E facía estas afirmacións pois, lembraba a transición democrática e o seu papel no asunto do 23-f, aínda que non esquecía que fora o ditador Franco quen o puxera para sucedelo. Inxenuo de min, tamén pensaba que soio o ditador andaba de pesca nos salmóns, no Azor e cazando algún venado que lle poñían a tiro. Pero, a sorpresa foi que o rei, coa crise económica que estamos pasando, crise que nós non creamos pero que pagamos, fora de cacería a matar elefantes. As fotos co rifle ao lado do gran animal caído no 2006, e o asunto da cacería nestes días, amosan que o Sr. Anasagasti tiña moita razón cando falaba no seu libro “Unha monarquía protexida pola censura” na que acusaba e denuciaba os excesos que teñen os monarcas, os trapos sucios e inmoralidades que agochan, e non sei cantas cousas máis que dicía dos Borbóns reinates en España.
Manuel H. Iglesias
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
reis si... reis suevos non a expaña herminio nacionalismo é a solución e o BNG e a expresión mais pura do nacionalismo na Galiza
os pixo progre e postmodernos o mais que chegan é a pedir o relevo no fillo, que semella mais formal é se queda na casa coa sua dona. Nin abdicación no seu fillo, nin ostias, unha guillotina xa ou que saia por peteneras por Cartagena como seu abó.
As leva facendo toda a vida, o que pasa é que agora vai moi maior e o pillan. Vaia hipocresia o dos mass-merda capitalista que teñen a pouca vergoña de chamalo salvador da democracia polo autogolpe, loando as suas bágoas de cocodrilo, cando fixo o recurrente propósito de enmenda que soen ter os beodos. A catadura moral do rei de copas, queda amosada cando a lóxica natural nos dí cun ser humano que na adolescencia mata o seu irman nun disparo accidental, non volta empuñar un arma na sua vida. Este ainda por riba é aficionado.
Estou de acordo con Revelador que un señor que un cidadán que pensa e pensaba así resulta anormal que estivera nunha formación política coma o BNG. A coerencia non é só para o monarcam senón tamén para o autor do artigo. Un nacionalista que se precie non pode ser monárquico por definición. Galiza precisa traballadores que a erguen da súa postración pero sóbranlle xefes, xerarcas e xa non digamos monarcas que a utilicen para vir de cacería. Sr. Iglesias, que mágoa a súa queixa; que errado estaba en todo.
Home, dicir que o da cacería foi unha sorpresa negativa inesperada é un pouquiño inocentón. Calquera coñece o ruxe ruxe das aventuras de, como era, "a sua Maxestade". Eu son galego e non teño Rei, en todo caso a realidade obrígame a ser "vasalo" do Rei de España. Na próxima explíquelle ás crianzas que si vivíramos nunha república non terían que utilizar os monárquicos subterfuxios tipo "o Rei estaba nunha viaxe privada" etc. Eu non quero Rei, son un galego e os galegos non temos Rei e non queremos Rei. Sinto que os que consideran que Juan Carlos é o seu Rei lles faga estas demostración de canto vos ama.
"Deixar paso a unha persoa moza para que airee á Zarzuela e lle dea un impulso novo a unha monarquía que cada día ten menos sentido de existir pode resultar ilusionante." Onde estea o señor que asina isto, a mín que non me busquen. Canta razón tiña cando me afastei do Bloque e canto albisco ter cando quero ós escindidos a un kilómetro de distancia.
non penso que a día de hoxe o bribón engane a ninguén a prensa posta ao pesebre sempre estivo aí agora toca apandar nos peores momentos co que hai: políticos corruptos e incompetentes, partidos políticos sen base social e uns funcionarios lacazáns e parásitos
Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting