É precisamente pola coordinación entre os dous Corpos de Seguridade do Estado por onde hai que empezalo edificio do sistema público de seguridade en España, porque a situación actual é tan precaria que non reúne uns mínimos requisitos exixibles de eficacia no cumprimento dos seus obxectivos de garantilos dereitos, liberdades e a seguridade dos cidadás.
Mal pode o Goberno Central exixir aos gobernos de Comunidades Autónomas ou concellos unhas determinadas pautas de actuación de cara ás súas policías, cando non é quen de implantalos entre a Policía e a Garda Civil, dous corpos cuxos mandos se veñen enfrontando, no que atinxe as competencias, dende o seu nacemento coma policías estais, fai uns 170 anos, sendo evidente que trocan os Gobernos, os mandos, a sociedade, os mandados, máis non troca a competencia, non sempre leal, entre os membros dun e outro corpo.
Así podemos ver como a inmensa maioría das unidades da Policía e a Garda Civil están duplicadas, traballan en aberta competencia, xerando un custo excesivo ao sistema, descoordinación e ineficacia.
Os servizos de información, servizos especializados de policía científica, unidades especiais como GEO, Subsuelo, Guías Caninos
Tedax, Antidisturbios, etc., todos, os españois, os pagan dúas veces.
E non cabe dúbida que esta falta de coordinación, de todos con todos, repercute negativamente no servizo público que deben prestar e por ilo os cidadás pagan un tributo en forma de criminalidade e dun maior custo económico, que podería reducirse considerablemente.
En España hai que coordinar, ademais de a estes dous Corpos, a catro Corpos de Policías autonómicas en Cataluña, País Vasco, Navarra e Canarias. Hai que coordinar a uns dous mil corpos, aproximadamente, de Policías locais dependentes doutros tantos concellos. Hai que coordinar catro Unidades Adscritas a CC.AA., Galicia, Andalucía, Valencia e Aragón. O Servizo de Vixilancia Aduaneira, que se foi especializando na loita contra o narcotráfico compite, nas costas e portos españois, co servizo fiscal da Garda Civil.
Conseguir, nestes intres, un nivel de coordinación razoable, que nos permita traballar a todos co interese común de mellorala calidade de vida, o exercicio das liberdades e dereitos, e a seguridade dos cidadás, debería ser motivo dun amplo acordo de tódolos partidos políticos e institucións. Máis este consenso non se atisba nun horizonte inmediato.
Ao mellor será necesario un maior deterioro da seguridade e un maior custo, para que se tomen as medidas necesarias para conformar un sistema público de seguridade máis coordinado, eficaz e barato que o que temos na actualidade.
E que mellor que este tempo de crise económica para facelo. A ver quen ten o que hai que ter para poñerlle o cascabel ao gato. É unha materia pendente da democracia.
José Freire
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting