"Subir o IVE é o sablazo do mal gobernante"

Incumprindo o prometido, o Goberno aumentará o imposto sobre o consumo en 2013 e estuda obrigar a fusionarse aos concellos máis pequenos, o que afectará especialmente a Galicia. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 27/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O ministro de Economía, Luís de Guindos, asegurou este venres que o Goberno vai anunciar unha "racionalización" do número de concellos porque é necesario "reducir un gasto público que ás veces non é eficiente".

Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, De Guindos referiuse ás medidas do programa de estabilidade que o Goberno ten que enviar a Bruxelas e sinalou que España ten unha estrutura administrativa que ten un "número de concellos moi superior en relación a outros países".

Aínda non se coñecen os detalles do plan, que presetarán outro ministro, Cristóbal Montoro, nos próximos meses.

En todo caso cómpre lembrar que Galicia é unha das autonomías, canda Cataluña, con máis concellos. A Xunta tamén aposta pola fusión destas entidades locais. Un plan que bate de fronte con moitos mandatarios locais. De feito, no PPdeG acaba de crearse unha asociación de edís que busca facer fronte ás fusións municipais impostas dende a Xunta ou o Estado.

Na mesma rolda de prensa, De Guindos admitiu finalmente que o Executivo subirá o IVE en 2013. Polo contrario,  o Executivo baixará os impostos ás empresas pola cotización que pagan polos seus asalariados.

O mandatario dixo en primeiro lugar que se subirían os impostos sobre o consumo. Unicamente despois de baixar do estrado admitiu que entre eles está o IVE, que se aplica a práctica totalidade de bens, ademais das gasolinas, o alcol e o tabaco.

O PP prometera reiteradamente que non subiría o IVE, como fixeron os socialistas. De feito, en Galicia Feijóo acostuma a defenderse dos ataques da oposición ante os recortes recordando esa medida de Zapatero.

"A subida do IVE é o sablazo que os males gobernantes lle pegan a todos os seus compratiotras que xa están sufrindo moito pola crise", dixera Rajoy cando estaba na oposición.

O PSOE acaba de publicar un vídeo con todas as frases do político galego e dos seus ministros nas que prometeran en reiteradas ocasións non subir o IVE:

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
4

galegoexiliado

Non sube i IVE, será so unha rehubicación de activos financeiros en mans privadas que pasarán as Arcas Públicas pa ser introducidos no noso sistema bancario e financeiro, unha simple recolocación de activos monetarios improductivos. Non como cando Zampatero lle quería subir o IVE dos chuches da nena de Rajoi.


3

torquemada

la paradoja es, el nacionalindeoendentismo ha dejado con sus politicas de neofachas las cajas del estado vacias para años y años, pero a pesar no ser responsabilidad del PP se le exige que en 4 meses lo arregle, y que con salgo negativo mantenga lo que tenemos FLIPANTE SEÑORES, venga un poco de seriedad si es que la encuentran, que debería de darles vergüenza

2 respostas
1

Por forrest gump: Imbécil non é quen e imbécil, imbécil é quen dí imbecilidadas

2

Por a la hoguera: pero a pesar no ser responsabilidad del PP... Que non ho, que vai ser responsabilidade do PP o Gaiás, a deputación con centos de enchufados, o de Valencia, o Gurtell, o "palacete" do outro, os aeroportos sin avións e con estatua do presidente de 25 m., que va, culpa dí...


2

Nemigo

xa ía sendo hora! por se quedaba alguén que non coñecera ao PP e a rajoy agora está por ver que os peperos queiran quedar sen concellos


1

Un cabreado co goberno

A paradoxa que ase deu neste pais foi que os obreiros e pensionistas creron que Rajoy os ía sacar do apuro. É coma crer que as avelaiñas empreñan. Imposible metafísico. "Váiase Sr. Zapatero que o problema é vde., non é a crise!! Cando chegue o novo goberno España cambiará de cara; os mercados daranse conta de que hai un goberno que goberna e que sabe a onde hai que ir". Ben. Aquí estamos, Sr. Rajoy. Un novo goberno e os mercados de rodillas, non sí? Canta infamia, canta mmentira, canto engano!! Vaiase Sr. Rajoy porque a solución non era vde. A solución virá cando alguén teña o que hai que ter e se enfronte de verdade ás samesugas que nos chupan o sangue; entón sí virá a solución.