Multas por coidar dos animais

O Concello de Santiago multou xa a dúas persoas por dar de comer a animais abandonados, unha delas, unha xubilada á que se lle impuxeron 735 euros de penalización, máis do que cobra mensualmente. A asociación Abeiro pide axuda para esta muller.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/05/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Foi o bipartito PSdeG-BNG quen aprobou unha normativa que permite sancionar económicamente a aquelas persoas que dean de comer a animais que se atopan na rúa. E, en base a esta normativa, xa hai dúas persoas multadas.

Se no ano 2010 foi unha veciña de Santiago a que tivo que facer fronte a unha multa de 750  euros por este motivo, agora, outra veciña da cidade, unha muller maior de 80 anos, é a que ten que pagar 735 pola comisión do mesmo "delito".

Axuda

Por iso, a asociación pola protección animal ABEIRO pide, novamente, a retirada desta lei, e que se penalice ás persoas que maltraten os animais e non ás que os axudan. "A primeira consecuencia desta medida é que esta persoa xa non se atreve a alimentar a eses gatos e gatas que dependían dela, polo que xa podemos imaxinar o destino que poden sufrir estes animais".

Por outra banda, a multa que se lle aplica 735 euros, é moi superior á pensión que percibe mensualmente. Por iso, piden aos veciños de Santiago a mostrar a súa solidariedade con  Carmen Mallo , rexeitando este tipo de medidas "represivas", e solicitando ao concello que leve a cabo outras prácticas de benestar animal "máis acordes co tempo no que vivimos". A"gardamos que o concello retire a multa, de non ser  así, solicitamos a colaboración cidadá para axudar a esta muller", suliñan. A xente que o desexe pode realizar a súa aportación na conta da asociación Abeiro, indicando "axuda a Carmen Mallo" , no número  0128 0110 21 0100041331, ou ben persoalmente na Tenda Vegana Herbas, na rúa Pitelos 26, baixo, de Santiago.  

A lei

Esta asociación sinala que a lei de protección animal no artigo 20,  apartado f) considera  unha infracción leve  non facilitarlle a alimentación adecuada as súas necesidades(falando dos animais). "Pois ben, dacordo coa lexislación, o sr. Currás debería poñerlle unha multa ao concelleiro responsábel desta situación  por non facilitar a alimentación axeitada aos gatos e gatas que viven nas nosas rúas,  e mesmo impedir que veciños e veciñas da cidade cumpran con este punto da lei".

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

23 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 11

    Sensocentrismo

    A ver cuando nos enteramos que los animales no son comida, ni esclavos, ni juguetes, sino seres sintientes como nosotros. Por justicia, hazte vegano! www.igualdadanimal.org


    10

    XoseUxio

    no enlace falta este tramo que vai no lugar dos puntos suspensivos: os-gatos-de-roma-uno-de-los-simbolos-de-la-ciudad-sufren-la-crisis


    9

    XoséUxio

    Hai cidades civilizadas coma Roma que protexen aos gatos, que mesmo son un atractivo turístico. http://noticias.terra.com/ciencia/l...,e0ced659740a5310VgnVCM5000009cf154d0RCRD.html


    8

    Lucense

    É mais barato torturar e assassinar animais do que ter consideraçom para com eles. E todo aberrante e progressistamente aprovado polos de antes e aplicado polos aberrantes e reaccionários de agora. Uns e outros é que tinham que morrer à fame ou experimentar o que é viver sem aconchego e nom os nobres felinos, qualquer deles bem mais digno que a escumalha que os condena à morte.


    7

    Gatopardo

    Que quiten esa lei xa!! Non pode ser, maltratadores sin ningún tipo de multa, nin denuncia e a xente de boa vontade con tenrura no corazón, multados!! Esto que é?? vergoña para os políticos: os do PP que aplican a lei e os do PSOE e BNG por aprobala, a eles si que non se lle debía dar de comer!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button