Repugnancia (Carta Aberta a Conde Roa e Leo Bassi)

Señor Conde Roa: dixo vostede que o gran clown Leo Bassi lle produce “unha especial repugnancia”. Engade ademais, para rematar a faena (vostede que é tan dado ós símiles taurinos) que o bufón italiano non ten nada que “achegar á cultura de Santiago”. Será porque os seus ditos e feitos, as súas actitudes, e a súa longa traxectoria política e persoal, teñen moito exemplo que dar en canto a “limpeza”, e moito que achegar á cultura e á cidade.

Por Jorge M.de la Calle | Compostela | 16/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

 Repugnancia, señor Conde Roa, é que, mentres vostede non pagaba deliberadamente a Facenda uns 291.000 euros de nada, co fin de rematar as súas promocións inmobiliarias (recoñecido por vostede mesmo), lle negara ao tempo á sala NASA unha cantidade ínfima comparada con a súa, imposibilitando a actividade da outrora sala de teatro privada máis importante de Galicia, e afogando un pouquiño máis esta profesión. Noxo dá que mentres vostede non estaba ó tanto das súas obrigacións fiscais, o seu partido no goberno de Galicia levara a cabo dende 2009 un recorte de entre o 40 e o 70% nas axudas, necesarias para calquera outro sector e que este mesmo goberno escatima ás xentes do teatro e en contraste dispensa de forma despreocupada e sen límite a medios de comunicación da súa querencia; todo isto, mentres pechan salas, se disolven compañías de teatro por non lles pagar nin sequera o que lles deben por actuación, e familias enteiras van ó paro e non teñen que comer. Abondaría con que pagara vostede o que debe ó Estado, e se endebedara coa banca e non cos cidadáns, para que se tapase máis dun cuarto do buraco que teñen aberto nos estómagos da profesión.

 
Repugnancia produce que mentres chamaba “terroristas” (ou “cómplices”) a Xesús Ron e demais responsables deste espazo de liberdade e creación, empregara métodos autenticamente terroristas para desaloxar a Sala Yago, terror policial. Mais Xesús Ron trunfou nos premios que concede o seu gremio, mentres que vostede vive os derradeiros estertores dunha vida política rematada e a resaca dunha maioría absoluta inmerecida e mal levada.
 
Repugnancia suscita que, mentres que a AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais), que rexenta o seu partido, lle debe ás compañías de teatro nin máis nin menos que un millón de euros, aos mesmos que pagan os seus impostos pero chama “subvencionados”... noxo dá que, mentres solta todas esas perlas, lle deba todos eses cartos a Facenda, e nin sequera teña a dignidade de comunicalo.
 
Repugnante é que chame “mamón” e “maleducado” a un dos mellores iluminadores da escena en Galicia, Baltasar Patiño, e escureza de súpeto unha ópera como O Barbeiro de Sevilla cos seus modais de matón de barrio baixo e a súa incontinencia verbal.
 
Repugnancia produce que mentres chamaba “terroristas” (ou “cómplices”) a Xesús Ron e demais responsables deste espazo de liberdade e creación, empregara métodos autenticamente terroristas para desaloxar a Sala Yago, terror policial. Mais Xesús Ron trunfou nos premios que concede o seu gremio, mentres que vostede vive os derradeiros estertores dunha vida política rematada e a resaca dunha maioría absoluta inmerecida e mal levada.
 
Noxo dá, alcalde, que desprece á cidadanía de Compostela negándolle a actuación dun artista tan querido e respectado como Leo Bassi nun recinto público e, polo tanto, non seu nin do seu partido, senón de todas as persoas que estamos aquí empadroadas, e logo por riba sexa tan pouco intelixente de negarlle tamén a sala de prensa do Concello, que emprega sen embargo para explicar os seus farrapos suxos persoais con Facenda (e de paso facer publicidade do seu “chollo” inmobiliario).
 
Noxo suscita que diga que lle produce “especial repugnancia” Leo Bassi porque fai rir e emocionar desafiando a censura, o medo e a vergoña, mentres vostede fai rir por non chorar, desafiando non só a vergoña, senón o sentido do ridículo e o gusto e a sensibilidade estética cun baile de nadal que debía ser censurado polo menos para os cativos non ter que presenciar tamaño espectáculo (e de paso evitarlle o mal trago ós seus pais). Ou vestindo un traxe “tradicional” e simulando un apoio falso, farisaico, á cultura galega, máis folclorista e anecdótico, de revista do “colorín”, que real, mentres vostede e o seu partido sustraen centos de millóns a esa mesma cultura que din representar.
 
Noxo produce, alcalde, que desprece á cidadanía de Compostela negándolle a actuación dun artista tan querido e respectado como el nun recinto público e, polo tanto, non seu nin do seu partido, senón de todas as persoas que estamos aquí empadroadas, e logo por riba sexa tan pouco intelixente de negarlle tamén a sala de prensa do Concello, que emprega sen embargo para explicar os seus farrapos suxos persoais con Facenda (e de paso facer publicidade do seu “chollo” inmobiliario). Mais Leo Bassi trunfou onte con dous espectáculos cheos ata arriba de xente, e trunfa aí por onde vai, mentres que a vostede non o coñecen fóra máis que os xornalistas franceses que non dan crédito a que exista un político que censure tan descaradamente como vostede.
 
Noxo xenera que lles dixera ós cidadáns e cidadás pacificamente asentados no Obradoiro para protestar e concienciar á sociedade que daban “mala imaxe” ao mundo, cando a peor imaxe a dá vostede coa súa particular forma de entender non só a política, senón os seus máis elementais deberes cidadáns. Será que prefire ós pés negros os buracos ídem? Ou que prefire “okupar” a Casa do Concello, que non lle pertence, máis cómoda e quentiña, a que a xente cun mínimo de conciencia que non o votou “okupe” a praza pública recordándolle que aí está para algo máis que satisfacer o seu ego?
 
Noxo é que, mentres aos artistas lles nega e debe tanto diñeiro, mentres son doentes de fame como antano os chamados “cómicos” da posguerra, gaste 8.000 euros en renovar o retrato duns monarcas españois que xa existía, por outra banda; e outros tantos en acondicionar unha rúa, inaugurala con todo tipo de bombo e platillo, e porlle o nome dun fascista (ó que para colmo o sitúa como máximo referente político seu), ou levante bustos de papas, mentres deixa que creza a maleza na ruela abandonada e sen saída adicada por outros a Díaz Pardo; ou que queira contratar oito novos altos cargos, cos seus correspondentes soldos estratosféricos, dietas e prebendas; ou a recalificación da finca do Espiño, a destrución das brañas do Sar...
 
Repugnante é que, o mesmo día que o seu partido anunciaba o recorte de 10.000 millóns de euros en educación e sanidade, nunha nota e sen sequera rolda de prensa, vostede si a organizara pero para explicar con toda desfachatez e sen ningún rubor que debía 291.000 euros, que o sabía e que non llo dixo ós electores e nin sequera ó seu partido, e que non pensaba dimitir porque non cometera “ningún delito”. E que tamén o seu propio partido decrete unha amnistía fiscal para deixar impunes ós defraudadores, mentres anuncie unha lei para criminalizar a resistencia pasiva e as convocatorias cidadás... só falta que nos impidan manifestarnos na nosa casa, se é que a chegamos a ter algunha vez na nosa vida, e se é que non nola quitan, a dos propios pais por non poder facer fronte á débeda de por vida xerada por unhas hipotecas abusivas que me fan pensar en se non estaría ben negar calquera clemencia e establecer un tipo de interés máis alto sobre as débedas fiscais, embargándolles a casa e tódolos bens mobles e inmobles, materiais e “morais” ós individuos como vostede morosos do Estado que somos todos, comezando polo seu cargo político, impropio para un presunto estafador do Erario Público, dos petos de tódolos cidadáns. Vostede que non apoiou unha moción de Stop Desahucios para condonar a débeda dos que quedan no paro e sen poder saldar as súas hipotecas, non merecería non só perder a casa, senón quedar en débeda ad aeternum per secula seculorum, para ter algo da súa propia menciña? Ou é que ter sorte ou sangue azul (non en van é Conde de nacemento) e ter familia e amigos que lle axuden a un a pagar as débedas abonda para que un se salve do cárcere? Onde está a “igualdade ante a Lei” que predica o seu mentor Juancar I de Bribón (enténdase, o iate que tripulaba nos seus bos tempos)? Non será estraño que o Conde roia no ánimo da xente, na súa acepción da RAG “atormentar ou molestar interiormente”, e a sociedade se vexa obrigada a resistir pacentemente os seus abusos de poder, descalificacións e metidas de pata. Ah, non, que a desobediencia civil tamén está penada polo poder incivil. A Roa hai que roelo!
 
E case todo isto antes da Semana Santa (ciclo de “paixón” que debeu ser tamén para vostede, vistas as graves acusacións e finalmente imputación que pesan sobre vostede)... non é de mal cristián xulgar a palla no ollo alleo e ignorar a trabe no propio? Non dicía o seu líder espiritual que quen estivese libre de pecado, tirase a primeira pedra? Eu non o vin moi “católico” que digamos nestes días, e polo menos espero que se confesara antes de celebrar a “Pascua” nese bus tan pintoresco no que o levaron a Padrón. Aínda que non parece arrepentirse moito, cando dá unha rolda de prensa na que escurre o vulto, se xustifica e alega supostas teorías da conspiración contra a súa (maltreita) figura... Por que non predica co exemplo e expía os seus pecados dimitindo, que é o que ten que facer? Por que se aferra aínda máis ó posto? Até qué nivel de “repugnancia” ten que chegar para facer tal? Non se decata de que as súas actuacións, no peor sentido da palabra, si xeran repugnancia entre miles de cidadáns e cidadás?
 
Vostede despreza a Leo Bassi, Iván Prado, Xesús Ron, Baltasar Patiño e todos os artistas porque representan o contrario a vostede e os da súa caste: a liberdade, a tolerancia, a creatividade, o humanismo dos pallasos e as xentes do teatro, danza, circo e arte en rebeldía, a combinación de razón e sensibilidade que a vostede lle falta. Porque vostedes, politicastros, tristes actores con formas bufonescas, aparentemente moderadas e máis propias destes tempos descafeinados, pero igual de evidentes e sintomáticas, son os novos herdeiros dos fascistas de antano; vostedes son os fillos e admiradores dos que fusilaron a Lorca por ser unha mente ceibe, e buscar a ledicia e a plenitude humana; vostedes os fillos e admiradores dun tal Millán Astray, que dicía “que muera la inteligencia!!!”; e vostedes os que nunca condenaron nin condenarán os atropelos da ditadura franquista, mentres cometen os atropelos da ditadura dos Mercados, e demonizan calquera expresión de lucidez e liberdade. Vostedes son os que crean Cidades da Cultura abandonadas, mentres abandonan crear cultura para as cidades. Vostedes os que desprezan e non achegan nada interesante nin bo nin sequera indiferente, só dañino e letal, á Cultura. Como unha enfermidade repugnante, repugnante é o axente que as aniquila, non as vítimas que a sofren.
 
Repugnancia é o que produce vostede, alcalde Conde Roa, repugnancia é sinónimo de vostede.

Jorge M.de la Calle




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

72 comentarios
6

eusi

Pois eu penso q estabas mellor coa barba. Por certo... bo artigo.


5

Sabela

Parabéns polo cambio de foto, Jorge. Non era coherente a sensibilidade que amosabas coas mulleres con levar un símbolo do islamofascismo asoballador das mulleres. Moito mellor a camisola coa nosa gran Rosalía, abofé que si.

48 respostas
1

Por Nota do Autor (MoZ): Por alusións, Sabela: Penso, con todos os meus respectos, que confundes as "churras" coas merinas, ao asociar "palestina" con "Islam", e "Islam" con "machismo" automaticamente. Primeiramente, a "palestina" é un atuendo típico deses países, e non ten nada que ver co machismo. Supón iso si, en min, tanto algo estético como sobre todo unha chiscadela (guiño) ao pobo palestino e a súa loita.

2

Por MoZ (o autor): E hai interpretacións do Islam tan pouco machistas como a dos saharauís, que non son machistas por definición (haberá algún, pero o pobo en xeral non o é, e as mulleres cumpren unha importante función e están en igualdade cos homes). O que dis é tan incoherente como criticar a alguén que leve crucifixo (e o meu non é un signo relixioso, iso xa de entrada) porque a súa relixión é supostamente machista, cando non o é máis que a interpretación envelenada da Igrexa Católica. O motivo de cambiar a foto é soamente que estou mellor, e me sinto mellor nela. Graciñas polos parabéns, de todos xeitos :)

3

Por Sabela: Querido Jorge, asociar o Islam co pobo palestino non é mesturar nada "inmesturable" (ou que relixión teñen os palestinos?). E dicir que o Islam ten un grave problema coa muller é unha obviedade que non precisa maior argumentación. E non está precisamente no pobo palestino o Islam máis moderado: http://www.lavanguardia.com/interna...

4

Por Sabela: O levar crucifixo non é algo visíbel. E os palestinos do farrapo, que non son os "progres" de aquí (de "progres" non teñen nada) endexamáis aceptarían que alguén levase na súa terra un símbolo cristián visíbel. Por certo, xa imaxinaba que as razóns do cambio non irían polo tema que saco. Xa sei que os propalestinos tedes unha sensibilidade moi selectiva, e que aos palestinos sempre lles serán permitidas cousas que ardería Troia se as fixeran outros. Como son os "pobriños"... poden facer as barbaridades que queiran.

5

Por Sabela: Outra diferenza co cristianismo e que aquí non somos gobernados por leis clericais (por moito que o cristianismo sexa a relixión maioritaria). Os palestinos si que se rixen por leis clericais e teocráticas, e iso téñeno que acatar tanto os que queren coma os que non queren. Aquí se queres pasar da relixión, pasas dela e non vas ter problemas.

6

Por Akribéstaton: Sabela: o apoio ao povo palestiniano refere-se, para resumir, à ocupação dos seus territórios por parte desse ente criminal chamado Estado de Israel. Mais nada. Ou acaso é suficiente que um povo tenha "defeitos" para justificar qualquer acto para com eles? Apliquemos o teu "razoamento": pouco te importa a situação da mulher, só a propaganda sionista.

7

Por Sabela: Claro, Akribéstaton, todo propaganda: nos territorios palestinos a muller é completamente libre e non existen normas clericais que a restrinxan. E eu chúpome o dedo e creo nos Reis Magos. Parafraseándote, a ti non che importa nada a situación da muller e só che importa a propaganda islamista. Ves como é unha parvada o que dis? A min claro que me importa a situación da muller, e por iso non me gustan os islamofachas. Non creo que sexa tan incoherente; o incoherente é ir de solidario e esquecer a tantas vítimas. Incoherente e noxento. Os problemas que os palestinos teñan con Israel non xustifican as súas abstrusas e horrendas normas internas, que só dependen deles (non mestures "churras con merinas" como dicía Jorge).

8

Por Akribéstaton: Não mistures assuntos: a solidariedade com Palestina cinge-se ao conflito com o Estado de Israel. E tu, para afeiar essa solidariedade aduzes que os mais dos palestinianos são muçulmanos, etc. E quê? Em que empece isto o primeiro? Quem está justificando nada??? Manipuladora sionista.

9

Por Sabela: Tes que recurrir a Israel para intentar tapar o lixo palestino, pero este lixo fede tanto que xa non se pode tapar. Ti mesmo sabes que non podes defendelos se os analizamos illadamente; por iso tes que saírte do tema e sacar a Israel a relucir. Na porcallada teocrática que ía ser o estado palestino "segurísimo" que íamos atopar mulleres encabezando partidos políticos como en Israel, non si, manipulador islamo-machista?

10

Por Akribéstaton: Está ainda à vista tua primeira intervenção para que fique bem claro como começou tudo: criticavas ao articulista por luzir uma camisola com um símbolo referente a Palestina (não lembro a camisola) dizendo que Palestina=Islão (o que não é absolutamente certo) e Islão=Submetimento da Mulher (o qual também não é absolutamente certo). Mas a camisola refere-se ao conflito com o Estado criminal de Israel. Por outra parte, se tens ganhas de falar, em ambas equações o primeiro elemento não leva necessariamente ao segundo nem o segundo leva necessariamente ao primeiro. A respeito da mulher, por exemplo, os textos do Islão não são mais discriminadores que os da Torá.

11

Por Sabela: Non importan os textos senon as interpretacións. A "práctica" importa moito máis que a "teoría", e a práctica no caso palestino é fedorenta ata a naúsea. A túa saída e saír co comodín de Israel. Moi pobre. É como dicir que o maltrato das mulleres palestinas é pouca cousa porque os saudíes son aínda peores. Xa que me lembras o primeiro que escribín, aproveito para reafirmarme no que dixen. Ti queres aferrarte ao conflito con Israel? Pois perdón, meu amo, por lembrarme das mulleres palestinas. Iso pícache? Pois ráscate. E a observación que lle facía ao autor do artigo debíase a que este autor ten amosado unha grande sensibilidade coas mulleres: por iso parecíame pertinente facerlle saber que os seus defendidos non son precisamente os mellores aliados na liberdade da muller (por dicilo suavemente). Ti dirás que iso non importa, que só importa Israel e tal e tal... pero a min si me importan as mulleres palestinas.

12

Por Akribéstaton: E por quê precisamente palestinianas? Aduzes o mesmo razoamento quando alguém compra um electrodoméstico chinês ou vai de feiras a Tailândia ou fuma hachis marroquino? E se és tão hipersensível, não percebes as humilhações diárias às que estais submetidas as mulheres em Espanha? Por quê não é alvo de tua atenção a democracia em geral, no canto de te cingir à questão de "género" (tá bem assim?)? Tua pretensa (em realidade, hipócrita) preocupação pelas mulheres palestinianas não contradiz a solidariedade com a luta do povo palestiniano (varões e mulheres) contra o Estado criminal de Israel.

13

Por Sabela: Cando toca falar doutras mulleres asoballadas polo machismo, falo tamén. Non teñas dúbida. Neste caso cinxínme ás mulleres palestinas porque era o que viña a conto a propósito da peza que antes lucía Jorge, que por certo non era unha camisola como sospeitas; era o farrapo do demo que popularizou o terrorista Yasser Arafat. Agora resulta que unha non pode defender ás mulleres palestinas dos machistas palestinos... sen alporizar aos machistas propalestinos!!! Vai por aí, e segue a turrar contra Israel que iso ten moito que ver co que digo. Lóxico: non podes facer outra cousa que saírte pola tanxente porque sabes que o que digo é certo.

14

Por Akribéstaton: Não vês como fazes o teu labor de propagandista sionista (ao chamar "terrorista" ao Arafat): é o Estado de Israel o terrorista desde sua concepção, passando pelo seu nascimento e seu exercício constante, até a sua desaparição. // Por ventura as mulheres de Palestina não são parte de Palestina? Por ventura Palestina não é também as suas mulheres? // "Machista" por desvelar tua hipocrisia? Bom: não se pode dizer que sejas incoerente. // Lembro a prenda: eu nunca a pus, mas vi muitas mocinhas com ela sem qualquer sentido reivindicativo. Simplesmente gostavam ou associavam a símbolo de protesto juvenil. // Suponho que quando vês alguém com um jornal lhe chamarás a atenção por apoiar a prostituição. // Enfim: és tu quem prostitui a luta pela dignidade de todas as pessoas pondo-a ao serviço dos interesses do Estado criminal de Israel.

15

Por Sabela: As mozas que levan iso non saben nin o que levan. A moda é así de superficial. En fin, estaba claro que non podía espertarlle a sensibilidade coas mulleres a un filoterrorista islamista coma ti. E podes fartarte de baduar sobre Israel que iso non lle quita nin un ápice de verdade ao que dixen (e que manteño) sobre as mulleres palestinas que che gustaría silenciar porque o seu sufrimento é pouco cómodo para o teu discursiño (dun orixinal, por certo...).

16

Por Akribéstaton: Sabela, não posso continuar este debate porque tenho decidido desparecer do mundo internético, enfiando-me polo próprio buraco de onde sai a minha dialética (de) barata. Eu pertenzo a um mundo superior, e o meu fim e falar comigo próprio, porque assim ninguém poderá tirar-me a minha razão fecal.

17

Por Akribéstaton: Sim, a verdade às vezes não é muito original, como és tu com tuas frases e insultos feitos ("dun orixinal" !!!). Também não é a sua função. Tu tens tanta empatia com as mulheres que não te impostas em travestir-te. Enfim: parece que esqueces que foste tu quem passou da prenda em (pretensa) solidariedade com o Povo Palestiniano à situação da mulher em Palestina, como se isto justificasse a criminal realidade do Estado de Israel. Está bem lembrar o quid do assunto. Pergunta em Espanha aos que exploram mulheres no trabalho ou aos que as relegam a uma condição subsidiária (Igreja Católica) com quem simpatizam...

18

Por Akribéstaton: Daqui em diante, eu falarei e eu responderei, tudo para levar à exaltação da minha grande capacidade dialética, que se baseia na retórica intestino-lusista, de que eu são o grande (e único) mestre.

19

Por Akribéstaton: Antes de liscar por esse muito caro (apenas a mim) buraco, quero deixar constância de que venho de ser diagnosticado com um problema de personalidade bipolar, daí a confusão das minhas formidáveis mensagens ...

20

Por Akribestaton: o QUE ESCREVE NO Nº 16 é um conhecido sionista que utiliza multitude de alcumes: Gascon (sim, o Gasconcillo), ex-lusista, xavier andré, etc., etc. Bom, na realidade são dous irmãos de Ourense, bem leccionados por mim há um ano. E ai seguem, bem magoados.

21

Por Akribéstaton: Adeus, Sabelinha, se eu for trinta ou quarenta anos mais novo dava-te mesmo um beijinho, mas aos meus anos nem atiborrando-me de viagra, não a nada a fazer ... Atenciosamente, Akribéstraton

22

Por Akribéstaton: 16-18-19-21 são deposições do sionista Xosé Oterito.

23

Por Akribéstaton: O que escreve em #20 não sou eu, quero dizer, não é o verdadeiro akribéstaton, senão um que se chama Gascon Brigo. Bom, de facto são três gêmeos (ou trêmeos?) sionistas. O verdadeiro Akribéstaton sou eu, Pedro bravo López, professor num IES (não me lembro do nome) de Arteijo. Não se confundam, o que levou a tunda fum eu!

24

Por Akribéstaton: O que escreve em 20 e 22 NÃO SOU EU. É um triplo agente sionista alcunhado Quissonde, Otero, Ben gurion ou Jackal, segundo o foro internético em que estiver, tenham cuidado. O autêntico Akribéstaton é facilmente discernível, pela sua superior dialética lusisto-intestinal.

25

Por Akribéstaton: Gasconcillo subsume muito bem todas as vossas múltiplas alcunhas, paulinho e paulinha. Para o prurido que levais de mim, Josito e Andresito, não vos servirá nenhum medicamento.

26

Por Akribéstaton: Desculpem, esqueci o retroque final: tra-la-ra-li-to (e já deseguidito despareço polo buraquito) Só há um Akribéstaton, os outros são imitações, o verdedeiro chama-se Pedrito.

27

Por Carmencita López: Pedrito, hijito, te tomastes ya la medicina?! Mira que como empiezes con los desvaríos de hablar al ordenador no te llevo mañana al cole!

28

Por Akribéstaton: 23-24-26-27: José Otero Muita Muita Pena. Menos mal que tens ao teu irmão Andresillo para desabafar mutuamente (porfa: diz-lhe que não se achante ante UM ÚNICO chulo castelhano-falante, que nos deixa mal a todos.)

29

Por Akribéstaton: 26-27-28 Esta derradeira mensagem não a compreendi nem eu próprio. Terei de fazer caso à mamai e ir fazer esses testes do alzheimer, em vez de andar com as minhas ridículas pescudas de bestouro esterqueiro. Mágoa que nem eu seja capaz de ver quão ridículas são. Ou talvez sim: vou ver se ponho logo qualquer evidência delas ...

30

Por Nota do Autor (MoZ): Haxa paz, haxa paz... Non sabía que os meus artigos (ou máis ben, as miñas fotos, que orgullo!) daban pé a estes "debates" entre lectores, por así chamalo... Dende o meu humilde punto de vista, penso que os dous vos prexulgastes o un ao outro, un chamando "sionista" á outra e a outra chamando "islamofachas", "machista" e outras preciosidades (Sabela, se non queres que alguén te chama "feminazi", deberías empezar a dar exemplo...). Sabela, non acho argumentación coherente en nada do que dis... Ninguén nega que haxa machismo nas sociedades árabes, como penso que hai machismo en case tódalas sociedades deste mundo desgraciadamente, pero a cuestión pola que criticas é absurda de carai... É como se eu dixera: España é un país machista? Dende logo. A sangría é unha bebida española? Pois si. Logo, os que beban sangría son todos uns machistas de coidado. Ou os que beben licor café son uns galegomachistas de aúpa.

31

Por Nota do Autor (MoZ): Por non falar de que o único que che importa é a muller (e os nenos e nenas, de tódolos sexos, que morren baixo bombas israelíes, entón?). Non quero pensar que en realidade ti sexas islamófoba (é o que parece). Tamén o falso feminismo é falsamente "progre", en alusión a algo que dis. En fin, que me parece moi kafkiano e sobre todo inútil o debate, e o do compañeiro Akribéstaton moi pessoano, de Pessoa e o seu transtorno de múltipla personalidade xD

32

Por Fabio: Sabela, o que de levar o cricifixo non é algo visible, non sei ben... eu en Italia, cando do clase na facultade tenho sempre que quitar unha enorme cruz da parede porque me da noxo vela e volver a pendurala cando remato a clase. Unha vez fun reprochado tamén polo decano por iso. E canto a misoxinia, vaia, que os catolicos tamén non se privan (perdoade pola falta de acentos pero tenho un teclado italiano e faltanme unha cuantas letras)

33

Por Akribéstaton: Ao autor do artigo: não te cabe na cabeça que haja alguém tão miserável que usurpe a alcunha doutra pessoa (e não só a alcunha, também o nome)? Pois essa é uma das não menores gestas do tal Gascon - Ex lusista - Xavier André - Paulo - Sanromán e todo um exército de sobrenomes que partilham um mesmo fedor a covarde. Assim que nem sou pessoano nem muito menos tenho qualquer transtorno. O que digo do Gascon - Ex lusista pode-o confirmá-lo o responsável do website. // Sobre o assunto de Sabela concordamos plenamente os dous: talvez eu dou um passo mais ao qualificá-la de "sionista". A linguagem que foi supurando é suficiente proba.

34

Por Sabela: Jorge, unha cousa é que nun país haxa machistas (en tódolos países hai machistas) e outra cousa ben diferente é que haxa machismo por lei (iso NON ocorre en tódolos países). Xa expliquei por que me centrei no tema da muller: ti propiciáchelo escribindo con tan grande sensibilidade o teu artigo-relato "A marcha das mulleres". Queredes descarreirarme do quid para non ter que recoñecer que os anxelicais palestinos teñen un problema de machismo descomunal (son máis machistas que a media árabe, como se ve na noticia que puxen no comentario 3). Claro, é moi cómodo sacar o comodín de Israel cando non se pode rebatir o que digo.

35

Por Sabela: Que me centrase na muller porque era o que viña a conto dados os teus precedentes, non quita que me doian os nenos palestinos, que me doen o mesmo que os centos de nenos xudeus vítimas do terrorismo islamista (ou seica estes non tiñan dereito á vida? será que me doen porque son unha miserable sionista). Fíxate se me doen os nenos palestinos, que me arrepía que moitos deles sexan educados para o martirio e a inmolación xa dende o xardín de infancia. O outro xa pode chamarme sionista ata quedar sen voz, que iso non borrará a arrepiante educación no odio que reciben os nenos e o asoballamento POR LEI que sofren as mulleres, nin por asomo comparable ao asoballamento EN CONTRA DA LEI que pode darse aquí. Non é como aquí por moito que queirades relativizalo.

36

Por Sabela: E seguindo co tema da muller (porque non me dá a gana que me descarreiredes) tamén quero facer unha mención ás activistas propalestinas violadas por palestinos, atrocidade denunciada por Aloni Sadovnik (militante de esquerdas) ou Yehuda Bello (propalestino nada sospeitoso de "sionismo"). As mulleres escandinavas (branquiñas e rubias) semellan ser as preferidas polos palestinos para facelas obxecto de abusos sexuais. Por suposto que non tódolos palestinos son violadores, pero esas mozas demostran ter unha inxenuidade certamente infantil meténdose en terras mahometanas sen (polo menos) taparse de arriba abaixo. Onde pensan que van? Se cadra pensan que é como ir a un pub onde hai rapaces co pano palestino e a camisola do Ché. Que parvas, meu Deus, pero que PARVAS...

37

Por Xoelho: Totalmente de acordo cos comentarios de Sabela. Hai que defender os dereitos do pobo palestino, mais hai que dicir que Hamás (non A-Fatáh, que non é un grupo integrista senón, polo menos nun principio o foi, de inspiración marxista) é un grupo detestable. Hamás é comparable, condicionado polas circunstancias concretas de Palestina, aos talibáns, aos que gobernan en Irán, etc.

38

Por Xoelho: E a irresponsable defensa do réxime iraní é outra lacra non só da esquerda mais tamén de moitas mulheres que para outras cousas son moi "feministas", pero que se vivisen neses países non estarían nada contentas coa súa situación. Por exemplo, en Irán as mulheres están moi oprimidas, cousa que calan moitos porque hai que apoiar aos inimigos de Estados Unidos, pero é que ademais en Irán os comunistas e todo tipo de forzas políticas laicas están prohibidos e perseguidos. ¿É progresita semelhantes apoios aos islamistas ou é pura imbecilidade instalada na esquerda occidental? ¿E as feministas por que miran para outra parte e calan a boca (non todas, por suposto)? As mulheres que pensan que a maior parte dos musulmáns tenhen a mentalidade dun progre occidental son, efectivamente, moi parvas.

39

Por MoZ (o autor): Akri: non te alporices, amigo. Eu non fixen máis ca unha brincadeira, tamén porque non me enteiraba (como supoño os demais de nada). Primeiro dicías que te usurpaban a persoalidade, e despois había outra mensaxe que dicía que non... Parecía un xogo literario, mais non foi a miña intención nin moito menos ofenderte. Apertas e non fagas caso ós "trolls" e demais manipuladores da web. Unha solución: rexístrate gratuítamente no GC e comenta co teu perfil de usuario, inusurpable (eu tamén debería facelo). E claro que me cabe na cabeza! Que a teño moi grande de máis :) Apertas

40

Por Akribéstaton: A verdade é que me tenho passado um bocadinho com esta diarréia de comentários, mas o meu passado de sionista faz com que reaja assim de violento contra qualquer suspeita de sionismo. Quanto aos usurpadores, bom, eu sou todos eles e nenhum, e fora da internet o único que resta é isto: Pedro Bravo Lopez, professor de Arteijo. Espero fazer amendas ao meu triste passado, e deixar de jogar com alcunhas e identidades falsas. Um saudo e desculpas para Sabela e para o autor do artigo.

41

Por Sabela: Xoelho, impecabeis os teus comentarios. Menos mal que hai homes con senso e sensibilidade verdadeira. A sensibilidade doutros dóeme ver que é postiza, e que as mulleres lles importan daquela maneira (se as maltratan os seus colegas, miran cara outro lado).

42

Por Xosé Otero: Bueno, eu penso que os xudíos son moi ghulais, pero os palestinos andan sempre cas bombas suicidas, e así nin se pode falar. Non é que sexa sionista, pero é a verdade. E ó amigo Akribéstaton, non te poñ_as tan farruco, que cando viñ_eches conosco a Telaviv ben contento que andabas. Non entendo por que te volves tan acedo cos teus antigos camaradas, e aínda menos ós teus anos ...

43

Por Julio Sanromán: Akribéstaton, Roma non paga a traidores, e tú xa te tes pasado da raia ca tua xenofobia contra os xudíos. Pasaches dun extremo ao outro e agora terás que pasar o espello ao coche por debaixo polas mañás ...

44

Por ex-lusista: A mim tanto me tem o vosso sionismo e o que tenhades feito em Tel-aviv co adefésio esse Pedrito Bravo. Eu venho-lhe pedindo (quatro ou cinco vezes) para vermo-nos face a face, em Arteijo ou onde for, para ver se tem os tomates de me chamar covarde (e as outras lindezas) à cara. Mas a mioca esta de Briones continua agochado no seu tobo, a destilar as suas babas impunemente. Alguem terá de tirar a rata esta fora da sua cova e apreender-lhe a linguagem dos homes ...

45

Por MoZ (o autor): Xoelho, completamente de acordo polos teus comentarios, e grazas polas informacións que descoñecía. E debería tomar nota Sabela, que a base de chamarnos "machistas" aos que non o somos, polo feito de levar unha palestina que non indica ningunha adhesión partidista, senón unha moda, atuendo, ou como moitísimo símbolo dun pobo, mais non dun partido. Acusar a todo o mundo de machista sen selo é sinxelamente pouco intelixente, Sabela. Os teus argumentos son simplistas, e as mulleres (as mulleres POBRES, verdadeiramente oprimidas, non todas) impórtanme tanto ou máis que a ti, non máis que o resto de seres máis vulnerabeis deste mundo, independentemente do sexo, raza, nacionalidade ou relixión.

46

Por MoZ (o autor): Dime se a ti che importan outros seres que non sexan as mulleres, que é o que parece. Imos adoptar a mesma estratexia ca ti, acusar por omisión, que non polos feitos e ideas que un leva a cabo e defende. Como non dis nada da ocupación israelí, tereite que chamar "sionista", entón, pero como non teño argumentacións tan simples, non o farei. Saúdos

47

Por MoZ (o autor): Tampouco un sombreiro de rabino é sinónimo de sionismo. Pero cada un que diga o que queira, mentres se perde o tempo en debates bizantinos. Estériles.

48

Por Sabela: Podes chamarme sionista se queres (non creo que teñas claro o que é iso, ou que saibas algo de Theodor Herzl). E un pouco machista pareces vendo o ben que recibes as atinadas observacións de Xoelho e o mal que recibes as miñas. Abaixo o islamofascismo.


4

CranioF

Líbreme Deus de defender unha institución como a Monarquía, pero de todos xeitos facer chisteciños co nome do Rei é de panfletismo de 3ª categoría. Non avanzas nisto do Xornalismo, meu amigo. E volta co de chamar fascistas aos militantes dun partido. Panfletismo e só panfletismo. Calquera que pense que nun partido como o PP (ou o PSOE, ou o BNG) hai miserables e nada máis que miserables ten unha miopía ideolóxica tan avanzada que pide a berro limpo gafas de cú de vaso. Iso si, a nova foto, moito mellor que a antiga, polo menos niso cambiaches.

9 respostas
1

Por Nota do Autor (MoZ): Líbreme a deusa Fortuna de que vostede me teña que dar o título de xornalista e a súa benzón papal. Quítame o sono a súa opinión! Sr. Cranio, para poder xulgar algo hai que ter argumentos, e algo de criterio, se non se ten autoridade. E sobre todo, saber ler ;) Por ningures digo que os militantes de tal partido (si moitos dos seus cargos) sexan herdeiros ideolóxicos do fascismo (Conde Roa dende logo, admirador de Fraga). Para poder opinar, primeiro aprenda a ler. Ou merque uns lentes novos, de cu de vaso ou prato sopeiro, como queira ;) (E por certo, "gafas" non existe en galego, e os monosílabos non levan acento gráfico se non é diacrítico, é dicir, para distinguir de outras palabras coa mesma forma. Resulta paradoxal que alguén que non sabe escribir dea leccións ós outros de como teñen que escribir, non si? )

2

Por Nota do Autor (MoZ): Adique o seu tempo a máis cousas que tentar o "acoso e derribo" de columnistas, porque me importa pouco o que vostede poida pensar de min, e porque non fai dano quen quere, senón quen pode :))): sobre todo non perda o tempo en cousas tan pouco construtivas como estar as 24 horas comentando no GC, facendo comentarios parvos e baleiros de contido, e saia á rúa, a colaborar, que hai moito que facer para levantar o país e este mundo en xeral. Non cre? ;-) P.D.: A foto a cambio porque quero e me dá a gana, non porque mo diga vostede, ou é que lle gustaba pouco nela? Nesta máis ó mellor. Ten especial interese en min, logo? Un bico entón, e empregue o "cranio" (será "cráneo", digo eu) para algo máis que para soster o chapeu. ;)

3

Por F.B.: Chiste fácil... yo te recomiendo que te mires el sentido del humor, cranio, porque lo tiene sun poco atrofiado. a algunos todavía nos gusta hacer juegos de palabras, y no sólo ese tan patético de tu nombre. El craneo lo utilizas para algo o solo para jugar al futbol hijo mio!

4

Por Lector indignado: Cranio, ó mellor podes escribirnos ti un artigo de réplica, a ver se o teu non é panfletismo e nos iluminas a todos. Oh dios santifícanos!

5

Por CranioF: ¡Acoso e derribo, di! Hai que foderse, algúns teñen dereito a expresar a súa opinión a propósito dun artigo, e outros non. Lembre vostede que non fun eu quen chamou "imbécil" a ningún columnista. Non son eu tampouco quen gasta os dedos chamando fascista a todo bicho vivente que é doutra ideoloxía, cousa moi extendida entre os lectores deste xornal e algún columnista tamén. Respecto a leccións, que eu saiba nunca lle din ningunha lección de ortografía, só comentei o contido dos seus artigos/panfletos, verdadeiras arengas "antifascistas" propias doutros tempos. Leccións de cómo se escribe algo coherente e con contido poden darllas Xurxo Ayán, Xoán Vázquez, Xesús Veiga Buxán e tantos e tantos outros, que din cousas con sentido, independentemente da ideoloxía. Espabile un pouco que boa falta lle fai. E non me diga ónde teño que publicar posts, non estamos na Unión Soviética. Chao.

6

Por CranioF: Por certo, o de "Cranio" ven do primeiro artigo que lin neste xornal: "O cranio furado" de Xurxo Ayán. Se non lle gusta esa ortografía, discuta con Xurxo. Agur.

7

Por Antifascista: Ams, creíamos que o de Cranio F é por Cranio Facha... Agur e vai con deus

8

Por Nota do Autor (MoZ): Querídisimo CranioF ("cranio privilexiado", como diría Valle en "Luces de Bohemia"): Volve ler mal, eu non lle neguei o dereito a opinar. Pero igual que vostede xulga a calidade dos meus artigos, fago eu coa dos seus comentarios. Por outra banda, non lembro terlle chamado "imbécil" directamente, non é o meu estilo, a non ser que se sentise aludido por unha opinión miña... se ten algún trauma, pida cita para o psicólogo.

9

Por Nota do Autor (MoZ): Agradeceríalle que me dixese onde o chamo eu así, e dicirlle tamén que o antifascismo nunca pasou nin pasará de moda, porque o antídoto será lexítimo mentres exista a doenza, e de fascismo hai moito aínda neste mundo. Por certo, non sei que teño que ver coa Unión Soviética, cando nin a vivín nin me gusta. Ao mellor é que, tamén como dicía Valle, ve a "realidade deformada", e é vostede o que arenga, simplifica e gusta de chamar "soviéticos" a todos os que non pensan como vostede, e sobre todo se atreven a dicir a verdade e chamar fascistas aos que o son, sexa Fraga, Conde Roa ou Fulano de Tal. Se non lle gusta, merque un Almax, así o dixirirá mellor.


3

Xoelho

Un_a vez máis, hai que responsabilizar aos eleitores, que parece que son só un_as pobres vítimas e son algo máis que iso: sen a súa acción á hora de votar non estarían no goberno os que están, así que a xente corrente é a que ten que colher o costume de plantexarse as cousas, pensar, utilizar o raciocinio e non deixarse manipular como sempre, para que as cousas cambien. ¿Ou é que o nefasto goberno que temos en Madrid, o da Xunta en Santiago ou, como no caso que nos ocupa, o municipal da cidade de Santiago xurdiron por arte de maxia? Se temos nefastos políticos é porque temos nefastos cidadáns, que xa está ben de adular á xente.

2 respostas
1

Por Nota do Autor (MoZ): Boas, Xoelho. Completamente dacordo coa túa percepción. Unicamente, non sei por que é incompatible co que digo eu. Só contrapoño os politicastros aos artistas (supoñendo que non hai moitos artistas fascistas, que algún haberá). Non adulei a ninguén, penso, porque dende logo o que digo de Leo Bassi, Balta, Iván Prado, Fernando Dacosta ou Xesús Ron, e moita máis xente, o merecen. Apertas

2

Por Xoelho: MoZ, cando falo de adular non me refiro a esas persoas que ti citas, falo en xeral, do que se acostuma a facer, por parte dos políticos e tamén por parte da xente, dos cidadáns en xeral, porque parece que aquí todo é culpa dos políticos, "esquecendo" quen pon os políticos nos seus postos. É un_a reflexión minha. Un saúdo.


2

Tempo perdido

Vaia m.erda de artigo. Cem linhas para dizer quatro topicos repetitivos.

1 resposta
1

Por Cala ho: Vaia m=rda de comentario. Unha liña para non dicir nada de nada.


1

psss

Lenha, árvore, caido

6 respostas
1

Por Akribéstaton: Concretiza, que "árvore" é palavra demasiado nobre. Puto eucalipto, melhor. E sim, para fazer "palitos" ou "escarva-dentes".

2

Por Nota do Autor: Psss, artigo, escrito e enviado, o venres pasado.

3

Por psss2: Nota-se pouco que isto foi (mal)escrito buscando o aplauso fácil. Moita brasa para o Conde Roa, merecida; mas quando se menciona o CamapechanoI de Bribón rápidamente se aclara que se faz referencia ao barco. Nenhum fiscalzinho vaia pensar que se faz referência à sua real pessoa. Precaução lógica tendo em conta que essa árvore ainda nem caeu nem tem a motoserra aos pés.

4

Por psss2: comentário duplicado eliminado

5

Por Nota do Autor (MoZ): Nótase demasiado que vas á procura, caza e captura do columnista, novo ademais, que se esforza e ademais dá a cara, non como os comentaristas do GC que tan a gusto falan e botan a lingua a pacer anonimamente. Nótase moito, "pss", porque non vexo por ningures que eu descarte a referencia á "real" persoa, senón que o digo moi claramente (e a paréntese non é senón para explicar o de "Bribón"). QUeres que o diga máis claramente? Vale. Non me gustan os reis. Son republicano. Que abdique Juancar e que se suprima a institución monárquica, sexa polas boas (cun referendo) ou polas malas (cunha revolución). Teño que dicilo máis claro?

6

Por Nota do Autor (MoZ): De precaución nada, cegueira vosa e teima en criticar por criticar vendo xigantes onde non os hai. Vou ter que facer un máster en "comentarista de GC", que será unha tarea ardua e louvable, e logo poderei criticar e dicir o que queira con toda autoridade a quen dá a cara e escribe cousas argumentadas e razonadas, abofé que si. Igual cós bispos e papas.


Jorge M. de la Calle

Jorge M. de la Calle, “Moz” (A Coruña, 1982), é xornalista e fotógrafo, licenciado en Xornalismo pola Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Xornalismo Electrónico. Traballou breve e precariamente en La Región, La Voz de Galicia, Xornal de Galicia, Revista ECO e Cadena Ser, aínda que a mellor maneira de exercer a profesión para el é por libre e de xeito independente, con colaboracións habituais para Galicia Hoxe, Praza, Diagonal, GC e Mundogaliza.com, dinamizando as redes sociais coas súas fotos e reportaxes, e implicándose en calquera causa social na que pague a pena ser activista. Mantén esporadicamente dous blogues, entre o sentimental e o actual, entre a música (a súa gran paixón), o cinema, o político e o literario, ou todo xunto: Fifteen Minutes with you e As outras voces, este integramente en galego.