Unha homenaxe as nosas letras con 30 anos de historia

O FestiLetras 2012 conmemorará en maio nada menos que o 30 aniversario desta histórica celebración cultural da Costa da Morte.

Por Ubaldo Cerqueiro | Ponteceso | 23/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O Festival das Letras da Costa da Morte por excelencia arrincaba o pasado sábado, coa súa posta de longo na aldea de O Couto, en Ponteceso.

O presidente da Fundación Eduardo Pondal, os representantes da Asociación Cultural Monte Branco; da Asociación Cultural Inllar; da Asociación Cultural A Oliveira de Monte Branco e do Colectivo Con V de Valarés presentaron o programa da trixésima edición do programa FestiLetras 2012 con que conmemorarán durante catro días o Día das Letras Galegas 2012. Ademais, a cita servirá para lle render homenaxe a Valentín Paz Andrade.

Estas Festiletras 2012 integran máis de 30 actos, un por ano, que xiran en torno á cultura, á literatura, ao teatro, ao cine e ao humor e a moitas outras facetas creativas. E nacen do compromiso das xentes destas 5 entidades para promover e divulgar o patrimonio cultural galego.

Un programa de agracedemento

O Couto celebra este ano o trinta aniversario de conmemoración da Festa das Letras. Trinta anos nos que en cada edición se foi construíndo historia grazas á colaboración de moita xente movida polo bulir cultural que aquí comezaba a xurdir.
Precisamente, con este motivo, o de agradecer a toda a xente que contribuíu a facer da celebración da Festa das Letras unha cita no Couto cada ano, as entidades promotoras decidiron crear os premios Queixumes que se entregarán o día 17 de maio. Estes galardóns recoñecerán o esforzo e dedicación de 30 persoas que ao longo deste tempo contribuiu a que hoxe poidamos presentar un programa multidisciplinar, completo e ambicioso na celebración do Día das Letras Galegas de toda Galicia.

Programa para todas as idades

Festiletras 2012

As entidades promotoras quixeron artellar actos que cubrisen e chegasen a todas as idades, desde os máis pequenos ata os maiores da casa, espertando o seu interese pola cultura e o lecer en compañía. Festiletras 2012 comprenderá datas desde o 16 ata o 20 de maio.

A programación comezará o mércores 16 de maio cunha convivencia de centros educativos da comarca de Bergantiños. 500 rapaces de Educación Infantil e Primaria dos centros CRA Novo Mencer de Coristanco; CRA Os Remuíños de Cabana de Bergantiños, CPI As Revoltas; CRA Nosa Señora do Faro; CEIP de Laxe, CEIP Eduardo Pondal e CEIP As Forcadas recitarán na praza do Recheo de Ponteceso poemas pondalianos sobre as terras de orixe nas que se emprezan estes centros. Presentará o acto e lerá o pregón de inicio a escritora ceense María Canosa. O acto contará coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Ese mesmo día, terá lugar o roteiro As noites de prácido luar, interpretado por rapaces veciños de Ponteceso baixo a dirección de Lucho Penabade.

O 17 de maio farase entrega dos premios Queixumes nun acto no que entregaremos tamén os galardóns Bos e Xenerosos que a Fundación Eduardo Pondal concede nesta edición. Este ano, os premiados son Xosé Pumar Gándara, Uxía Blanco e Antón López Rivas (Mago Antón).
Esa mesma tarde haberá un espectáculo infantil para nenos de ata 12 anos co Mago Antón; Fran Alonso; un contacontos infantil con Celso Fernández Sanmartín e unha actividade con Pablo Díaz e Olga Kirk. Os mozos tamén terán o seu espazo cun obradoiro de artes plásticas e música protagonizado por Títerehop, coa participación do rapeiro García e dos monicreques de Viravolta.
Ás sete da tarde dese mesmo día, o acordeonista vasco Kepa Junquera impartirá unha master class na Casa dos Veciños, tal e como fixera nunha xornada histórica o pasado 2010 xunto a Pazos de Merexo e Xurxo Souto.
A xornada rematará con monólogos a cargo de Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín.

O venres, 18 de maio, as fadas pondalianas e os escritores Xoán Babarro, Ana María Fernández, Xelucho Abella Chouciño xunto cos músicos Gloria Mosquera de Mamá Cabra e Diego Maceiras; o tamén escritor Miguel A. Mato Fondo traballarán cos alumnos de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato nos centros Escola de Educación Infantil A Galiña Azul; o CEIP As Forcadas, o CEIP Eduardo Pondal, na sede da Fundación e no IES de Ponteceso, respectivamente.
Ese mesmo día, na Casa dos Veciños inaugurarase a exposición Querido Balbino coa presenza do autor que a inspira: Xosé Neira Vilas.
Posteriormente, descubrirase a praca en homenaxe aos autores Xelucho Abella Chouciño, Miguel Anxo Mato Fondo, Xavier P. Docampo; Xoán Babarro e Ana María Fernández. A estes actos acudirá tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Pola tarde, na sede da fundación terá lugar un obradoiro de rumba catalana da man de La Troba Kung Fu, chegados expresamente para este acto desde Barcelona. Estes tamén impartirán un concerto a partir das 23.00 horas.

O sábado realizarase unha convivencia entre a Fundación Eduardo Pondal e a López Abente, cuxos protagonistas foron parentes no seu día. Inaugurarase tamén a exposición de torneiros na sede da Fundación e pola tarde terá lugar unha sesión de cantos de arrolos para nais e pais con bebés a cargo de Xabier Díaz e Guadi Galego. Ese mesmo día, a lareira da fundación acollerá un café na memoria na honra de Valentín Paz Andrade coordinado porLuis Giadás e presentado polo científico Jorge Mira. A xornada rematará co concerto de Acadacanto.

O domingo 20, ás 11,00 h., inaugurarase a XXX Feira de Artesanía na que se prevé unha ampla asistencia de artesánss e o Salón do Libro. Durante a xornada terá lugar pasarrúas, sesións de contos, obradoiros de monicreques, actuacións de música e danza de Monte Branco e Inllar, música de taberna, cinema para nenos. O fin de festa protagonizarano As Cantareiras de Ardebullo presentadas pola coruñesa Isabel Risco, e o concerto de Os terribles de Donas que presentará o disco Pedramoura.

Estes son algúns dos actos que integran esta ampla programación que podemos caracterizar con tres palabras: calidade, variedade e diversidade. Calidade de todos os actos nos que se mesturan distintas culturas: galega, vasca, catalana, etc. Variedade de actos desde cinema ata actuacións musicais, máster class, mostras, exposicións, etc. Diversidade de público ao que van dirixidas.

Só queda agradecer a colaboración de entidades públicas como AGADIC, Fundación Centro de Deseño e Artesanía de Galicia, Concello de Ponteceso, Deputación Provincial de A Coruña; a Fundación Galicia Calidade; e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Conselleria de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, xunto con outros organismos de carácter privado dos ramos de transporte, hostalería e financiero. Todos eles quixeron colaborar na celebración de Festiletras 2012.

Do medio colaborador QPC

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



multiple image
 
quen somos button
introgcplus button