Apolítico/a?

Sei que é difícil -pero que moi difícil- coa que está caendo dicir unha palabra, unha soa, en defensa da política e os políticos. Pero tamén é preocupante o linchamento da democracia.

Por Valentin Carrera | Teo | 04/05/2012

  • versión para imprimir

 Quizais o próximo 10M un modo de non darlles a razón ou arrebatarlles o poder sexa reivindicar a dignidade da Política con maiúsculas, a dignidade do ben común, da colectividade que somos. 

Hai que votar e moito, sempre que se poida, hai que saír á rúa e moito, sempre que nos convoquen, hoxe por ti, mañá por min;, hai que facer Política e non lavarse as mans, como Pilatos. Que hai moito pilatos insolidario, que fan como Franco, "non se meta Vostede en política". 

Ou sexa, deixe que outros pensen, decidan e gobernen por vostede. Non no meu nome: declárome rotundamente NON APOLÍTICO. Hoxe por ti, mañá por min. Vémonos na web e na rúa, que xa son unha mesma cousa: hoxe en defensa dos xornalistas e o 10M en defensa propia. @Tornarratos

Valentin Carrera




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Obreiro galego

Qué carallo ocurre o 10 de Maio? que eu saiba nin sindicatos, nin represantes do pobo traballador teñen convocado nada. Non me interesa para nada os botellóns.


Valentín Carrera

Valentín Carrera (Ponferrada, 1958), escritor e xornalista, colabora na Radio Galega, Altaír, Bierzo7 e Galicia Confidencial, entre otros medios. Escribe os blogues Ahí estamos (http://vantalin.wordpress.com ) e Tornarratos (http://tornarratos.wordpress.com ), crónica política e parlamentaria desde Galicia. Os seus últimos libros “Municipais 2011 en Galicia” (ebook publicado por Edicións Lea) e próximamente “As eleccions xerais do 20N na rede”. En Facebook e Twitter: @Tornarratos