Por nonsei | GC ABERTO | 28/04/2012
Galiza co Galego expresa a súa satisfacción polo acordo alcanzado entre as administracións, Xunta e Concello para mantemento das escolas públicas infantís municipais do Concello de Narón, que na actualidade están en funcionamento.
É de xustiza que a Xunta de Galicia participe como administración principal nos orzamentos das escolas infantís, e que en dereito debe garantir.
Foron as familias quen principalmente conseguiron que a razón e a xustiza prevaleceran, polo que Galiza co Galego manifesta o seu agradecemento pola súa determinación e a súa defensa do dereito á educación.
Galiza co Galego queda a disposición das familias e do Concello de Narón ao fin de buscar unha solución que permita o funcionamento da nova escola infantil de Xuvia.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting