Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/04/2012
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O futuro político, o das novas forzas políticas nacionalistas alén do BNG estase virando máis complicado do que cabía esperar. Dacordo en que non chega a dous meses o debate, pero parece cada vez máis claro que haberá duas posicións. Unha a do EI e outra a AG. Os que estamos espectantes non sabemos moi ben como vai vir o futuro pero si non hai acordo o nacionalismo galego-galeguismo presentará tres forzas políticas ás próximas eleccións galegas. Isto é inesperado. Haberá que estar atentos aos próximos movementos.
Por demoscopio: Haberá unha única forza, a do BNG, e logo haberá oito listaxes (EI, FPG, NOS-UP, PNG, Máis Galicia, Converxencia XXI, Partido Galeguista, Terra Galega, Coalición Galega, e Acción Galega que só servirán para regalarlle a maioría ao PP ao non chegar ningunha delas ao 5%
Por Roi Xordo: É que das varias escisións só hai unha que teña lóxica política: a de Accón Galega. Pois procura un espazo realmente distinto: unha Coalición Galega rediviva, e algo máis progresista (ou sexa, sen o sector rural do finado Díaz Fuentes). Os demais carecen de toda xustificación ideolóxica, debéndose a problemas persoais, nos que os escindidos teñen se cadra máis razón que os bautististas, pero que diante da sociedade non xustifican a escisión, máxime porque a UPG tampouco vai ir ás eleccións en plan comunistoide megaradicaloide, senón cun programa do BNG de corte socialdemócrata avanzado. Por iso segue a ser incomprensible o aldabonazo de Beiras e mailo seguidismo de Bascuas. E se cadra isto explica o enfriamento da escisión, e que moitos que inicialmente non marchaban porque de entrada non se atrevían, arestora fican dentro porque o que ven fora comprenden que é unha trapallada.
Coñas a parte (ou sexa trolls da UPG/MGS), o certo é que o tratamento que lle dades en Galiciaconfidencial á escisión dentro do BNG ás veces é pouco serio. O de Esquerda Nacionalista sería obxecto de crítica por calquera medio serio, pois parece de coña marchar de onde xa marcharan hai dous meses, para entrar onde xa entraron hai TRES ANOS. A noticia está nas posibles desavinzas que subxacen na non presenza de Beiras no acto malia estar expresamente anunciada a súa intervención (acabo de velo na Web de EN). Parece que Beiras non está pola labor de que Alberte Xullo encabece o Novo Proxecto Común por Lugo.
Por Roi Xordo: Por certo, ¿por qué ninguén comenta que os de +G de Vilaboa abandonan +G para "reingresar" no BNG? Isto si é novedade: xente que se escinde dos escindidos para volver ó lugar do que marcharan. Tamén amosa a confusión inicial de moita xente.
Por Torrado Fiquei: São muitos os que volvem para o BNG, não só em Vila Boa. O de organizar um acto no Gaias, de traca.
Por Roi Xordo: Tampouco creo que sexan moitos os que volten neste concreto intre. O do Gaias sonvos cousas de EN, que para marcar a diferenza non sabe que facer, aparte de defender as imposturas do Likud israelí, que mada chover na Habana.
Aclaremos:No acto estiveron presentes, entre outros (..) e outra personalidades como Rafael Cuíña. Este, o que se di, personalidade, personalidade, non é. Máis ven é unha persoa. En comparación, personalidade son eu, modestia a parte, 1,97cm de estatura e 125qilos de peso. Cuiña, nin iso. So Cuiña.
E o fillo de Cuiña dicindo que marcha do PP porque añora a época de galeguismo cordial do fraguismo. Entre esta frase e a de Bascuas na que dixo que marchaba porque o BNG era demasiado nacionalista e de esquerdas, máis o transfuguismo, o Vello Proxecto Parcial nace xa morto.
Sexamos serios: EN é un colectivo de catro amgiuetes que se mantén vivo ad maiorem gloriam de Alberte Xullo e Chorén. Integrouse hai tres anos en +G, e abandonou o BNG hai un par de meses, pero agora din que abandonan o BNG para se integraren en +G. Chorén, estás de coña ¿non si? A verdadeira nova é que montaron o acto para escenificar que Beiras perdoaba a Alberte Xullo, e ó final Beiras non foi perdoar a Alberte Xullo, para desacougo deste e do seu fidel Sancho Panza.
Teño oido que a nova é que EN cumpría 20 anos, que renunciaban ás siglas de "Esquerda Nacionalista" para deixar camiño libre ás persoas que a formaban, sen se agrupar per se en ningún grupo, é máis creo que ao final non ingresaron en ningures, algo que confirmaron aos medios de comunicación ás dúas da tarde de onte.
Ostrás.... EN deixa o BNG?? outra vesss?? Vaites, a semana que ven volven deixalo os do EI, logo o PNG, despois outra volta +G, de novo EN, os do EI outra vez, o PNG, +G, asi semana tras semana... Debe ser ó que leva o copia e pega.... Xa está ben, non??
... non entendo de política, mais vexo que a esquerda non acouga, e teremos PartidoPútrido para rato, que basura ...
Por outraesquerda: A esquerda, que esquerda? Estes benditos e os do BNG ou os de IU son tan de esquerdas coma ti sen papeis! Moita farsa, iguais de podres que o auténtico PP, ou máis, por farsantes.
A Galicia Confidencia debeuselle escapar a nova da rentree de EN de novo no BNG,porque non se marcharon xa fai algun tempo? por favor repasade os vosos archivos e asi non meteredes tanto a pata.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting