Yihad Comercial na Coruña

Cada día 20 comercios pechan en Galicia. O proxecto "Yihad Comercial", exposto en varios locais coruñeses co nome de "Pechado", é unha iniciativa artística de Iván Louzán "Opinguino" que denuncia a situación do pequeno comercio. Imaxes, vídeo e pezas inéditas nunca expostas no interior.

Por Paco Gallego | A Coruña | 30/04/2012 | Actualizada ás 08:05

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Cada día pechan en Galicia vinte comercios. Uns seiscentos ao mes, aproximadamente. Calcúlase que desde 2007 desapareceron un 25% do seu total. Os 50.000 que aínda resisten apenas poden defenderse contra o poderío dos 50 Centros Comerciais instalados na nosa terra. Desde asociacións de consumidores e comerciantes, expertos de toda índole e institucións públicas esténdense diferentes receitas, tales como a consabida especialización, a formación continua e a aposta decidida polas novas tecnoloxías e a venda online. Mais a crúa realidade ensina que, en non poucas ocasións, os comercios que pechan son precisamente os que cumpren estes requisitos, deixando sen opción de autoemprego a miles de mozos e mozas. O elevadísimo prezo dos alugueres dos baixos comerciais cítase tamén como unha causa máis desta transformación urbana.

GC Tendencias conversou co responsable de "Pechado - Yihad Comercial", Iván Louzán, do blog Opinguino.es para coñecer en profundidade o proxecto e as motivacións deste, así como a súa continuidade.

GC Tendencias: "Yihad Comercial" é unha denominación moi impactante para o que está a ocorrer no noso pequeno comercio...

Iván Louzán: Ao meu entender, as nosas cidades viven unha das peores pragas para o desenvolvemento económico, social e profesional: os megacentros comerciais, uns lugares completamente pensados e manipulados co fin de servir como forte fonte de ingresos para grandes multinacionais e lobbys comerciais do mundo, deixando tras de si un ronsel de paro, pobreza social e crise económica.

GC Tendencias: É este proxecto o retrato do canto do cisne ou a crónica dunha morte anunciada?

Iván Louzán: En absoluto. Podemos rebelarrnos, pero para facer fronte a esta praga as únicas formas de "rebelión" son a concienciación social e o consumo responsable. A situación, por exemplo, na miña cidade -A Coruña- sobre os centros comerciais é tremendamente preocupante. Segundo varios estudos, o índice de centros comerciais na nosa cidade é 5 veces superior á media española por habitante.

GC Tendencias: Máis que un proxecto artístico, "Pechado - Yihad Comercial" vén sendo entón unha arma para a rebelión masiva?

Iván Louzán: Mediante este proxecto búscase crear conciencia, controversia e mostrar o rostro máis triste que deixan estas grandes superficies: un ronsel de baleiro, abandono e destrución de postos de traballo por todos os lugares que pasa. Este boom dos centros comerciais xa pasou noutros países, como nos USA da década dos 80, creando unha terrible crise social debido aos elevados índices de paro que se rexistraban, o emprego precario, o abandono das zonas tradicionais de compra, e o freo á innovación e ao desenvolvemento económico das cidades.

GC Tendencias: En que consiste o proxecto e cal é o seu futuro inmediato?

Iván Louzán: Inicialmente é unha selección de 15 fotografías que amosan o estado de abandono e o impacto sobre o espazo urbano destes peches comerciais, se ben non pretende quedarse con esas 15 fotografías. Pretende evolucionar, cambiar, continuar no tempo, abrirse a novos artistas que queiran incorporarse a este... Pero non ten un plan de realización a longo prazo realizado, só a curto-medio; unha vez realizada a seguinte acción social estúdase a seguinte acción a realizar. Durante o verán de 2012 empezarase a realizar unha segunda fase do proxecto que aínda está por definir completamente pero se baseará en dúas partes: Por unha banda a realización dun photocall social onde cidadáns anónimos expresarán o seu apoio ao pequeno comercio baixo o slogan "polo pequeno comercio, dou a cara". Por outra,  pretendemos ao tempo homenaxear os superviventes das pequenas superficies que lograron manterse en pé fronte ao poder dos centros comerciais.

O GC Tendencias ofrécevos a posibilidade de coñecer o conxunto desta impactante obra expositiva visitando a nosa páxina de facebook GC Tendencias.  

O seguinte trailer é un pequeno adianto da ampla reportaxe que estamos a preparar.

Exposicións realizadas

Agosto-setembro 2011: Cervexaría Malte.

Setembro-novembro 2011: Restaurante ecolóxico Seara.

Decembro 2011: Restaurante Cúrcuma.

Febreiro-marzo 2012: Bababar.

Actualmente aínda é visitable ata mediados de maio 2012 no Restaurante Cardamomo da Coruña (rúa María Luisa Durán Marquina, 6)

O proxecto, tras esta serie de exposicións -e posiblemente unha máis en verán, segundo asegura o propio Iván Louzao- dará por rematada temporalmente a súa primeira etapa.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

14 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 6

    Robin das Carballeiras

    Un dos problemas do comercio local da Coruña é a desproporcionada cantidade de centros comerciais. ¿Quén autorizou e concedeu licenzas para a implantación destes centros?. A practica totalidade dos comerciantes tradicionais da Coruña están claramente posicionados "CON EL PP" ainda que estan continuamente a queixarse do mal que lles vai e que de forma contínua cerranse comercios no centro da cidade (non sei contra quén se queixan se son os seus os que conceden licenzas a discrección e autorizan horarios imposibles para o pequeno comercio). Pois eu, unha vez maís digo, SARNA CON GOSTO NON PICA, ¡¡a foderse¡¡


    5

    Paco Gallego

    Aínda que o seu significado islámico é "Guerra Santa", literalmente en árabe significa "esforzo". Nos dous casos fai referencia aos esforzos ou á guerra (perdida polo de agora) contra o modelo comercial das grandes superficies.


    4

    eracheboa

    ¿Alguén sabería explicar por qué se chama "yihad" ao que acontece co pequeno comercio?


    3

    Mosqueado

    Ui ui ui ui ui...Por aquí hai moito que deseguido atopa escusa para ir mercar aos Centros Comerciais. Seica os donos deses centros votan á esquerda ecogaleguista ou altermundista...

    3 respostas
    1

    Por Lissy: Hai pouco onde escoller, pero eu prefiro que o meu carto vaia para a cooperativa Mondragón e non para os que "viven como galegos" pero pouco se lles nota.

    2

    Por Mosqueado: E que hai que facer? Sacrificar un año pola patria? Fálanche en galego no Centro Comercial? Na meirando parte dos comercios que coñezo si. Eses traidores ao país que votan ao PP....

    3

    Por Ateo Ronaldo: Lissy, moi reacionaria debes ser cando prefires que teu carto vaia para os opusdeystas de cooperativas Mondragón. Fanatismo católico apostólico e romano.


    2

    E Tello e Beiras que pensan

    E que opina disto Tello e Beiras? Non falaron na presencación do seu novo proxecto?

    1 resposta
    1

    Por Siohsi: O trolleo upegallo cada día máis patético. Antes aínda facía certa gracia. Con esta actitude infantil van chegar lonxe, van.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button