Quen pense que o ex -alcalde de Santiago abandonou o seu cargo como consecuencia da aplicación dun estrito código ético vixente no PP atopará un conxunto de situacións que non encaixan con semellante tese.Por exemplo:o actual delegado territorial da Xunta en Ourense –Roxelio Martínez- está imputado nun proceso xudicial e aínda non foi cesado polo presidente da Xunta.Ou tamén:os alcaldes de Fisterra e Mazaricos –ambos do PP- están imputados no sumario da chamada Operación Orquesta e seguen presidindo os respectivos gobernos municipais sen asumir as lóxicas responsabilidades políticas derivadas da devandita peripecia xudicial.Pero é que, ademais, ambos políticos xa contaron coa aprobación do seu partido para ser candidatos nas eleccións locais de Maio do ano pasado cando era coñecida a súa implicación nos feitos sometidos á investigación e decisión dos tribunais de xustiza.
Xesús Veiga
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Misturar ou mesturar, si ho si. Mix como os que ti apresentas, para consumo da parroquia, e que ben quedas. Cando falamos dos negocios que din que ten a familia Quintana en Monforte que outorga unha Vega Buján? A mesma familia que tiña un vicepresidente que asesorabas, curiosidades ou casualidades?
Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting