsada democraticamente pola UPG.

De confirmarse o seu salto á primeira liña política, é de agardar pois que o faga nas coordenadas do centro e do galeguismo. Sen cargos no PPdeG, mediaticamente Cuíña era considerado como un dos referentes da parte máis galeguista dos conservadores, como o fora o seu pai, antigo 'delfín' de Manuel Fraga.

Velaquí os seus artigos para GC.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511


Novas relacionadas


Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

153 comentarios
29

Vaquero

Pero quen é ese Cuiña fillo? Un aproveitado que non o querían ver no PP nin polo forro. Hoxe mesmo o propio Feijoo dixo, dexao ir, pra nos non precisamos de semellante axitador. O PP está de noraboa, por fín, marchase un estorbo, unha persoa que pretende que Galicia viva fora de Hespaña coma el gosta de chamar o noso país. Hoxe brindan con champagne a marcha dun traidor.

5 respostas
1

Por Xurxo: Xa se nota o contentos que estades e o indiferente que é.....

2

Por Robín das Carballeiras: Eu tamén digo que se nota o gran alivio que se respira no PP con ista baixa. É tan grande que esta pasando totalmente inadvertido; de feito aqui nadie esta a falar diste tema.

3

Por Akribéstaton: Estarão a falar do futuro de Conde Roa...

4

Por O muiñeiro da Serra: Vaquero, os do PP facemos unhas preguntas de Pero Grullo. Quen é Rafa Cuiña? Home, non foi Presidente da Xunta, obviamente, pero ao PP vaille facer moito dano a súa marcha. Pensa que antes de irse estou seguro que fixo algún tipo de enquisa entre os que coma el pensan nun PPdeG de verdade. Feijóo, que vai dicir? Aceptar que lle proa a marcha de Cuiña? Home, non. Iso nunca, antes faise o harakiri. Que pasaría en Lalin se cuiña se presenta para Alcalde? Non lle restaria votos a Crespo? Penso que bastantes; polo menos os que deben a seu pai moito do que son nestes momentos. Caciquismo, dis, Pode, pero así funciona o Pais. Ignoralo é de suiicidas políticos.

5

Por Robin das Carballeiras: Muiñeiro da Serra: Fas unhas reflexións intelixentes e cheas de sentido común que ademáis son máis que certas. Se esto vai adiante tí seras un vatante, estou seguro.


28

mk__

Estou longe ideologicamente do Cuinha, de Mais Galiza e da praxis do BNG. Mas, mentres tentem trabalhar porque Galiza sega existindo no s. XXII, ainda sem ser a minha proposta, nom os vou condear a priori. Nom se ganha nada fazendo-o. Que trabalhem, que com menos do 7% de nacionalistas (ou galeguistas ou coma queirades chamar-lhe) neste País, o futuro nom é negro, e que nom vai haber. Se crem que há outros caminhos a explorar, avante. Ao final, no caminho atoparemos-nos... (ou ao caróm ou enfronte).

4 respostas
1

Por Colebra: O falar non ten cancela...Vai calando que estás mas lindo!

2

Por comento: concordo con mk_. Gostaría que os de centro, os de AG fosen por unha parte e o NPC por outra. A esquerda plurar e nacionalista en NPC e o centro galeguista por outra; sería o mnellor para o país.

3

Por mk__: Ai colebrinha!!! O mau deste País é mesmamente esso. Que nom se fala, monologuea-se. Que quem nom está comigo, é o meu enimigo... e mira tí, que a vida nom é em branco e negro, ainda que moitos vos gostaria que assim fôsse. Eu coma nom tenho a varinha para saber qual é o caminho bó, nem tam sequer se só há um caminho, polo menos nom lhes ponho paos aos eijos dos demais, ja que que eles nom avancem, nom fam que eu vaia mais longe. E falar, ei falar, mal que lhes pesse aos autoritários (de dereita ou de esquerda) de pensamento único.

4

Por Un vello galeguista: Os que xa levamos o cabelo branco dende fai moitos anos e tivemos contacto directo coa poboación das cidades e das aldeas sabemos ben que a socioloxía galego non re4sponde a un único patrón. Existen moitas "galicias": de esquerda, de dereitas, tradicionais sen adscrición política pero sempre moi conservadora, etc.Tratar de meter todo este abano de pensamentos nunha única fórmula como pretendeu o BNG non podía rematar doutro xeito. Son precisas varias ofertas nacionalistas. Os nacionalistas non somos homoxéneos.Coincidimos no principal pero non nas mesmas fórmulas para logralo.


27

Costadamorte

Lamento ter que desfacer ise número tan bonitiño de 69 comentarios a ista nova!... A cuestión que prantexo é: Cuiña deixa o PP... Soíño ou en compaña de outros?...

3 respostas
1

Por Ruano: Tenía pensado ir contigo, pero después de leer esta parida decidió dar marcha atrás

2

Por Rayleigh: Costa...vexo que non son o único que pensa o mesmo..e co mesmo falabarato pegado a quen lle molesta este tipo de preguntiña. Benvido o clube!! :)

3

Por Hamlet: Costa, Eu tamén me fago esa pregunta, hai alguén detrás do Cuiña?...Nalgures tamén se está a dicir que no psoe poida haber outro "caso Cuiña"...Por certo, coñezo a túa teoría das "3F", que opinas dunha 4ª dirixida cara o pp?


26

A Porqueira

Se o futuro pasa por Pérez Bouza e Pérez Lema, apaga e vámonos¡


25

Pastelao

Digovos eu que no PP hoje não vam pegar olho... Quantos centos de miles de votos se leva Cuíña para o novo tinglado de Beiras?

4 respostas
1

Por Carraxe: Ogalla que moitos, prefiroos no tinglado de Beiras antes ca no PiPi.

2

Por Ruano: Pastelao:De cosas políticas es mejor que no opines, no es tu fuerte, no se te nota con cualificación para hacerlo, tocas de oido y por encargo y eso te merma neutralidad..... El PP el la elecciones próximas, ademas de la mayoría absoluta que hoy tiene, increnmentará en 7 el numero de diputados. Habla de otra cosa hombre, no te mentas en danzas, cuando no eres capaz de mantener el equilibrio.

3

Por Carraxe: 45 escanos o PP jajjajajj Soñas esperto non meu rei, se conseguen manter os 37 que den grazas a Deus.

4

Por Guillermo Rodríguez Fdez.: Ruano, para mostrar a túa disconformidade con Pastelao non é necesario que lle chames borracho. As discrepancias políticas poden entenderse e defenderse respectando sempre ao adversario; en caso contrario perden todo valor informativo e formativo.Deféndete pero sen insultar, vale?


multiple image
 
quen somos button
introgcplus button