O Novo Proxecto Común colle forma

Máis Galiza, EI, Acción Galega e EcoGal anuncian formalmente negociacións para "a construción dunha organización política".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/04/2012 | Actualizada ás 19:02

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Máis Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e Ecogaleguistas fixeron hoxe oficiais  os seus contactos, que comezaron hai semanas, para construír unha nova ferramenta política para o galeguismo de esquerdas. Cómpre lembrar que as tres primeiras das catro formacións citadas estaban ou integradas no Bloque até este ano, ou están formadas maioritariamente por ex-dirixentes do BNG.

No seu primeiro comunicado común anuncian que hai acordo para "emprender un proceso de traballo conxunto co obxecto de explorar  as súas coincidencias cara á constitución dunha organización política  plural e aberta".

Polo de agora non entran detalles nas coordenadas programáticas do novo organismo que, no seu caso, resulte destas negociacións. Sábese, iso si, que haberá dúas comisións, "unha das cales traballará no eido programático e o outra no organizativo".

Máis Galiza, liderada por Xoán Báscuas, era o partido máis próximo á socialdemocracia dos que estaban no BNG. Tiña o maior número de concelleiros, pero a maioría dos altos cargos sigue na fronte mentres que a maioría da militancia apostou por marchar tras a vitoria da APU na última Asemblea.

Encontro Irmandiño é o partido de ideoloxía altermundista que lidera Xosé Manuel Beiras, ex-líder do BNG derrotado por unha apretada marxe polo líder da APU Guillerme Vázquez na última Asemblea da fronte.

En Acción Galega, de nova creación, cooperan ex-dirixentes do BNG como Teresa Táboas, Pérez Bouza ou Pérez Lema canda outros militantes, entre os que figura Rafal Cuíña, empresario ex-militante do PPdeG. En principio a súa ideoloxía está próxima ao centro.

Ecogaleguistas é unha nova formación nacida antes das escisións do Bloque e na que colaboran ex-militantes doutros partidos de esquerdas, moitos dos cales tamén participaran na Iniciativa Ben Común, creada ao fío do 15M.

Tras semanas de ruxe-ruxes. o anuncio conxunto de hoxe supón a primeira presentación pública do que se está a chamar "Novo Proxecto Común" do galeguismo de esquerda.
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

127 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • 37

    comento

    ISto non debe ser: que 4 persoas que só se representan a elas mesmas ("En Acción Galega: ,Teresa T. , P. Bouza ou P., R.Cuíña"), participen como grupo organizado da nada e teñan máis voz e voto que calquera outra militancia ou quye calquera das existentes agrupacións locais de apoio oa NPC. Que se unan como militantes individuais, se partillan programa e liña de acción política; se non, o ideal, que cren a súa propia forza política.


    36

    saña

    Demasiado manido o de criticar a este Proxecto, os patriotas do BNG a orgaizar e movilizar as conciencias de esta nacion colonizada, o demais, ala eles ca sua conciencia, non val a pena perder o tempo nestes foros, Adeus e con saude.


    35

    Onaur

    E sodes capaces pensar que "Pachi o sin licencia" e "Jorquera o adalid Pepe Blanco " vano facer mellor que "Feijoo o conta contos", ides aviados se é iso o que pensades, a cura de necedade tedes de facela intensa pois polo visto estades a quedar secos de neuronas........ É dicir para vós, a solución pasa por rescatar aos pais putativos do 5,5 millóns de parados e ao seu axudante de goberno. Seguro que todos vós sodes unha cuadrilla de enchufados, de vividores ao abrigo desa cuadrilla , uns zánganos da colmea institucional ..........A solución é outra "UN PARADO MAIS, UN ESCANO MENOS" o resto son permutas entre lerchos.

    11 respostas
    1

    Por arre: Os paisanos foron educados na moral católica, por iso esperan un político salvador... Tanto catecismo e tanta ausencia de liberdade no pensar!

    2

    Por anti trolls: im parado un escano menos? coidado co que fumas pirado neo hippi!.

    3

    Por Ruano: Arre: El nombre te viene al pelo, y por ser el interviniente mas pollino en la semana, te anuncio, que te ha tocado un pesebre y una remesa de paja castilla, que si eres muy nacionalista, la suplimos por "un lote herba seca da Terra Cha", Efectivamente, cuando con el labio superior levantado, emites tan sonoro rebuzno sobre la moral católica, delatas utilizar orejeras que te impide perfilar a los laicistas, quienes, no mas tuvieron oportunidad, montaron su propio credo, dedicándose a robar a espuertas o adjudicarse salarios prohibitivos, que es la forma sibilina de apropiarse indebidamente de lo ajeno..... Me parece bien lo que aporta Onaur , cada puesto de trabajo que se pierda, un cargo político fuera de su escaño, He de reconocer que esa es la clave...... Oye Arre no rebuznes tan fuerte acóplate un silenciador

    4

    Por Antitrolls: pra un par vo encantado de coñecerse coma ti, incapaz de facer unha analise da reañlidade cun minimo de intelixencia que só se limita a insultar, Rufiano pode que sexa normal que un parado mais un cargo menos. Mais aos que non somos falabaratas coma vós, somos coñecedores que lonxe de paralo paro, o incrementa e só reafirma o guión das burguesias lexos de regulacións políticas, as que moito lles interesa un exercito de traballadores na sombra como medio de abaratar salarios.

    5

    Por xo!: Ruano, aprende a ler: arre está a darche razón, só que ti levas postos os lentes do revés, ademais do nome ;)

    6

    Por Ruano: Normalmente, al final del día siempre llega de retirada el profeta Xo, agotado y descoordinado, y en vez ponerse horizontal y dejarse mecer por los brazos de Morfeo, y así entregarse al descanso y cargar su cerebro, practica el sonambulismo ante el ordenador y decide soltar un rosario de desatinos como si tuviese activos los mínimos de racionalidad. Vete a cama! no hagas lecturas ambiguas ni recomendaciones atroces....Ponle fuego a tu teclado y harás un favor a este foro.

    7

    Por Galego: Para que non se decatou Onaur é Ruano ao revés, así que posiblemente este paranoico bipolar se adique a escribir e contestarse a si mesmo porque o máis probable é que na súa casa fai tempo que pasan del. Non hai cousa máis patética que ver a un mediocre tentar venderse como alguén culto usando a técnica do falabarato que comenta de todo e non sabe de nada.

    8

    Por Ruano: Gallego: Le esperaba, mi docta experiencia y cualificación esmerada me lo indicaban. Sabía que tarde o temprano aparecería el jefe de la manada, pero menudo fracaso, cuando esperaba encontrarme con un pura sangre, aparece un percherón rechoncho y desbocado dando, coces, brincos y relinchos. Alocado y enfurecido parece estar e fuera de si. Cálmese Gallego, usted quiere participar en un rodeo de gran nivel sin tener talla para ello. Yo no pierdo el tiempo son semejante doma, asi que sinténdolo mucho, le pongo el bozal y le devuelvo a los corrales, a ver si algun matadero toma piedad por su futuro. Que pase el siguiente que este rompió....!

    9

    Por Freud: Se cree un pallaso con graza, a alegria da horta o Ruano este. Hai xente e vidas ben perdidas. Outro frustrado con complexo de inferiodidade que usa a provocación sen éxito como medio de defensa e adquisición de auto estima. Outro acomplexado mais, e van....

    10

    Por Galego: "pura sangre", "el jefe de la manada",... É ben certo de que detrás dun fascista tan so hai complexos. Hittler, Franco ou Mussolini foron a cara máis coñecida de tal evidencia, pero sempre houbo e haberá segundóns sen relevancia facendo bo o dito

    11

    Por Ruano: Es evidente que a Usted le falta una marea, pero no una marea ordinaria,sino una pleamar máxima equinoccial.Tire con el teclado a la papelera que con sus chorradas infantiles no hace mas que degradarse


    34

    Xacobe

    Cada vez que escoito aos escindido igualar BNG=UPG e que malos son os da UPG (como se fose o home do saco) chego a conclusión que os medios de comunicación gañaron a batalla de desestabilizar e torpedear ao BNG. Conseguírono e as ovellas tan contentas. Non son da UPG, pero síntome orgulloso do BNG da súa historia pasada e da presente. Mentres que algúns, en plena crise, se dedican a facerlle o xogo aos inimigos do país outros traballan dando solucións e concienciando á cidadanía dos derroteiros aos que nos leva a dereita e o españolismo. ADIANTE XA CO BNG!!!, Unidade do nacionalismo entorno ao BNG.

    2 respostas
    1

    Por Manuel: Despois de 20 anos seguides cos mesmo métodos, lástima que nese tempo o mundo mudara e xa non sexa o mesmo. Ese inmobilismo do BNG e o sectarismo da UPG foron as principais causas da espantada de tanta xente do proxecto. O PP é conservador, máis o PSOE e o BNG non son menos conservadores, pois realmente siguen igual que fai 20 anos, non queren mudar porque en realidade é o que lles convén aos que viven diso, aos que fixeron da política unha forma de vida pola contra de convertilo nunha ferramenta ou medio para servir ao pobo.

    2

    Por Severino G.: Manuel, o que tiña que mudar eres ti, mudar hacia os camiños da racxionalidade. Os teus pésimos comentarios dan noxo.


    33

    Ama

    E como se vai chamar o novo proxecto "OS RESENTIDOS" teran que preguntarlle a Antón Reixa que pensa de todo isto! Igual lle da para montar unha Opera ou un musical! Esta xente e mouco seria.

    2 respostas
    1

    Por vrat: Un bon nome para o que queda no BNG. Era hora que désedes a cara, tando ir por Camerún... digo pola sombra...

    2

    Por Galego: Eu propoño que agora que o BNG xa non é tal, e dado o escaso tirón que ten a UPG, vos pasedes a chamar "SOCIEDADE ALCOHÓLICA" ou a "MATRACA PERVERSA", calquera dos dous son acaídos, sobre todo o primeiro posto que o pseudo-líder que tedes dá o nivel de sobra. "Imos mollar a palleta" seica é a frase que máis utiliza


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button