Populismo confiscatorio en Arxentina

A reacción do goberno español á expropiación de YPF está mediatizada polo corporatismo, xa que Repsol, como moitas das compañías do IBEX 35 que responden ao paradigma do corporatismo castizo español, especialmente as sedeadas en Madrid, dependen, en grande medida, das decisións adoptadas polos organismos públicos e posteriormente publicadas no BOE.

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 25/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Isto nos debe desviar da denuncia do atropelo perpetrado contra a compañía petroleira, que as gasolinas en España sexan máis caras antes de impostos que no noso entorno, polos privilexios que os sucesivos gobernos españois conceden ás pretroleiras dominantes, non nos debe impedir denunciar un ataque frontal á maior causa de converxencia económica entre pobres e ricos a nivel mundial; o libre movimento internacional de capitais, traballo, servizos, produtos, ideas, tecnoloxía, é dicir, a globalización.

A expropiación de YPF só ten a explicación dun arrebato confiscatorio, motivado por problemas de insustentabilidade dun modelo de gobernación populista, e executada por parte dun goberno sudamericano, a rexión do planeta, que infelizmente, con máis frecuencia vemos relacionada con episodios desta natureza. Estamos perante unha confiscación e non perante unha expropiación polo mero feito de que Repsol-YPF tiña unha concesión para a explotación duns determinados recursos enerxéticos pero non á sua propiedade, en sentido estricto, que xa pertencía ás provincias arxentinas. Unha confiscación ademáis parcial, o que subliña a sua indefendible arbitrariedade, xa que se produce nada máis que contra Repsol e non contra os socios arxentinos de YPF nen o resto de socios minoritarios, o que nos informa da motivación populista da acción emprendida polo goberno de CFK. 

A situación é inxusta xa que foi a xestión de Repsol a que viabilizou YPF, unha compañía que cando foi adquirida pola petroleira española, estaba ao borde da quebra, ademáis son os investimentos de Repsol os que tamén posibilitaron o descobrimento do enorme xacimento de Vaca Muerta, unha importante fonte de ingresos no futuro, que seguramente CFK terá pensado usar no mantimento das suas políticas de subsidiadoras e populistas que están voltando a conducir ao seu país a unha complicada situación, que CFK trata de esquivar, entre outras cousas, con soflamas patrioteiras en relación ás Malvinas e coa confiscación de YPF.

Tratase ademáis dunha confiscación e non dunha expropiación xa que as palabras do viceministro Kicillof permiten interpretar con facilidade que o goberno arxentino non ten nengunha intención de pagar cantidade algunha por quedarse con YPF, este regreso ao peor populismo de tradición peronista, sinala a pendente de queda na que, de novo, está inmerso o pais hispanoamericano. As consecuencias da inseguridade xuridica e a imprevisibilidade do entorno provocará, xa a curto prazo, a retracción dos investimentos estranxeiros na Arxentina, e como consecuencia colateral, tamén perxudicará aos seus viciños sudamericanos. 

As grandes empresas españolas, que pola natureza do seu negocio, máis dependen das boas relacións co poder político quizá pensaron hai uns anos que sudamérica era un destino ideal para os seus investimentos, pola proximidade cultural e linguística e pola susceptibilidade de infuir nas suas clases políticas para protexer e garantir os seus investimentos, infelizmente sudamérica continua a ser un escenario pouco previsible politicamente e portanto, asociado a elevados riscos como destino de investimentos a longo prazo, salvo Chile e pouco máis, serán as empresas que poden escapar do control político, e polo tanto da corrupción e do populismo, como por exemplo a galega Inditex, as que máis percorrido teñan nesta e outras rexións do mundo. Brufau dixo que eles non pagaban comisións aos políticos arxentinos o que permitía abaratar os combustibles, quizá esa sexa unha das claves do acontecido.

Carlos Vázquez Padín




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

55 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 20

    xan

    Eu estou de acordo co populismo confiscatorio arxentino. Se Converxencia XXI é a mesma converxencia que dis que houbo entre pobres e ricos grazas á globalización –visto calro, dende a óptica do rico– espero que desaparezades canto antes

    1 resposta
    1

    Por Boliviano: A poquiño a pouco o centro dereita galeguista é unha alternativa real en Galicia. O PP non pode seguer extendendo o clientelismo de enchufes sen colapsar todo. Non caben máis ratos nese barco.


    19

    boliviano

    Así fas, así che farán, di o refrán. Os arxentinos morren de frío e teñen un déficit enerxético enorme que os empobrece. O da lingoa cervantina e demais pandereitadas so é demagoxia. España debeu prevelo antes de explotar a un pobo irmán. ¿populismo?... Nos 90 Repsol e os Krisner be que se lambían.

    1 resposta
    1

    Por DANTON: Are Crisna are crisner e viva o aymará!! Meu boliviano das entre pernas, fas ben o conquistador ágrafo.


    18

    pAPAROTO

    A única confiscação foi a que perpetrou o tal Brufau e demais mangantes catalães, a quem tanto admirades, sobre um recurso que pertence aos argentinos ... E não há mais nada que falar.


    17

    Solis

    Padim , estás nas antípodas do sentir e pensar deste povo.Intervenção do Exército Galego na libertação da República Argentina (1806) http://www.youtube.com/watch?NR=1&v...

    3 respostas
    1

    Por Doutorando: E tí si o sabes, verdade Solis?

    2

    Por antom: claro claro. padim está nas antípodas...de ese voto que vota independentismo de extrama esquerda e leninismo-estalinimos do BNG, verdade? Que películas vos montades en internet. Increibel.

    3

    Por Solis: C XXI si que o tem claro..à vista estam os ressultados


    16

    xan soares

    Excelente e acertadísimo artigo unha vez máis. O nacionalismo colonialista español contra o nacionalismo populista arxentino. Loitas entre lobbies camufladas coma loitas entre países por políticos irresponsables. Logo hai moita xente que os acaba crendo. Lamentable e irrresponsable moi típica de ambos países. Aínda así non vai ser unha situación que non se repita.


    15

    Breoghain

    Não posso seguir a ler o artigo depois das primeiras linhas. Sr. Padim, Galiza já tem dito muitas vezes que não acredita em uma direita galega. Para isso já estão os nacionalistas espanhóis do PP. Sigam assim e não conseguirão nada. Apenas algum postinho para que alguns de vocés se sinta satisfeito e/ou faça caixa. Mas politicamente não têm futuro. Argentina, Cristina e os seu vice-ministro fazem muito bem fodendo uma empresa espanhola. Para além doutras considerações e análises, só o fato de parar-lhe os pes a estes mediocres e fanáticos nacionalistas espanhóis já val a pena. SENHOR MONTORO E PANDA: NO ASSUNTO REPSOL, NÃO SE MIRE VOCÉ TANTO AO EMBIGO, HOME, TENHAM AMPLITUDE DE MIRAS, TODOS SOMOS HUMANOS, TAMBÉM OS ARGENTINOS !!!!! TOMA !

    1 resposta
    1

    Por Doutorando: "Galiza já tem dito muitas vezes que não acredita em uma direita galega"; Breoghain, deixa que Galicia fale por si mesma... haberá algúns que queiran votar unha dereita galeguista, outors ao centro e outros a esquerda; o importante e ter a posibilidade de votar diferentes opcións


    14

    CranioF

    Boas palabras, Padín. "Sopita" pa os pobres, iso é o que entenden eses montoneros e outros bestabravas como Chávez. O populismo é o máis baixo escalón da política, xusto antes da dictadura e moi próximo a ela. O que non termino de comprender é cómo un país que foi o máis culto de América Latina teña un tecido político tan sumamente desastroso, desde os tempos de Perón, Evita e as súas tenras bágoas.

    2 respostas
    1

    Por DANTON: Cando Franza fala de populismo fala de Le Pen, máis que saberá Franza da democracia, Hai que consultar á culta España e ao paifoquismo cipaio da colonia do noroeste.

    2

    Por Craniof: Le Pen non goberna en Francia, nin gobernará. Eis a diferenza.


    13

    bue

    SAN Repsol, SAN Iditex, e todo o santoral... Para ter inversores como eses pouco perde Arxentina e moito mancha a imaxe de España e Galicia a xente que esta defender este tipo. Se non mirade o ilustre posto que ocupan estes no mundo das inversións. http://puertoreal.cnt.es/es/denunci...


    12

    pjrngw

    Ave María purísima. Amadísimos hermanos en Cristo: Hoy quiero hablaros de esa terrible afrenta a nuestra patria que es el intolerable expolio perpetrado en Argentina contra la empresa española Repsol, regentada por personas de bien, patriotas, cristianas y temerosas de Dios. Tal hecho es un eslabón más de la conspiración contra España que sin descanso llevan a cabo sus sempiternos enemigos, que no son otros que el comunismo, la masonería y el mismo Satanás, que sólo buscan el desastre para la nación destinada por el Altísimo a llevar su santa palabra al mundo.

    4 respostas
    1

    Por pjrngw: Uno no puede salir a la calle sin ver a cientos y miles de españoles, y entre ellos nuestros paisanos de la región gallega, llorando amargamente por el robo que el gobierno argentino les ha hecho a los sufridos propietarios de la empresa, que ahora se van a ver obligados a la indigencia y marginalidad, pidiendo limosna en busca de almas caritativas que llevadas de su espíritu cristiano aporten su óbolo para contribuir a la supervivencia de los propietarios de Repsol.

    2

    Por pjrngw: Incluso los cinco millones de parados han firmado un manifiesto expresando que renuncian a cualquier tipo de ayuda, si no se les ha agotado, e incluso a sus prestaciones sanitarias, ya recortadas por las medidas que el benemérito gobierno del PP ha tenido que tomar contra la crisis económica provocada por la ley de matrimonios homosexuales, la del divorcio express, el separatismo y la pérdida de la costumbre del rezo en familia del santo rosario, a fin de que a los expropiados dueños de Repsol no les falte al menos un yate, una mansión con su capilla y piscina, una modesta limusina con su correspondiente chófer y una cuenta bancaria en Suiza con al menos unos pocos cientos de millones de euros. Oremos, pues, por la sufrida empresa Repsol, que es en estos momentos la preocupación número uno de todo buen cristiano y de todos los españoles de bien. Palabra de Dios.

    3

    Por josefacharlin: tipico dos comunistas. Cando non hai capacidade para debatir, chamar españolista a un nacionalista galego acreditado. Non vos da para mais non bufon?

    4

    Por Hermerico: a um qué?


    11

    Artús

    Un tribunal de tasacíón revisará o valor real de YPF, contase que YPF debe ó estado arxentino uns 9.000 millóns de dolares ó estado arxentino. Non se reflicten nas contas de YPF as tasas por danos mediambentais. O que si é verdade é que Repsol aumentaba as exportacións porque reportaballe mais beneficios mentras decrecia no abastecemento do interior, o que facia que Arxentina sendo productor tivera que importar petróleo aos altos prezos do mercado actual. Moi capitalista privatizar beneficios e socializar custes en forma de expoliación e danos madiambientais.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Carlos Vázquez Padín

    Presidente, fundador e concelleiro en Tui de Converxencia 21. Nado en Tui en 1973, licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios de Caixanova. Ocupou postos directivos en Pemes e na actualidade é autónomo. O seu blogue é http://carlosvpadin.blogspot.com