Este venres poesía e punk para apoiar os medios en galego

Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación na lingua propia, organiza un festival artístico o vindeiro venres 27 de abril en Compostela. Entradas á venda en liña.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/04/2012 | Actualizada ás 13:19

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O evento inclúe un recital poético a cargo de Olalla CociñaAlicia Fernández e Gonzalo Hermo, seguido dun concerto do grupo punk de Muros Terbutalina. As

Todos os beneficios do festival serán destinados a sufragar o mantemento da propia campaña e dos medios en galego, que nos últimos anos sufriron importantes baixas. As entradas saen a só 4 euros (5 o día do concerto) e haberá unha fila cero para os que queiran colaborar aínda máis a 10 euros. O concerto será no Centro Social A Gentalha do Pichel, onde se poden mercar as entradas, ademais de na Reixa, Casa das Crechas e Restaurante Rúa. As entradas en liña podense mercar aquí, mediante Paypal.

No mesmo festival darase conta do proxecto en marcha de cara ao gran evento do 17 de maio, que Vitaminas para o Galego está preparando co gallo do Día das Letras Galegas. A actuación é a primeira iniciativa da segunda fase da campaña, lanzada este inverno. A primeira fase logrou duplicar o obxectivo de recadación inicial, inxectando 6.800 euros grazas a colaboración de case 200 mecenas.

24 medios en galego

A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación:  Tempos Novos, Galicia Confidencial, RadiofusiónPraza PúblicaNovas da GalizaVal Miñor.info Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal Certo , O Sil.info , Crónica 3 , Radio Nordés , Terra Chá.Xa , Crónicas da Comarca , Surf GZ , Cardenos de Comunicación e Análise ,Lalín e Comarca , Hermes e Atenea , Disquecool , De Luns a Venres , Cabozo.com , Vencello , Cartafol , A nova Peneira , Programa radio Plástico Elástico , Cerne, terra de Melide e Gaceta de Fene,

A iniciativa diríxese a todas as persoas que queren contribuír a que o idioma propio de Galicia adquira un rango social de normalidade. Para logralo, resulta imprescindíbel a existencia dunha pluralidade de medios de comunicación en galego.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Bruno V

Muito animo!, tentaremos estar lá!a


multiple image
 
quen somos button
introgcplus button