Premio para un filme galego nun dos festivais máis importantes dos EE.UU.

Vídeo de "Eduardo Barreiros, o Henry Ford español" no interior.

Por Galicia Confidencial | | 26/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O telefilme Eduardo Barreiros, o Henry Ford español, producido por Continental Producciones e Salero Films coa participación de Televisión de Galicia, Canal Sur, Telemadrid, Canal 9 e Euskal Telebista, recibiu o máximo galardón, o Platino da súa categoría na 45 edición do Festival Internacional World Fest de Houston (Estados Unidos).

A tv movie rodada en Galicia foi seleccionada entre títulos de todo o mundo e logrou imporse a títulos estadounidenses, taiwaneses ou haitianos. Ademais por terse convertido no gañador da súa categoría, accede automaticamente á selección oficial do Festival de Seúl (Corea).

O Worldfest de Houston é o máis antigo dos festivais dedicados ao cine e vídeo independente e un dos 3 máis antigos dos que se celebran nos Estados Unidos. Nel foron descubertos directores como Steven Spielberg ou George Lucas. Na pasada edición o certame recibiu 4.500 solicitudes procedentes de máis de 37 países.

Eduardo Barreiros, o Henry Ford español tamén competiu na sección oficial do Festival Internacional de Igualada e conseguiu 6 candidaturas aos premios Mestre Mateo que se entregan este sábado, 28 de abril.

Eduardo Barreiros, o Henry Ford español foi dirixida polo novo realizador galego Simón Casal e protagonizada por Manu Regueiro, Julio Pereira e María Tasende. O telefilme céntrase na figura do emprendedor galego Eduardo Barreiros que chegou a ser un dos 6 empresarios máis importantes de Europa nos anos 60. O imperio industrial de Barreiros comezou coa xenial idea de converter os motores de gasolina dos camións en diésel. Pero os seus inimigos conseguiron acabar con el tras unha encarnizada loita.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
3

Sandokán

Ogallá houbese moitos Barreiros, Isla Couto e Paz Andrade máis.


2

Hermerico

Este é um filme espanhol ambientado na Galiza, nom um filme galego. Nesta altura já devia estar clara a diferência.

2 respostas
1

Por Antitalibáns: efectivamente, son son galegos o director, a maior parte do elenco e dos cartos para facelo.

2

Por Hermerico: Vejo que nom fica clara a diferência, sobre todo para quem nom a quer ver. Haveria que explicar umha série de cousas mas acho que para quem é o burro vai bem com essa albarda.


1

eumateix

O caso de Barreiros é um claro exemplo de como o nacionalismo galego anda nas quimbambas perseguindo estranhos mitos inexistentes e nom aproveita os que temos à mao, já no magim popular. Eduardo Barreiros é o maior exemplo de self made man que temos, e tenhem que vir de fora dizer-no-lo (digo-o polo documentário prévio e polo museu Barreiros de Valdemorillo). Nós, por enquanto, em vez de criarmos umha história da indústria galega deixamos que morra e continuamos a elevar aos altares o principal elemento da nossa essência nacional: o sacho.

1 resposta
1

Por Breoghain: Pois algo de verdade também ves tendo. Galiza é identificada por alguns só com paisagens bucólicas e ruralismo. E é certo que são carateres da nossa identidade e devem ser mesmo potenciados mas com um focamento auto-centrado, nacional, soberanista, de desenvolvimento sostível e respeitoso com o meio. Mas também temos outras identidades e outros ámbitos económicos dinos de serem considerados como todos os setores tradicionais e também os mais modernos. Somos pioneiros em muitas tecnologias únicas no planeta. Desde as artes de pesca ou as bateas até a eletrónica naval, etc. E mesmo desde uma percura de uma sociedade justa e igualitária nos parámetros do socialismo, devemos impulsar a ciência e tecnologia galegas. Temos muito potencial humano que não pode desenvolver cá a suas carreiras e talentos. E a nossa libertação nacional e social também necessita de tecnologia e técnica.


multiple image
 
quen somos button
introgcplus button