Por xurxolobato (http://www.xurxolobato.es/) | GC ABERTO | 07/05/2012
Vilagarcia de Arousa, 7 de Maio de 2012.- Ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela, e pór en valor o sector gandeiro galego, é a razón de ser da exposición O país das vacas, do fotógrafo Xurxo Lobato, que se inaugura no Auditorio de Vilagarcia de Arousa. Ademais do propio autor, no acto tamén interviran O Alcalde Vilagarcia e concelleira de cultura mais o representante de Larsa,.
A exposición, patrocinada por Larsa e que poderá visitarse ate o 8 de Xuñol, conta con 132 imaxes da autoría do fotógrafo coruñés que foxen do bucolismo para adoptar un carácter divulgativo que sitúa á vaca como referente do desenvolvemento rural. A mostra pretende contribuír con estas imaxes a que a cidadanía tome conciencia da riqueza económica e social que a vaca xera en Galicia.
Unha visión completa sobre o aproveitamento económico da especie, dende a tecnoloxía aplicada nas granxas, ata as vacas como obxecto de investigación nas universidades, que pasa pola a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e a da carne, ou a gastronomía, e que se complementa cun tributo ao animal que é icona cultural galega. Así, aparecen na exposición de Lobato vacas de pasarela, pero tamén aquela vaca que Castelao cría merecente de estampar o papel moeda galego “como símbolo da nosa economía humanamente distribuída”.
A exposición, en módulos moi visuais, complétase coas reflexións que arredor da vaca fan recoñecidas firmas galegas, entre elas as de
Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente Real Academia Galega;
Manuel Rivas, escritor;
Ramón Villares, presidente Consello da Cultura Galega;
Rosalía Mera, presidenta Fundación Paideia;
Enrique Sáez, presidente Fundación Juana de Vega;
Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea;
Miguel Anxo Seixas, gandeiro e vicepresidente da Fundación Castelao;
José Luis Gómez, columnista de El País;
Felipe Senén, académico;
Antón Losada, profesor Ciencia Política;
Amancio Liñares, escritor;
Xusto Sánchez Varela, gandeiro;
Higinio Mougán, de AGACA;
Xosé Turnes, director de Progando;
Xosé A. Fraga, divulgador científico;
José Armando Tellado, director xeral Larsa;
Xesus Ferro e Pedro Benavente, co-autores do libro Vaca;
José Ramón Justo Feijoo de Boaga;
Luis Antonio Vázquez de ternera galega;
Flavio Morganti, restaurador; e Fátima Otero, crítica de arte.
A mostra inaugurouse no museo do Pobo Galego en Santiago, seguiu en Ourense, e agora esta en Vilagarcía de Arousa, logo ira a Semana Verde de Galicia en Silleda, Vigo, A Coruña, Pontevedra e Lugo.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Isto si ten sentido. Neste país en donde tanto se lle debe a estos animáis que tanto axudaron a quita-la fame, a traballar o campo xunguidos a un carro ou a un arado.... que non fai tanto eran seres humanizados polos seus donos (moitos acordaranse de que non eran vacas senon un membro máis da casa distiguidas con seu nome propio e asi nomeadas por toda a aldea...O igual que o porco deberían ter monumentos en toda Galiza. Isto sí e non o das touradas. Aqui á especie vacun tería que estar prohibido maltratala.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting