Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/04/2012
Os miles de galegos afectados polas preferentes non se renden. Onte lograron pechar temporalmente unhas 20 oficinas da entidade na provincia de Pontevedra.
Na oficina de Moaña, o número dous do banco, César González Bueno. O directivo comunicou aos afectados que NGB está a buscar unha solución, que non concretou. Este mércores foron recibidos polo conselleiro de Economía. Javier Guerra tampouco foi quen de explicar como recuperarán os seus aforros, conxelados en NGB.
NGB está a piques de saír a poxa por un euro, senón atopa antes do Outono un investidor español disposto a mercar o máis do 90% de accións que tivo que mercar o Estado para salvala da quebra.
O presidente da Xunta acusou onte ao Banco de España de entorpecer a "solución Castellano". José María Castellano, presidente de NGB, di que logrou investidores foráneos para mercar a metade aproximadamente das accións. Iso si, os investidores piden uns avais públicos que o Banco de España considera á marxe da lei. Con ese argumento, Feijóo trata de culpara da probábel poxa ao gobernador do Banco de España.
A probabilidade de que a entidade sexa obxecto dunha poxa é tal que onte o Banco Sabadell xa recoñeceu abertamente que está "moi preparado" para mercar entidades como a galega. O seu responsábel Jaume Guardiala mostrou o interese da empresa catalá por medrar en Galicia e dixo estar "moi pendente" do futuro de NGB.
Os afectados polas preferentes preparan novas mobilizacións nos vindeiros días, incluídas protestas noutras vilas lonxe de Pontevedra.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O negocio que fixeron coas preferentes foi un escándalo. Que agora se neguen a devolverllelo diñeiro aos afectados é un atropelo que non se pode consentir. Fan ben en mobolizarse e pechar oficinas; en esixir unha solución ráoida e coa devolución íntegra dos seus cartos. Un roubo en toda regla. Entreagn uns cartos a unha entidade financieira e agora dinlle que non teñen cartos para devolverllelos!! Un escándalo que non podo rematar sen a recuperación dos cartos ata o últim o céntimo de euro.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting