Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

144 comentarios
51

Larchán

É abraiante o nivel de frikismo que concentra o Confidencial! xa se asemella a parada dos monstruos. Cousas de abrirse a frivolidade.

1 resposta
1

Por comento: Larchán, me parto!! O que hai é senso de humor, como non podía serd outros xeito...É que o TeT éche muito boa revista de humor, facendo uha férreea competencia a EL Jueves.... Para frikismo todo o que está pasando no bng e como o B-Autista insiste en fumighar as asembleas con cloro pra que só fique a herba brava que há levar o país a ...Frikismo,dis....Si si si. Agora ben:eu son Aymercih, ou BEsadam ou Sandra, e xente así...e miraría todas as mañás debaixo do carro; e non bebería a agua engarrafada que me deseen na sede nacional.... bautista deixouno claro...ben clariño...


50

Generación Beat

Na UPG como na india as vacas son sagradas. Ese é un dos bois! eche un bo boi mira que cornea, moi listo non é pero cornear... Cornea que da gusto. Xd A solución para o futuro do país é o vértice que inclúa ecoloxía, o comunismo está morto, o capitalismo agonizando, a socialdemocracia non é máis que a dialéctica resultante do capitalismo e comunismo, está morta tamén. Que queda? Un mundo no que se coide a natureza e un mundo no que haxa respeto... Hai o BNG... Ese titánic á deriva, ese coloso ardendo, esa nube de fume que cornea pólvora, pois as magnolias rematáronse!

2 respostas
1

Por freud: o que están mortas son as tuas neuronas, paspán. Que cantidade de xili polladas fai decir a droga.

2

Por Generación Beat: Bo argumento si señor, unha medalla para o señor!


49

quediríacastelao?

Este señor amosa un nivel intelectual, de lóxica, de cultura política, de educación e de respeito que nunca pensei qeu se daría no eido nacionalista. Se iso é que fica no BNG.......qeu teña unha morte rápida e sen dor, por respeito ao que un día foi e hoxe xa non é.

1 resposta
1

Por Akribéstaton: Isso é porque não leste ou ouviste aos ex-ex-bng.


48

Ruano

Seixo y Carreira los dos de siempre: Que manía de entrometeros donde nadie os llama; que yo sepa me he dirigido a Bauti, y resulta que me responden dos loros incordiantes dándose por aludidos. Yo elijo el nivel del interlocutor y suelo no perder el el tiempo en bagatelas como vosotros . Pero como tenga que bajar a sacudiros, os voy a dar en firme para que no volvais por otra........ Ahora resulta que este par de pollinos quieren competir en el Grand National.


47

Bauti forever

caaaaaaaaaaña Bautista!...todo o que lles digas é pouco!!!...moqueteros do carallo!!!!...cobardes e traidores que quedan podrecendo dentro do BNG. Nin honra tiveron para liscar cando puderon.

5 respostas
1

Por nacionalista anti UPG!!: menos mal q tedes o dinosaurio este pa defendervos q o resto nn sabedes nin eso!!

2

Por Bauti forever: ti mesmo te defines: eres un "resentido"!...en vez de teres identidade "eres" algo por estar en-contra-de...e coma ti todos eses que pensaban que o BNG era un clube de opinión onde cada un fai o que que lle peta...pois NON!...hai ESTATUTOS que cumprir, cartas financieiras que cumprir,lealdades que cumprir e obxectivos que cumprir...así de fácil meu!...o que non o entenda ou non o queira entender...PARA A CASA!!!!!!!

3

Por nacionalista anti UPG!!: xa bas vendo ti os q pensan coma ti,cantos ides qedar na secta esa a finais deste ano??ha,ha,ha

4

Por Bauti forever: ese "bas" é con "v"...burriño, "resentido-2".

5

Por bauti pasmon!!: Ves intelectuales de pacotilla,fixadesvos no q nn importa


multiple image
 
quen somos button
introgcplus button