Os motores e os tempos do NPC

Tres militantes de base do nacionalismo de esquerdas (Xurxo Martínez González, David Rodríguez e Manoel Santos) fan unha defensa do método asembleario para construír a nova ferramenta política do Novo Proxecto Común.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Nun manifesto remitido as esta redacción, Martínez, Rodríguez e Santos definen o proceso como de "dous tempos" onde existe un tempo electoral para crear unha plataforma electoral ampla e outro distinto que é o tempo da elaboración dunha nova organización.
 
O presente comunicado tamén se fai eco da nota de prensa publicada por EI, +GZ, Acción Galega e Ecogaleguistas sinalando que a amplitude do NPC vai máis alá destas siglas como amosa, segundo os autores, a participación de distintas correntes nas asembleas de base.
 
 
DOUS MOTORES DE TEMPOS DISTINTOS PARA O NOVO PROXECTO COMÚN

Nestes meses de treboada política acumuláronse diferentes opinións e moitos rexoubes, en ocasións insubstanciais, para o artellamento dun proceso político en marcha. Como tal movemento en obras precisa das achegas, individuais e colectivas, que fornezan elementos de debate concretos na procura de botar os alicerces do Novo Proxecto Común.
Os que isto escribimos sabemos que non estamos a descubrir nada que non se diga aquí e acolá. Recollemos ese murmurio, que de tan repetido comeza a ser enxordecedor, para botalo á esfera pública coa finalidade de converterse nunha panca que accione o debate colectivo.
 
Propomos rozar na ramalleira informe que é o intre de creación de calquera organización e diferenciar dous espazos con dinámicas de seu. Dous espazos interconectados pero a distinta velocidade. Dous carrís en paralelo que nos leven cara a constitución dun movemento nacional, con base protagónica na cidadanía activa, que sexa quen de se expresar na esfera política con actores, actrices e un guión común xurdidos dun escenario estritamente asembleario que agrome dende as localidades e se espalle polo país enteiro. 
 
Reparemos na imaxe dunha zanfona na que os dedos deben, por unha banda, deslizarse con axilidade polas teclas para que soe a melodía mais na que esta só se produce, pola outra banda, co xirar moito máis pausado, menos espectacular e rimbombante, do manubrio que, con constancia, acciona a outra man.
 
Como se fósemos tanxedores de zanfonas debemos imaxinar este proceso. Xebremos o que é a elaboración dunha candidatura de consenso (máis vistosa, amiga de focos e apurada polas datas) do que é a conformación dunha nova e renovada expresión política (máis subterránea, traballosa e de tempo pausado). Unha e outra manteñen unha relación biunívoca e neses vencellos cómpre poñer o acento.
 
A alianza electoral é unha urxencia para frear o desmantelamento do ben común e do minguado poder público e tamén unha referencia necesaria para quen desexe traballar, sexa cal for o seu nivel de implicación, no horizonte das posibilidades e das alternativas concretas. Responde a un intre histórico. Probablemente, nos anos pasados non sería unha fórmula válida, nin sabemos se o será na mesma cuadratura do mañá. Estamos obrigados a termos unha idea ampla das candidaturas que dea unha resposta concreta ao neoliberalismo que está a minar os dereitos e as economías dos máis. 
 
Consideramos que a amplitude desa alianza táctica vai dende a socialdemocracia cara á esquerda, nun abano xeneroso composto por diversas sensibilidades. Hai un límite temporal (a convocatoria das autonómicas) que reclama unha celeridade non por iso transmutada nun cheque en branco a determinadas maiorías ou aceptación pasiva do que digan as cúpulas.
 
A conformación das asembleas é urxente, e desde aquí facemos un chamamento a que en cada lugar do país a cidadanía, que considere necesaria a converxencia na defensa dos ataques que estamos a sufrir, comece a autorganizarse constituíndose en asembleas nacionalistas, cidadáns, ou do nome que cada grupo decida soberanamente. Este proceso precisará, por parte de todos e todas, dunha atención ben demorada, fóra de lindes temporais e de condicionantes mediáticos. O poder das asembleas constitúese dende abaixo e coa implicación dos seus axentes. Que ninguén agarde a construción dun movemento e dunha nova cultura política como un suceso ao chou, que veña dado, que estea ditado mentres nós copiamos coa cabeza agachada mirando para o papel.
 
Un guión escrito dende a cúpula, que conciba as asembleas como o lugar onde debemos aplaudir coas orellas, non concorda cos principios de construción de abaixo a arriba. Mais tamén, calquera xesto público das organizacións, deberá recoller a pluralidade (incluído o arredismo) que se está a producir arestora nas bases e que excede a catro siglas.
 
Cremos necesaria unha rexeneración que emana da experiencia da ocupación das prazas e da lectura da política como un exercicio desprestixiado. Hai que introducir novas prescricións que abrangan dende a revogabilidade e a subordinación dos cargos electos ás asembleas até a blindaxe do poder de decisións nas bases, dende o obrigado compromiso constante (e non só puntual e interesado) cos procesos asembleares até a fraternidade como cultura política, ao cabo, dende a democracia participativa á implicación do pobo mediante o traballo. Por iso, pensamos que a nova ferramenta política que se constrúa para as vindeiras eleccións debe facer pública e expresa a súa vinculación ás asembleas e debe asumir o seu carácter de medio para levar ás institucións os mandatos daquelas.
 
Non entendemos a vindeira expresión emerxida das asembleas unicamente cal se fose unha sigla. Comprendemos o nacionalismo e a esquerda real como un movemento ancho que recolla os distintos eidos de actuación. A panca política é a expresión nas institucións de todo ese movemento pero é parte igual e horizontal aos movementos sociais. 
 
Observamos un anaco do pobo ateigado de ilusión e que cre necesario elaborar un novo voceiro que evite e corrixa as eivas doutras experiencias. Hai que reflexionar en comunidade, repasando os vellos postulados e introducir ideas chegadas doutros ensaios. Precisamos erguer un altofalante mediante a afirmación dun programa e non por medio da negación do outro. Isto non é un axuste de contas. 
 
O peche deste proceso resulta unha incógnita. Non cremos nos dixomedíxomes nin no prexuízo como argumento político. Pensamos que non se pode construír o común coa mentalidade do porteiro de discoteca que, arbitrariamente, escolle quen entra e quen non entra ao club. O resultado final responderá á participación da cidadanía, ao seu protagonismo activo, e non á creación dende arriba dun receitario pechado e inamovible. O difícil é enfrontarse ao debate, á argumentación e á exposición pública do pensamento político. Primeiro deamos a batalla e despois decidamos se o desenlace resulta óptimo ao baremo particular. Toca arremangarse, poñer a funda e traballar. 
 
Asinan este manifesto Xurxo Martínez González, David Rodríguez e Manoel Santos.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

42 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 20

    pinchorla

    Xa estamos ás voltas cunha formación nacionalista de centro ou centro-dereita.Estou farto de escoitar iso, xa que xa a tivemos e a temos, outra cousa e tela en consideración, Coalición Galega, Terra Galega..e outras forzas.O que se quere dicir é queo BNG só NON pode quitarlle a maioría ao PP, e xunto o Centro-Dereita nacionalista SÍ, pois a min non me parece boa escolla.Ademáis hai que deixar de se mirar en Euskadi e Catalunya.Somos Galeg@s e punto, a comparación non existe nin de coña. OS do NPC que actuen e logo xa se verá o que acontece.Eu sigo cós "malos da película".Non creo na FÉ que algúns falan,sobre o NPC, inda me costa creer no que vexo.


    19

    Robin das Carballeiras

    A parte de que o BNG/UPG tería que adaptarse os tempos para ser a nosa forza nacionalista de esquerda, o que fai falla pero de forma imperiosa é unha forza nacionalista de centro ou centro dereita, tipo PNV ou CiU, que lle restase votos ó PP e a unha parte de PSOE. Todo se volve discutir sobre os votos que deixaran ou non ó BNG. O problema non é ese, non é nin tan siquera restarlle ó PSOE, o problema aquí e que non aparece un partido nacionalista que parta polo medio ó PP. Eso é o que teñen en en Catalunya e en Euskadi, ¿ou é que nadie ve ou nadie quere ver esto?.

    1 resposta
    1

    Por Esperando a Godó: En parte tes razón, Rubin. Galiza ainda está sen estructurar políticamente dende o nacionalismo. Cecais agora con toda esta movida agrome esa forza da que ti falas e que eu tamén poderia estar de acordo. Bimbios hai ainda que estean soltos. É preciso que alguén con autoridade suficiente chame a arebato e xungue ese pequenos grupos que andan ciscados e se poñan a traballar conxuntamente. O problema creo eu está en atopar ese "moisés" que os conduza á victoria ou as portas dela. Esperemos e teñamos fe.


    18

    comento

    Máis: - unha forma de relacionarse coa cidadanía, a votante e non votante ao bng, que consistíu en dicirlles: isto é o que hai; e se me criticas estaásn contra min e contra GZ (sic). Iso mesmo, de cara a dentro da organización. - Máis cousas; unha falta de sber interpretar a realidade e movilizacións cidadás que lonxe de entendelas ou tratar de, dedicouse a cuspirlle á xente que se moveu sen a correa do B NG-U.E en muitas localidADES apoiar iniciativas, obras, ou prpostas que muitas veces ían contra a propia visión polñítica do bn e da sociedade neses territorios. -E por último, onde non te queren, non te quedas, vaste. así de sinxelo. Tanta violencia xa resultaba irrespirable. _ Tranquiñpol, o NPC e o BNG vanse diferenciar mesmo pola praxe a poñeren marcha na política nacional, tanto en clave interna como de relacións co pobo, cos cidadadás. Tempo ao tempo. E máis cousas que podemos ir falando. Saúde


    17

    Derry

    Teño unha dúbida...se a nova organización abrangue dende a Socialdemocracia (que xa é esquerda) ate a esquerda...¿cal é a diferenza de NPC con BNG?? Non loitarán por un mesmo espazo político??

    6 respostas
    1

    Por Garcelinho: Claro, tes razón, coa diferencia BNG é COMUNISTA e o NPC son DEMÓCRATAS...JA,JA,JA

    2

    Por comento: a diferencia: - as claves de organización interna, onde unha parte se cargou o que fora a practica e tradicion de consenso, respostaados á diversidade dos integrntes. - en clave de efectividade + utilidade da ferramenta política: en boa medida, dependente do transcorrer da dinámica interna e do asalto totalitario da organización e das organizacións satélites. Iso, manifestou de cara a fora,nunha ocupación de listas por membros dunha das organizacións, a U, en detrimento das especificidades lcoais e comarcias, co único obxectivo de controlar o aparello. proexctouse en boa medida unha imaxe e acción política estéril e flta de conexión e atención real ao que á cidadanía exixía de nós,dos nacionalistas de esquerda. E un feixe de contradiccións e de medidas que segundo quen as levara a cabo no BNG no "pder" eran malas ou eran boas: ex: Reganosa. Este é un bo exemplo, na comarca de Ferrol-Terra.

    3

    Por comento: non gosto que se utilice o termo comunista para definir a quen non o é sobre todo en base a un concepto negativo do mesmo. O comunismo é outra das distintas estratexias da esquerda, como tal eu partillo boa parte do asunto, mais non a táctica nin a estratexia dalgúns. E menos os que se din tal e non o son, os "patriotas"´eses que salvan Gz unhas 35 veces/día. En definitiva, se había algún comunista no BNG iu na U......debeu ficar sempre na casa...eu non o vin. ; )

    4

    Por Derry: Grazas pola reflexión, entendo que falas de cuestións organizativas mais que ideolóxicas. Haberá un mesmo espazo ideolóxico no que loiten duas forzas políticas.

    5

    Por Un esperanzado: Podemos estar diante dun erro enorme sen decatarmonos. O BNG tiña no seu ventre cáseque todos os que se movn agora fora e tratan de organizarse, certo, pero a diferencia esencial está en que entraron a formar parte dunha familia que xa tiña dispostos os organos xerarquicos: quen era o pai, quen era a nai e quen eran os demais membros que tiñan poderes delegados. Logo a eles que lle quedaba por facer? nada, agás traballar arreo durante as campañs electorais e darlle certa patina de demócrata a unha orgainzación que realmente nono era.Agora estamos diante doutra cousa. Hai un espectro político máis amplo e máis real. Son moitos os que se poden sentir cómodos ainda que non sexa identificados totalmente. Hai para que todos poidamos sentirnos ben e recoñecidos os nosos valores e traballos. Así o penso eu e motos máis.

    6

    Por Derry: Se lexitimidade pra crear unha nova opción política claro que a teñen! Eu falo dende o punto de vista do marketing político, xa que penso que está moi claro que se duas forzas loitan por un mesmo espazo ideolóxico o resultado será o de fragmentar ese mesmo espazo. Os líderes do NPC merecen todo o meu respeto, pero penso que estamos fronte a un erro estratéxico motivado pola visión a curto prazo. Coido que o proxecto do PG, TERRA , CXXI etc é máis realista é unha interesante aposta de futuro, sen grandes nomes, pero ben asentada ideolóxicamente nun espazo que a día de hoxe está baleiro.


    16

    Beiras alterEGOmundista

    Esto das asambleas horizontais mola un monton, pero con orgaización. Eu levo o altavoz, marco a orde do día e dirixo turnos e tempos de intervención. Que logo saen propostas dun ser un voto, circunscrición uneca española e bombardear Libia, como na do Sol.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button