Por galdo (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 05/05/2012
A clase política, ese colectivo de transformistas expertos en pintar cadros fóra de lenzo, como resultado dese habitual desvarío, terminan embadurnando o panel da realidade coa brocha gorda da súa ineptitude, para logo, tras pór pano á chapuza, ter o atrevemento de chamarse a autoría creativa dunha obra de arte.
É indiferente o estilo pictórico , a estética, a técnica ou a idea adquirida; pois neste gremio artístico de saltimbanquis políticos, tan escaso valor ten a plástica de quen contornea un puño cunha rosa ou quen esboza un ceo con gaivota, tendo en conta que a súa carencia, non só prodígase nos seus fondos senón que igualmente deslízase polo perfil das súas formas.
Pero a versatilidade destes eruditos de quincalla, non se para en pinceladas, chegando coa súa extravagancia enfermiza a converter o país no escenario apropiado para dar renda solta á representación dunha bufonada descarnada, unha sesión continua, onde estes "bien pagaos", tentan camuflar a súa excedida insuficiencia, repercutindo a grosa factura do seu mal oficio, sobre uns atónitos espectadores que non logran entender a súa condición de suxeito pasivo.
Quen, non reaccionaron ante os primeiros brotes da crise admitindo que a súa orixe derivase en metástasis extensiva, quen tras catro anos de diagnostico conclúen que o mellor antídoto é matar ao enfermo, é evidente que poden manter unha alianza de intereses e camaradería cos mercados especulativos, pero non resulta ser o cadro de persoal indicado, para afrontar de modo efectivo a reactivación da economía produtiva, que é o único revulsivo aos males que padece o país.
Unha clase política que despois de apropiarse do mandato electoral, rompe unilateralmente os seus compromisos coas urnas tomando dirección contraria ao contido da súa oferta, tan só pódese definir como un congregado de impostores, uns linguateiros de feira pouco fiables, para quen a democracia, é simplemente o marco apropiado para garantirse a indecente exclusividade dos seus privilexios, mentres bailan a danza macabra que interpretan os mercados.
Esta clase política por máis mensaxes subliminares que emitan para satisfacer o seu egocentrismo, poderán enredarnos con parafernalias bolsistas e rescates bancarios; lograrán desbaratar o país incrementando o esforzo fiscal mais alá da capacidade contributiva dos cidadáns; alcanzarán o cinismo cernando as políticas sociais que prometían manter; saberán arruinar a estrutura produtiva do país facendo o contrario do debido ou manterán en activo un veto que defendían levantar.
O que non saberán resolver estes inútiles, será, como saír da crise, como facer crecer a economía, como crear emprego, pois devanditos obxectivos tan só lógranse coa intervención decidida do universo empresarial que maioritariamente conforman as PEMES.
Empresas, que urxentemente deben saír en autodefensa a través dos seus órganos de representación, con iniciativas de acción directa e medidas de choque, dirixidas, a pór freo ao negativo balance que como consecuencia das inconcibibles medidas políticas, ocasionou peches encadeados desde o inicio da crise no 2008, cuxa cifra absoluta se eleva a 178 500 empresas o que levou implícito a destrución de 2.985.000 postos de traballo, cuxo rescate haberá de tomar preferencia sobre calquera consideración obxectiva, do mesmo xeito que a reactivación do investimento público.
É innegable presumir, que quen foron capaces de levar a este país ás cotas mais elevadas do seu desenvolvemento, teñen demostrada capacidade para sacala unha vez máis da lameira no que outros a sumiron.
É obrigado pois, pór fin á economía imperfecta, non resulta tolerable por máis tempo, manter activas as políticas sustentadas no monopolio dos mercados especulativos. A clase empresarial como único expoñente da economía produtiva, ten o dereito de intervir e o deber de facerse ouvir alto e claro, e desde un papel protagonista, participar activamente na recondución do país , facendo valer a súa vocación inequívoca, que non é outra, que contribuír, á creación dunha sociedade cada vez máis próspera, tomando por singradura a potenciación da empresa privada como o elemento mais importante da xeración de emprego e riqueza
Os feitos falan por si sós , por tanto non hai mais que engadir, tan só concluír afirmando, que este país ten de someterse a un proceso de mutación inversa, pois é evidente que sobran políticos e faltan empresarios
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Nesta crise, o máis indignante é, que os políticos que non souberon freala, constitúanse agora no referente da reactivación. Isto, mírese por onde se queira, é unha provocación. Pero que confianza poden merecer, quen impoñen sacrificios aos demais mentres manteñen os seus privilexios..?. Eles, son verdadeiramente a cara escura da crise..!
Por Atlántico: Tes razón Roade, vai sendo hora de repartir responsabilidades. A clase política é a única obrigada a render contas pola tortuoso camiño que leva o país. Xa vai ben de evasións e de derivar aos cidadans o resultado do seu nefasto facer.
Por Atlántico: Tes razón Roade, vai sendo hora de repartir responsabilidades. A clase política é a única obrigada a render contas pola tortuoso camiño que leva o país. Xa vai ben de evasións e de derivar aos cidadans o resultado do seu nefasto facer.
Certos individuos son dados a uniformar o mercantil nun só contexto, sin facer distingos nin establecer escalas, chegando a meter en idéntico saco, ao multimillonario Warren Buffet, cun fontaneiro de Sarria. Realmente penoso, tanto como ser político, que é outra a outra gran penuria do`país. Da potencialidade das PEMES, como ben di o autor, depende o rexurdir da economía, e iso é así sen necesidade de acuñamento político.
El articulista marca con acierto la realidad, y ese ABRAIDO, debiera dejar la ruta de lo absurdo para tomar contacto con la realidad, y así podría comprobar que el 90% de las Pymes, son empresas unipersonales, cuyo titular, contrariamente al político, es un trabajador autónomo, que viste faena, trabaja 12 horas, crea empleo y si por deficientes políticas le vienen mal dadas, queda en peores condiciones que cualquier trabajador. Por eso, meta la lengua al garaje y procure tratar el asunto con un mínimo de respecto…… Oiga no será usted sindicalista por casualidad?
Unha análise acertada, sen dúbida un artigo duro e contundente, pero como sempre maxistral...!
A frase final é demoledora, claro para os burgueses cantos menos estados e políticas reguladoras, millor se explota. Non que agora os burgueses vanse de rositas, e fanse os inocentes. Como se o primeiro mandamento do capitalismo non fora sacar os máximos beneficios i en mais curto espazo de tempo, cos minimos costes. Este monstruo o fabricachedes vós mesmos.
Por Estupefacto: Si claro, ahora va resultar que las pymes, son las causantes de la crisis y el desempleo. No hay duda, o eres político o un acólito,.!
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting