As Metáforas Visuais de Román Montesinos

Esta impactante serie de fotos permanecerá exposta na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Fene ata o 4 de maio.

Por Paco Gallego | Fene - A Coruña | 29/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A mostra inaugurouse o pasado 18 de abril e permanecerá na Sala de Exposicións da Casa da Cultura (Avda de Conces, 20-22) ata o vindeiro 4 de maio. Poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.

Román Montesinos naceu na Coruña en 1952. Comezou a súa andaina fotográfica a finais dos anos 60. Xeólogo, especializado en Paleontoloxía, actualmente é profesor na Universidade da Coruña.

A obra fotográfica deste artista tense vinculado coa fotografía metafórica (metáforas visuais – poesía visual). Nas súas fotografías tenta evocar distintos tipos de sentimentos, conxugando o material –obxectos diversos- co anímico. Na súa obra predominan os dobres sentidos e, con moita frecuencia, un humor subxacente.

Montesinos é autor de máis dunha ducia de exposicións individuais: na Coruña (Asociación Alexandre Bóveda, libraría Arenas e dúas veces na Facultade de CC da Educación). Tamén no Concello de Culleredo, na Universidade de Oviedo, en Do Forno, en Lugo, na Universidade de León, en Casa Charry do Concello de Oleiros e, colectivamente, en Madrid e Culleredo (A Coruña). A súa obra foi difundida en medios de prensa GALEGA, ESTATAL e internacional (Boston, USA) e, virtualmente, na agrupación fotográfica F11 de Alemania, con dúas exposicións monográficas en decembro de 2008 e xaneiro de 2011.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe