Do benestar á necesidade, pasando pola represión

Cada día que transcurre, xa non dende a chegada do Partido Popular ó goberno, se non dende que iso que dan en chamar crise, que non é máis ca orde natural vixente dos últimos dous séculos por fin visibilizada, o frenético dos sucesos rebasa a capacidade de focalización das enerxías sociais.

Por Héctor Tejón | A Coruña | 19/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Unha mañan, espertamos coñecendo a conculcación dos dereitos do traballador e o esclavismo laboral coma forma lexislada e a noite seguinte deitámonos sabendo que enfermar vai significar solicitar un crédito o banco para poder sanar ou que pensar diferente e exterioriza-lo vía concentración, vai ser tipificado coma delito (supoño que os colectivos Pro-Vida e as manis a prol da familia, tamén serán rexidas por tal sistema punitivo.) xa non resulta sorprendente. E non debería sorprender, cando a orde democrática instaurada na mal chamada transición, foi comandada pola dereita franquista saínte e aceptada pola esquerda “legalizada” entrante . O cal, ven visibilizar que a latencia de conductas e comportamentos retrógrados, estivo presente en todas e cada unha das accións dos diferentes gobernos que se sucederon no Estado. A esquerda orgánica empoderada, non foi máis ca un elemento antagónico, un contrario, ca dereita necesitaba para non parece-lo Estado un rexímene dictatorial na súa forma.
O ataque directo que sen paliativos estase a efectuar sobre as libertades fundamentais do home, so ten un antecedente claro na historia do Estado que encárganse de recordarnos tódo-los días loando nomes militares nos rueiros das nosas cidades. 
 
O novo goberno emprega un método de persuasión e falso sentido común xa coñecido; a repetición constante dunha verdade a medias a convirte en realidade 
 
Entonan poderes fácticos e políticos Certas políticas sociais que emerxeron ao abeiro dun benestar crecente so posibilitado por un sistema económico productivo de servicios-construcción, xa non son posíbeis . Verdade a medias, que incúlcase lentamente nas apesadumbradas almas da cidadanía. É certo que se invertiu máis en Sanidade. E  é certo que isto foi posíbel porque se recaudou máis, xa que había máis consumo porque había mais emprego (o tipo de emprego, productividade e remuneración que nunca ninguén  menciona, foron e son os que son.).Mais tamén é certo que o Estado invirtiu en Sanidade un 6% do PIB cando a media europea é dun 10% e máis certo é todavía os nulos movementos que en 30 anos se fixeron para desartella-las prácticas monopolísticas e esquilamadoras dos laboratorios farmaceuticos (como aquelas indispensábeis vacunas da gripe aviar…). Pero, tamén é certo que a evasión de impostos que anida en bonitos paraísos fiscias, un delito que o goberno ven de perdoar coa donación simbólica dun 10% dunha cuantía totalmente ilegal e delictiva, podería ter axudado e moito a ese sistema sanitario que pagaremos duas veces vía cabriola económica chamada “co-pago”.
 
´”O Estado ten que medir cada euro que gasta. Compre recentraliza-las competencias autonómicas dun modelo Estatal disparatado” Falacia docemente narrada. É certo que o Estado ten que medir cada euro que gasta, pero máis certo é que os euros gastados na recuperación dun sistema bancario especulativo crebado e dunhas caixas de aforro que funcionaron coma entidades de préstamo, foron entregados sen control ningún e sin esixencia de devolución, o cal non é malo, se tivera sido unha nacionalización do sistema financiero galego e español, pero foi liquidez para o reparto de dividendos entre os amigos de Méndez-Gayoso e cía. 
 
É certo que hai un solapamento de funcións públicas, pero mais certo é que ese solapamento serviu de medio e forma para o artellamento de redes caciquis e clientelares na administración, xa non so en connivencia coas empresas (dorribo´s law) se non coa cidadanía que experimentou a compra de seu voto coma un mal menor ante un traballo garantido. Unha das medidas de “re-centralización” e austeridade foi finiquita-la dependencia e a mal chamada Renda Basica de Emancipacion, eses 210 euros que os propietarios recibiron coma premio a burbulla constante do mercado de aluguer de vivendas (xa que controla-lo prezo do chan así coma súa re-distribución, non gusta “ós mercados”). En lugar de gobernos de cercanía óptase por oligarquías na distancia, imposíbeis de controlar e incapaces de xestiona-lo colectivo. 
 
“Manteremos unha educación de calidade, optimizando os recursos e dando unha orientación máis empresarial a eduación superior” Utopía neoliberal. A educación de calidade que pretenden manter supón un gasto do 4,7% do PIB, os malvados cubanos destinan  un 12%, os potentes chipriotas un 7,8% (datos OCDE do 2009). Resulta que todo o Estado cambia seu modelo para adaptarse a empresa, non o revés. E peor aínda, ¿Qué lexitimidade ten un empresario para dicirlle á sociedade onde e como ten que gastar o valor extraído das, xa de por sí exiguas, rendas do traballo?.
 
É evidente coma o desartellamento plausíbel do Estado obedece a unha lóxica tecnocrática que lidera o paso de políticas do reparto do benestar a políticas de satisfacción da necesidade. Todo isto, aderezado pola función represiva, coactiva e punitiva que o Estado exerce a través do monopolio da forza ostentado nos mal chamados “corpos de seguridade”. Xa non so emerxe unha indefensión institucional, se non legal. O corpo xurídico xa non garante a defensa do pobo dos seus antagonistas e ínimigos, se non que moldéase a traves destes persoeiros ¿Coma se explica se non a recuperación de soberanía arxentina vía nacionalización de Repsol YPF transmitida coma ataque a España-Nación?.
 
Xa non so se trata da reducción paulatina da esperanza de vida que irá a máis canto maiores señan as rendas e capacidade económica do individuo en cuestion, se non do castigo e sanción ante a movilización e defensa do dereito a existencia non mercantilizada. O cárcere para un pensamento disidente e apegado a necesidade social real e non a sintética-artificial moldeada polas empresas transnacionais. O antecedente penal a quen chama a rebeldía e desobediencia ante a inxustiza coma forma legal imposta. Namentres desaparecen prazas para médicos e profesores, aumentan as de policías e militares. Namentres anúlase a inversión pública, mantense a eclesiástica e monárquica. Namentres a clase media atura a subida de impostos para o pago da débeda privada, o fraude fiscal aplaudese e condónase vía “impuestito” para a repatriación de riqueza roubada.
 
Velaí o mundo que nos deixan ás novas xeneracións, un mundo dominado polo interese curto placista, polo individuo-empresa responsábel de todas e cada unha das cousas que lle acontezan, aínda que non opine nin interveña nos asuntos da “res civitas”. 
 
Un mundo onde os estándares de vida medíronse pola cantidade de cousas as que puidemos ter acceso, non pola calidade da nosa existencia. E agora sabemos que todo iso so foi posíbel aceptando as leis do capital e vaciando de soberanía a cidadanía.
As famosas medidas de supresión do benestar afectarán ós de sempre, porque as rendas que non experimentan coma gasto o pago da sanidade, son precisamente as rendas que non a empregan. Son as mesmas rendas que claman por unha educación de calidade e elitista a que so poida ter acceso unha minoría privilexiada. Son as rendas insertas nas posicions de dominio e poder da sociedade. Xa non se trata da laicidade do Estado, por exemplo, se non que asumiuse coma co-sustancial a certos círculos políticos a súa connivencia coa masonería católica e os intereses empresariais por riba dos sociais.
 
Aceptouse que todo na vida é unha cuestión de oferta-demanda, pero non se explicou que esta orde foi posíbel pola capacidade crediticia e cotas de endebedamento cuase infinitas. Agora, xa mesmo, as formas de pensa-la famosa “socialdemocracia” xa non son válidas, porque os factores económicos trocaron e a capacidade de crecemento chegou ó seu punto final. 
 
Nada do que foi vai voltar ser coma era. O problema real é que tratan de impoñer unha única lóxica social, a dos opresores-oprimidos coma natural as colectividades humanas, coma se fóramos animais involucionados, bestas ás que relixiosos, políticos e corpos de represión teñen que controlar e amedrentar, estigmatizan coa palabra “terrorismo” ou “violentos” calqueira manifestación cidadá que non concorde coa excepción cuns poucos transformaron en norma orgánica.
Cando a necesidade social se lle chama demagoxia e a demagoxia chámaselle política, a isocracia (o goberno dos iguais) so é unha páxina amarela nun libro polvoriento que acochase no que algun día foron bibliotecas públicas e a tiranía constitucionalizada convérsese na tinta que firma os decretos e aplaude as sesions plenarias que nos condenan, lentamente, ó cadalso que vai ser a nosa existencia.
 

 

Héctor Tejón



Héctor Tejón

Héctor Tejón Sáez, nado na Coruña en 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola universidade da coruña. Desenrolou gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na facultade de socioloxía da Coruña. É co-autor do libro "La Siniestrabilidad Vial:Un problema desconocido" e artigos en diversas publicacións electrónicas. Actualmente atópase realizando a tese doutoral: " A construcción da identidade posmoderna a través do consumo de cine de masas do século XXI"