pepeblanco.es, para "traballar" polos cidadáns

O ex ministro de Fomento e número dous do PSOE presenta unha web para dar a coñecer o seu traballo no Congreso.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 30/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

"Esta página que ahora pongo en funcionamiento creo que puede servir para que mi trabajo en el Parlamento se conozca mejor, para acercaros mis inquietudes y también para que pueda recibir las preguntas, sugerencias o solicitudes que queráis hacerme llegar". Deste xeito presenta José Blanco a súa nova web, www.pepeblanco.es, que ten coma principal obxectivo dar a coñecer o seu traballo no Congreso.

Esta páxina, que comparte a estética da web do PSOE e que utiliza indistintamente o galego e o castelán, é a primera de tipo persoal do político lucense. Con ela pretende, segundo o propio Blanco, que os cidadáns coñezan a súa vida no Parlamentom e o seu traballo de diputado que "se parece a un iceberg".

"Apenas una parte muy pequeña está a la vista de la gente. Solo sus intervenciones en plenario, o en determinadas comisiones, llega a la ciudadanía", apunta Blanco que asegura que tomou a decisión de poñer en marcha esta iniciativa porque "un político es un ciudadano que representa a otros ciudadanos".

Mellorar a "conexión" coa cidadanía

"Todos debemos ser conscientes de que hoy lo que se necesita es hacer más dinámicas y eficaces todas y cada una de las instituciones que conforman nuestro sistema democrático. Solo lo conseguiremos mejorando la conexión entre la ciudadanía y quienes somos sus representantes", asegura.

O político lucense lembra que, ao longo das últimas lexislaturas, quixo, sempre, "tener un escano conectado con lo que piensan los ciudanos". Por iso, con esta nova web pretende comunicarse con eles. "Si crees que esta web puede interesarle a alguno de tus amigos te agradezco que le envíes la dirección de la página para que en adelante podamos estar en contacto", apunta.

A web ten unha apartado de axenda, biografía e intervencións, así como as últimas novas relacionadas co ex ministro. Tamén aparecen as súas intervencións e un espazo denominado "compartiendo", no que recomenda un libro do profesor universitario Roberto Blanco Valdés, quen nos últimos tempos se caracterizou por ser moi crítico, precisamente, co PSOE. O galego está reservado só para a sección adiacada a Lugo.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

9 comentarios
6

Manola de Sálvora

Pepe, falaches que co dos controladores baixaría as taxas: suben. Ficheches una terminal en Lavacolla, pagamos 100 millóns, para ter valeira a anterior, que estaba ben, por qué?. Trataches de vender Baraxas, O Prat....a lotería. Como a Itinere (esos que pagan as tuas conferencias) tes lle que manter o negocio da autoestrada-negocio de Rande, pagaremos a ampliación e pagaremos o peaxe, e non veremos a prometida autovia Vigo-Po, so porque molesta a Itínere. Falaches nunha revista de cobrar por ir polas autovías......e finalmente falaches de que o teu ático legalizado era so "unha opción de compra".....o falar non ten cancelas


5

Ruano

Blanco: " Trabajar",...... ¿pero que dices..?.. Por Dios Pepe no seas botarate ...... Un poco de seriedad al menos ............Tú sabes, que no has dado un palo al agua en la puñetera vida ......Hasta en la gasolinera de Guitiriz, niegas haber cogido la manquera...........No intentes liberarte del pecado de la vagancia , pues a ti no hay penitencia que te salve,.......Quien te seguimos la ruta somos conscientes de tu condición de haragán redomado, que metido a estadista ayudó a poner el país patas arriba .Bueno, todos , menos Jorquera el del BNG, que te defiende a capa y espada, extremo que nunca llegaré entender


4

AFORADOS, NO !!

renuncia a tu condición de aforado y aclara lo que pasó en Lugo y después nos presentas la página web y hasta a tu suegra, si quieres.

1 resposta
1

Por Xan dos Peares: home pois que o faga xuntamente con Feijoo, aquel que di Dorribo que foi un choio as reunións con el!, e os resultados das aprobacións logo de estar con Feijoo xa se viron. Cando vai chamar a xuiz a Feijoo como imputado?? dimitirá ao momento??


3

ManoIo2

Eso de que 'utiliza indistintamente o galego e o castelán' o tedes que corrixir. Utiliza o castelán e mete algo en galego porque llo recomendan os asesores. As direitivas do Hotel Loujo, do Crube Financieiro Vigués, e a da tamén viguesa asociación 'En Gallego No', coleitivo que defende a constitución e a liverdade, aplauden a mensaxe de Pepiño.


2

rosa

a foto é da presentación da web do psoe, non de pepeblanco.es


1

Black Crow

Genial, porque esto de ir buscándolo por las gasolineras se hace un poco pesado.

2 respostas
1

Por Negra Sombra: sempre mellor repostando nunha gasolineira ca nun barco da fariña coma Rajoy, el sabería o que facía alí e con que compañías! pois non era por non ser de dominio público nonsi?

2

Por Siohsi: E o camello, Droga Conde S.A.