Os estudantes sentan contra o "tallazo" en educación

A organización Iesga denuncia o recorte dos orzamentos en educación, o incremento das taxas universitarias e o brutal recorte nas bolsas de estudos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
"Milleiros" de universitarios, segundo a Iniciativa Estudantil Galega (Iesga), protestaron este mércores nas tres universidades galegas contra as medidas de reaxuste educativo do goberno popular. Unha protesta que contou co apoio público de CC.OO, UGT, Xuventudes Socialistas de Galicia e membros dos equipos de goberno das universidades galegas.
 
Durante a protestas puidéronse escoitar slogans como: “Non, non á privatización”, “menos relixión e máis educación”, “Con tanto pagar, imos afogar”, “Wert escoita, o estudantado loita” e varias referencias os mínimos recortes aplicados á Casa Real Española: “Máis carpetas e menos escopetas”, “Quítallo ao Borbón e dallo á educación”, “Con tanto recortar, nin Froilán vai estudar”.
 
Contra os recortes
 
O Coordinador de Iesga, Juan Jesús Sánchez, amosou preocupación da organización polos recortes en materia educativa. Así, lembrou que “a educación é una inversión e non un gasto e ten unha incidencia social moito maior que outras partidas orzamentarias, aínda que nestes orzamentos o Goberno a trate como si fose unha materia irrelevante".
 
Por iso, denunciou que, cos recortes do goberno de Feijóo e os novos recortes do Goberno de Rajoy, "resulta imposible maner a calidade" universitaria. Por outra banda, Emilio Lage, Coordinador de IESGA na UDC, manifestou que “o goberno de Núñez Feijóo utilizou Galicia como campo de probas para as reformas educativas do goberno popular".

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



multiple image
 
quen somos button
introgcplus button