Ecoloxistas alertan da fumigación de lugares habitados

Máis de 37.000 persoas asinan contra as fumigacións masivas cun produto que en 8 meses será ilegal usar. O Goberno Galego di que non é tóxico, pero a oposición rebátelle que o propio envase alerta do perigo para as abellas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/05/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A Plataforma contra as Fumigacións leva semanas coordinando a oposición ao plan da Xunta para fumigar os eucaliptais galegos cunha "substancia tóxica" cuxa fabricación e venda foron prohibidas pola normativa comunitaria a partir deste ano. A Plataforma di que o plan é fumigar "as masas de eucaliptos máis densas e con maior afectación do gorgullo, mais tamén inclúen lugares habitados, cursos fluviais e mesmo espazos da Rede Natura 2000".

Segundo o Regulamento da Comisión Europea nº942/2011, se concede aos Estados membros ata finais de 2012 para que sexa retirada do mercado o biocida flufenoxuron. Este é o principio activo do pesticida que pretende ser usado pola Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL) para fumigar mediante helicópteros milleiros de hectáreas de monte por toda Galiza.

A Plataforma, na que participan sobre todo grupos ecoloxistas e apicultores, denuncian que "a fumigación con produtos que conteñan esa substancia tería consecuencias catastróficas para a cabana apícola galega". As abellas teñen un papel clave como elemento polinizador no ecosistema en xeral e na agricultura en particular. En Galicia xa se veu reducida nun 50% nos últimos 4 anos, segundo a Plataforma polo uso deste e outros pesticidas, entre outros problemas.

Máis de 37.800 persoas xa asinaron a través da rede contras as fumigacións. A Xunta asegura que non hai perigo, pois o produto non é "tóxico" e é legal. O Goberno admite que autorizou o tratamento, pero asegura que non o financia nin o promove. Malia que a administración non pode negar que a UE o vai retirar de circulación moi pronto, asegura que non prexudica ao medio porque, por exemplo, xa se utilizou en máis de 10.000 hectáreas de carballo no sur do país.

Versión do secretario xeral de Montes e Medio Rural da Xunta

O secretario xeral de Montes e Medio Rural da Xunta, Tomás Fernández-Couto afirmou no Parlamento de Galicia que o plaguicida que será utilizado nos próximos meses para fumigar zonas forestais de eucalipto afectadas pola praga.A deputada Tereixa Paz (BNG) que lle lembrou que este pesticida da firma alemana BASF indica na súa etiqueta pon que é «altamente tóxico para as abellas» e outras especies. Ademais, recalcou que «ten efectos negativos non só sobre o medio ambiente, o aire e a agua, senón un importante impacto económico para algúns sectores», entre os que citou a apicultura.

O Goberno anunciou tamén un atraso na operación. Inicialmente prevista para a primavera, agora di que as fumigacións se realizarían de agosto a decembro

Mapa das fumigacions

As zonas propostas por ASPAPEL para desenvolver as fumigacións dos eucaliptais co "tóxico" Flufenoxuron nas provincias da Coruña (40 localizacións), Pontevedra (28 sitios) e Lugo (1 área).  Na documentación cartográfica, elaborada pola empresa Fitoaragón S.L., indícanse 69 áreas de 8 km de diámetro cada unha, denominadas "zonas de tratamento químico".

As fumigacións foron denunciadas na fiscalía de Medio Ambiente. Descarga aquí a denuncia. Así o recolleu TVE en Galicia:

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

Berslash Domènech

Que vergoña! a ver se a esquerda espabila e fai unha oposición forte para botar a estes masocas do pobo galego


3

Ceuta e Melide

A millor maneira de combater as pragas é evitando o monocultivo, respetar e procurar a biodiversidade, neste caso forestal.


2

lura

Os sicarios das multinacionais tratan de matar calquera organismo que se interpoña cara a obtención do seu soñado DESERTO VERDE, e aqueles os que nós lle pagamos un salario para preservala natureza e o medio ambiente (teñen nomes e apelidos concretos) son seus cómplices. Pode que a xustiza mire como outras veces cara outro lado (ben poucos delitos ecolóxicos son castigados), pero que non esquezan tan á lixeira iso de “quén a ferro mata...”


1

Shin Chan

Que comencen pola Coruña cando sopre o nordés.


multiple image
 
quen somos button
introgcplus button